As axudas Impacto Autónomo exclúen as explotacións agrarias con menos recursos
Gandeiros levantan a súa protesta ante a sede da Xunta en Lugo pero continuarán na subdelegación do Goberno español
Gandeiros de carne decidiron levantar a súa protesta ante a Xunta en Lugo tras unha reunión esta segunda feira co conselleiro de Medio Rural, José González, co que chegaron a un principio de acordo. E é que decenas de tractores quedaron aparcados na Rolda da Muralla desde a manifestación decorrida a pasada quinta feira. Diso informa o presidente da Asociación de Gandeiros Galegos da Suprema, Santiago Rego, que explica que "levaremos os tractores, si" e non protestarán ante a Xunta, pero continuarán coas súas mobilizacións en Lugo ante a subdelegación do Goberno español.
A gandaría galega só recibirá 25% das axudas da seca por parte do Goberno español
Unha tractorada de produtores de carne volve colapsar o centro de Lugo para reclamar "prezos xustos"
Produtores de carne colapsaron o centro de Lugo esta quinta feira cunha tractorada formada por uns 400 vehículos, segundo estimación da convocante Asociación de Gandeiros Galegos da Suprema, para reclamar "prezos xustos" e denunciar os "recortes" na nova Política Agraria Común (PAC). O seu presidente, Santiago Rego, denuncia que cobran polo quilo de carne 'Suprema' arredor de 5,70 euros, o que supón un euro menos do que lles custa producir e con prezos "de hai 30 anos", polo que esa cifra debería subir até uns 7 euros para non vender a perdas, o que sería "un prezo razoábel, sen contar loxicamente co beneficio que se pode ter como calquera traballador polo seu traballo".
2011-2020: Umha década perdida para a agricultura galega
O SLG demanda "transparencia e información" sobre os 75 parques eólicos aprobados
Gandeiros convocan unha nova tractorada en Lugo para esta quinta feira
Gandeiros de carne convocaron unha tractorada esta quinta feira ás 12.30 horas en Lugo, en contra de recortes na política agraria común (PAC) e para dicir 'non' aos baixos prezos da Tenreira Galega Suprema en orixe. Esta convocatoria, que parte do colectivo Gandeiros Galegos da Suprema, tamén busca dicir non aos "excesivos prezos" nos custos de produción.
A Terra Chá, do agro aos eólicos
Profesionais da agricultura e da gandaría terán unha bonificación de 25% no IRPF
Unha tractorada denuncia en Lugo perdas de até 25% nas vendas de Tenreira Suprema
400 tractores e 20 vacas toman as rúas de Lugo en protesta polos 'prezos baixos'
Os gandeiros e as gandeiras aseguran que están a cobrar ao redor de 5,60 euros por quilo, cando din que producir cústalles uns 7 euros.