galeguismo

Retrato de Ánxel Casal no acto polo seu 126 aniversario en que se volveu demandar erguer o monumento no seu recordo (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

O monumento a Ánxel Casal, acordado polo Concello compostelán, segue sen ver a luz 85 anos após o seu asasinato

A efixie a Ánxel Casal, editor da revista ‘Nós’ e alcalde galeguista de Santiago de Compostela, asasinado polos fascistas en 1936, segue á espera de facerse realidade. Hai máis de dous anos que o pleno do Concello compostelán aprobou unha moción do BNG para erguer unha estatua en lembranza de Casal e da veciñanza represaliada polo franquismo. Porén, o Goberno do socialista Sánchez Bugallo mantén o acordo na neveira.  

Cadro de Manuel Torres, ‘As Peixeiras’ (Imaxe: A Fundación)
star
MEMORIA E HISTORIA

Procurando as pegadas do galeguismo en Marín

Polos datos que se coñecen até o momento, a Agrupación Artística de Pontevedra interpretou por primeira vez o himno galego nesta localidade do Morrazo o 6 de marzo de 1920. Anos máis tarde, en xuño de 1930 e imitando ao acontecido o día anterior en Pontevedra, un grupo de mozos solicitou a colocación da bandeira galega no balcón do Concello de Marín. Eis un percorrido polas orixes da acción política do nacionalismo galego
Familia Álvarez Gallego en Pontevedra en 1933. De arriba a abaixo, de esquerda a dereita: Xerardo Álvarez Gallego, Margarida García Núñez (co seu fillo Xerardo Álvarez García), Xosé Álvarez Gallego, Paz López, Alexandre Bóveda, Amalia Álvarez Gallego, Lola Álvarez Gallego, Xusto López Branco (co seu fillo “Chuli” López Álvarez), Henriqueta Álvarez Gallego, María Tareixa Moreno López e Felipe Álvarez Gallego (co seu fillo Felipe Álvarez López). Manuel Gallego (con Xerardo López Álvarez), Dores Gallego Martínez (nai de Emilio), Xerardo Álvarez Limeses (co seu neto Alexandre Bóveda Álvarez), Felisa Martínez (con María V. López Álvarez) e Emilio Álvarez Gallego (coa súa sobriña Xela Bóveda Álvarez). (Foto: Cedida)
star
MEMORIA E HISTORIA

Un capítulo esquecido da loita nacionalista: Emilio Álvarez Gallego no galeguismo do Grove

Desde o ano 1931, mesmo desde dous anos antes, o “Grupo Galeguista” do Grove traballou de maneira eficiente para acadar unha presenza social significativa. Na organización dese “Grupo” foi fundamental a figura de Emilio Álvarez Gallego, o cuñado de Bóveda, un dos esquecidos na crónica mancomunada que narra a construción da patria.
Aldao (arriba, esquerda) e Murguía (abaixo, segundo pola esquerda), entre outros, pularon pola memoria dos mártires. (Foto: Arquivo)
star
Reportaxes

Os esquecidos de Carral

O 26 de abril de 1846, o coronel Miguel Solís Cuetos, ademais doutros once militares, foron axustizados na localidade de Carral despois de sublevarse contra o goberno ditatorial que o xeneral Ramón María Narváez instaurara no Estado español, que naquel momento estaba baixo o reinado de Isabel II. Para algúns historiadores como o catedrático de Historia Contemporánea Justo Beramendi, os Mártires de Carral, tal e como se coñecen hoxe en día, "convertéronse no mito fundacional do galeguismo".
Manuel Gómez Varela, o sexto pola dereita na fila de arriba, canda outros afiliados e simpatizantes do Partido Galeguista de Franza en Mugardos.
star
Reportaxes

Felipe Bello Piñeiro. O galeguista pintor, o pintor galeguista

Sempre intuín que Bello Piñeiro, quen mesmo bébedo seguía sendo don Felipe, non era só un excelente pintor. Hoxe sei que virtudes e defectos de Felipe Bello agacharon a súa personalidade polifacética, inmensa e variada cultura, notábel capacidade organizativa e o que veño tratar aquí, o seu activismo e sentimento galeguista sempre presente, recollendo pictoricamente as paisaxes da Galiza, e nese afán persistiu até a súa morte: "Amando ó meu país escoito a voz da sangre e pinto polo seu mandato. Eu nunca estiven equivocado no meu amor á terra". (Bello Piñeiro, 1951).

A influencia de Ramón Piñeiro

Xela Arias, na Granxa Escola de Barreiros, en xullo de 1963. (Foto: RAG / Arquivo familiar)
CULTURA

"Xeliña fala galego": as raíces do compromiso de Xela Arias

O galeguismo e o nacionalismo moldearon o pensamento da poeta homenaxeada nestas Letras Galegas.
Casa da Matanza, en Padrón. (Foto: Arquivo Fundación Rosalía de Castro)
star
MEMORIA E HISTORIA

1947, o ano da refundación do galeguismo cultural

En 1972 cinco rapaces e una rapaza fixemos un grupo para integrármonos no Padroado Rosalía de Castro como "organización universitaria do Padroado", aínda que ninguén de nós estaba aínda na universidade, o máis vello tiña dezasete anos. A idea era aproveitar a cobertura legal que nos ofrecía o Padroado para organizar conferencias e outras actividades, cousa que fixemos durante un ano ben aproveitado até que, pola miña parte, decidín que aquel non era un lugar para min e que os tempos chamaban por outros camiños máis enérxicos. A miña diferenza particular co Padroado entón foi política e xa a contei hai anos nun libro de conversas, así que non me estendo, arestora sigo a pensar que fixen ben.

Brañas

Maxi Vázquez, portavoz do Partido Galego
POLÍTICA

Maxi Vázquez: “A clase media está soportando o peso de todas as crises”

Maxi Vázquez (Santiago, 1974) é o portavoz do Partido Galego, formación galeguista de nova creación, presentada publicamente en decembro de 2020. Vázquez é licenciado en Administración e Dirección de empresas e traballa no sector da consultoría, sobre todo no ámbito da comunicación e mercadotecnia.

'Santa Liberdade'

XOSÉ VELO ARQUIVO2333
CULTURA

O arquivo persoal do galeguista Xosé Velo estará a disposición da cidadanía

A Deputación pontevedresa porá a disposición da cidadanía o arquivo persoal do galeguista Xosé Velo a través dunha publicación que esperan facer no 2022.

Os irmãos Peleteiro

Como en Irlanda

B. A xeración Nós. IV Asemblea Irmandades Fala
star
Reportaxes

A xeración Nós: a máis senlleira das xeracións galegas

A xeración Nós –ou mellor, a época Nós, pois supera os límites dunha xeración– foi a máis senlleira que deu Galiza, o grupo de xente máis cumprida que traballou por esta terra, este pobo e esta cultura. Se Rosalía, Curros e Pondal forman a trindade dos grandes poetas galegos, Castelao é o símbolo máis puro de Galiza, Vicente Risco, o primeiro teórico do nacionalismo galego e Otero Pedrayo, a meirande figura intelectual.

Galeguismo castelhanista

Xosé Chao

Sensibilidade

Un dos chíos destacados da acción a través das redes sociais. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

As redes lembran o 102 aniversario da I Asemblea Nacionalista

No Twitter os cancelos #galizanación e #galizanaçom tiveron gran protagonismo a partir das 19.18 horas, en conmemoración do encontro das Irmandades da Fala de 1918 en Lugo. Daquela cita saíu o ideario da nación galega.

Onde vas Blanco Valdés, onde vas triste de ti?