gaita

Debuxo de César Lombera que fai parte da mostra "Gaiteiraos", do Museo de Pontevedra. (Foto: César Lombera) #gaiteiraos #césarlombera #gaita
CULTURA

A historia da gaita en 35 gravados

Avelino Cachafeiro, Ricardo Portela, Susana Seivane, Carlos Núñez, Cristina Pato, Os Trinta de Trives, o gaiteiro de Guillarei e os de Soutelo. Eis algunhas das persoas representadas nos gravados reunidos en 'Gaiteiraos', unha mostra coa que César Lombera rende homenaxe ás e aos gaiteiros galegos de onte e de hoxe.

Non construír o presente sen coñecer o pasado

Manuele Pardo leva desde os 10 vinculado ao mundo da música.
CULTURA

Manuele Pardo, gaiteiro: "O que nunca falta nas letras das coplas tradicionais galegas é o duplo sentido"

Manuele Pardo é un gaiteiro do concello de Boqueixón que leva toda a vida en diferentes bandas e agrupacións. Agora compón en solitario, empregando como base coplas e composicións tradicionais da música popular galega. Acaba de publicar dous sinxelos, Muros e Bitácora, que combinan a cultura tradicional con ritmos e sons modernos. Ademais, exerce como mestre de música en Ribeira, e pretende transmitir a paixón pola música que a el lle traspasaron.  

Mónica Fernández, coordinadora da Tradescola e técnico da Asociación de Gaiteiras Galegas (Nós Diario).
CULTURA

Mónica Fernández: "As nosas tradicións forman parte da nosa riqueza cultural e o noso deber é conservalas"

Mónica Fernández é a responsábel de coordinar a Tradescola, un centro dedicado a transmitir a música e o baile tradicional galego en Lugo. Apaixoada da nosa cultura popular desde pequena, cre fundamental que se dediquen recursos e medios á conservación e difusión das diferentes expresións propias a través da educación, unha labor que realiza dentro da Asociación de Gaiteiras Galegas (AGG).
Homenaxe no Concello de Cambre a Xosé Manuel Seivane (Foto: Concello de Cambre).
CULTURA

Cambre rende homenaxe ao patriarca dos Seivane

Unha mesa redonda e recitais de música marcaron o evento deste sábado no que o Concello de Cambre rendeu homenaxe a Xosé Manuel Seivane, o patriarca da gaita na Galiza.
Xacobo Ares facendo unha recollida con Francisco López, "o gaiteiro de Saa" (Nós Diario).
CULTURA

Xacobo Ares: "Se despois dunha recolla de música popular non ensinamos o traballo, a cadea rompe"

Xacobo Ares, gaiteiro e pandeireteiro, da Asociación Amigos da Gaita, puxo en marcha o proxecto "Tecedeira, tecendo a tradición" que presentará en Ribadeo o vindeiro 26 de xuño. Recoñece que o traballo da musicóloga Dorothé Schubarth o inspirou para esta iniciativa, así como a traxectoria de investigación en cultura musical popular de Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio Costa. Con todo, a influencia máis importante tívoa na súa propia familia da man do seu tío, Francisco Ares, fundador d'Os Montes de Lugo.

Os estudos oficiais de gaita de fol na Galiza

Capa de 'Lingua de xigantes'
star
Discos: 'Lingua de xigantes', d'Os carunchos

Lingua de xigantes

O sétimo disco d'Os Carunchos pon en valor o repertorio para gaita ao tempo que resalta a música vocal.

A nosa música no mundo

Imaxe dunha das reportaxes do semanario. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

O Sermos repara no legado de Seivane para o mundo da gaita

O caderno deste sábado, que poderás atopar nos quiosques e estabelecementos habituais, así coma na nosa loxa en liña, tamén fala de arte e marxinación con Menchu Lamas e deixa sobre a mesa as loitas contra as empresas de celulosas que gañou o pobo galego.
ricardoportela_nosdiario
A obra engade catro novos capítulos que a enriquecen

Sae do prelo a segunda edición da biografía do gaiteiro Ricardo Portela

A segunda edición da biografía Ricardo Portela. Dúas palabras verbo da gaita galega xa está nas librarías, logo dun arduo traballo de colaboración entre o autor da obra, José Luis Calle, e a Asociación de Gaiteiras Galegas. 
Imaxe do homenaxeado Ricardo Portela. (Foto: Deputación de Pontevedra)
CULTURA

O vínculo do Gaiteiro de Viascón con Pontevedra

O Museo Provincial acolle esta semana un faladoiro sobre o músico Ricardo Portela no que se tratará a súa relación coa "boa vila". O acto incluirá unha actuación en directo dos músicos Rafa Pazo, Francisco Estévez 'Chuco' e Gonzalo Caride.

Ricardo Portela e a súa circunstancia

Foto promocional dos Rosales,
con Maruxa Miguéns ao bombo. (Foto: Edición Canela)
CULTURA

Maruxa Miguéns, unha pioneira entre os gaiteiros

'Os Rosales. O son da festa', libro que vén de lanzar a Editorial Canela na súa colección de tradición oral, recupera a historia dunha das mulleres pioneiras da música tradicional galega: Maruxa Miguéns. Foi por casualidade que entrou a tocar o bombo nos Rosales, o cuarteto do seu marido, Xosé Romero, para rematar converténdose nunha peza chave da formación, que coa súa voz e o seu toque se converteu nunha das máis demandadas do momento. "Mágoa que non foses home para vir con nós", dicíanlle os da banda antes nos ensaios. Pero non lle fixo falla.
ACTO HOMENAXE R PORTELA
CULTURA

Pontevedra homenaxea a Ricardo Portela, o "mestre de mestres"

A cidade recorda ao músico, tamén coñecido como 'O gaiteiro de Viascón', como o artista que ennobreceu a gaita. O rexedor, Miguel Anxo Fernández Lores, tamén destacou o seu legado artístico que chega até a actualidade.
EuropaPress_3358319_ricardo_portela
CULTURA

Ricardo Portela xa ten o seu testamento musical

O gaiteiro Carlos Núñez vén de finalizar De Gaiteiro a gaiteiro, un traballo que cumpre coas últimas vontades de Portela e que levou tres décadas de traballo. Presentouno coa colaboración do Consello da Cultura Galega.


 

O gaiteiro Pepe Temprano.
Coleccionista de instrumentos e defensor da pureza na interpretación do tradicional

Pesar polo falecemento do gaiteiro Pepe Temprano, un dos máis internacionais do século XX

O mundo da música tradicional chora a perda de Pepe Temprano, un dos grandes gaiteiros galegos, que formou parte dos Tempranos de Eirís ou Lembranza. O enterramento terá lugar hoxe ás 13 horas.
Os gaiteiros Ricardo Portela (esquerda) e Carlos Núñez (dereita) [Consello da Cultura / Atlantikaldia].
Cultura

O repertorio do gaiteiro Ricardo Portela transcrito para o devir por Carlos Núñez

O Consello da Cultura Galega dedica a súa atención o Día da Patria a unha das figuras máis senlleiras da gaita galega, chave na dignificación do instrumento e da profesión: Ricardo Portela. O seu repertorio atópase en partituras en aberto na web da institución, transcrito por Carlos Núñez, que cumpre así unha misión que o propio gaiteiro lle encomendara sendo cativo.
Henrique Macías
CULTURA

Enrique Macías, coeditor de Malmequer: "Os seráns son festas de contacto, poderá haber limitacións, mais volverán coller forza"

Xesús Rodríguez segue tocando case a diario no arco do pazo en Compostela [Imaxe: Riobó Prada].
CULTURA

"Vox aproveitouse da miña imaxe electoralmente e estou pensando en tomar medidas legais"

O gaiteiro e artesán Xesús Rodríguez, un dos músicos habituais que toca no arco do pazo de Xelmírez, en Compostela, viuse enleado na campaña electoral de Vox.