fútbol gaélico

Roberto Vázuqez fútbol gaélico
Galego que xoga no histórico Cookstown Fr. Rock's.

Roberto Vázquez: "O fútbol gaélico en Irlanda do Norte significa politicamente"

O fútbol gaélico é un deporte que cada vez conta con máis afección na Galiza, pero que en países como Irlanda vai moito máis aló, enraizándose no corazón da propia sociedade. Diso pode dar fe Roberto Vázquez Fernández, un galego que chegou á pequena localidade de Cookstown (Irlanda do Norte) a traballar como veterinario e que se integrou no equipo local, descubrindo que, a pesar da cercanía cultural, as distancias entre o que acontece aquí e alá poden chegar a ser siderais.  
kneecap rap irlanda
CULTURA

Kneecap: hip hop en gaélico desde o barrio menos leal de Belfast

A sacudida musical na vella Erin chegou desta volta do norte, desde a capital dos seis condados da illa baixo soberanía británica. Un trío que a base de rap narra, provoca, explica, pregunta e cuestiona. Todo iso en irlandés, lingua que en Irlanda do Norte é falada apenas por 4% da poboación. 

Cartel promocional da I Copa Galega de Gaélico Virtual (Foto: Nós Diario)
DEPORTES

O fútbol gaélico regresa de forma virtual

O vindeiro día 10 de abril, sexta feira, dará comezo a primeira edición da Copa Galega de Gaélico Virtual, unha competición que pretende que o gaélico galego “non fique parado a pesar do coronavirus”.

Foto Promo 5 Kaixo por @miguelglxz 2019
DEPORTES

Kaixo: "O fútbol gaélico supón un refuxio a nivel mental fóra da endogamia da música"

A lóxica dita que unha entrevista con Kaixo (Vigo, 1989) debería ir na sección de cultura, e non na de deportes, mais este artista multidisciplinar -músico, promotor, pai do New Punk, con máis de 10.000 seguidores en Instagram (@Kaixosamo)-, desde hai uns meses desenvolve unha nova faceta, a de xogador de gaélico.

Estrela Vermelha fútbol gaélico
DEPORTES

O Estrela Vermelha, campioas da Liga Galega de fútbol gaélico

Cun diferencial de +133 para as compostelás, un claro sinal de vantaxe sobre o resto de equipas.

 

662x372a_06210601galeria15_valenciadeporabanca-12
CULTURA

Galiza, capital europea do fútbol gaélico

A Coruña será a sede do Campionato Paneuropeo de Fútbol Gaélico 2020. Únese así a Pontevedra, que entre o 17 e o 19 de xullo acollerá o Campionato de Europa de Fútbol Gaélico, facendo de Galiza a capital europea deste deporte, un dos que rexistra un maior crecemento en todo o país.
stornoway hébridas escocia
INTERNACIONAL

Escocia: o gaélico pasa ser o idioma de referencia no ensino de Primaria nas Hébridas

Os pais e nais que desexen que as súas crianzas estuden en inglés deberán indicalo explicitamente

dream_dearg4
INTERNACIONAL

Gaélico en Irlanda do Norte: "É un comezo, mais non o destino final"

O pasado sábado a Asemblea de Irlanda do Norte retomou a actividade tras chegarse a un acordo. Este inclúe numerosas e importantes cuestións, mais hai unha que polo seu simbolismo cobrou especial relevancia: a oficialización do gaélico. Falamos con Ciarán MacGiolla, máximo representante das asociacións Conradh na Gaeilge e An Dream Dearg nos Seis Condados.
Irlanda gaélico belfast
INTERNACIONAL

O gaélico, por fin, camiño da oficialidade en Irlanda do Norte

O acordo acadado entre nacionalistas e unionistas na sexta feira para restaurar o autogoberno en Irlanda do Norte após 3 anos de parálise contempla unha lei para a lingua irlandesa.

gaélico
DEPORTES

Galiza acollerá en xullo o Campionato europeo de seleccións de fútbol gaélico

Será en Pontevedra e nela a ‘Irmandiña’ feminina defenderá o título conquistado en Bretaña e a masculina aspirar a todo.

Fillas de Breogán
DEPORTES

As Fillas de Breogán conquistan o Paneuropeo de fútbol gaélico

O conxunto galego fíxose co triunfo na categoría intermedia do campionato celebrado na localidade austríaca de Viena após derrotar na final o Paris Gaels.
seleccion galega futbol gaelico
Fútbol gaélico 2019

Medalla de bronce para as 'Irmandiñas'

A selección galega feminina perdeu (7-23) contra as vixentes campioas mais vén para a casa coa medalla de bronce. A masculina caeu en cuartos ante Francia, unha das favoritas ao título.

futbol gaélico
DEPORTES

As 'irmandiñas' clasifícanse para as semifinais do Mundial de Irlanda

Impuxéronse 13-2 ás canadinas. A selección galega masculina caeu en oitavos fronte a Francia, unha das grandes favoritas, nun disputado encontro no que forzou a prórroga.

Selección galega de fútbol gaélico. (Foto: Nós Diario)
FÚTBOL GAÉLICO

“Ben feito”: Irlanda parabeniza as seleccións galegas polo pase á fase final do Mundial

A través dunha mensaxe en redes sociais, a embaixada irlandesa no Estado español parabeniza as equipas galegas que compiten no Mundial de Fútbol Gaélico.

gaélico
Fútbol gaélico

As seleccións galegas pasan á fase final do Mundial de Irlanda

A equipa masculina asegurouse a segunda praza do seu grupo e a feminina compite contra Toronto polo primeiro posto.

gaélico galicia
Fútbol Gaélico

As 'irmandiñas' derrotan Bretaña (15-0) e clasifícanse para a fase final do Mundial de Irlanda

A selección galega feminina pelexa esta cuarta feira por ser primeira do seu grupo. A selección masculina derrotou Asia (28-1).

seleccion galega futbol gaelico @selegalega
Irlanda 2019

A selección galega masculina derrota USA Pearse e emproa o acceso á segunda fase do Mundial

As 'irmandiñas' caeron fronte a Toronto (7-9), ás que se volverán enfrontar esta cuarta freira polo liderado da clasificacion do seu grupo no Mundial de Fútbol Gaélico de Irlanda.

Selección galega de fútbol gaélico. (Foto: Nós Diario)
irlanda 2019

Galiza debuta con vitoria no Mundial de Fútbol Gaélico

A selección feminina derrotouna mañá desta segunda feira  Bretaña (21-0) e a masculina Asia (25-1). Na tarde as rapazas derrotaron USA Heartland (20-5). Os rapaces enfrontáronse a New York, unha das favoritas, perdendo 2-18.

SELECCION GALEGA FUTBOL GAELICO
DEPORTES

Bretaña e Arxentina, primeiros rivais da selección galega no Mundial de Fútbol Gaélico de Irlanda

A selección feminina e masculina debutarán a segunda feira, 29 de xullo, en Waterford.

sekleccion galega futbol gaelico
Pablo da Silva, adestrador da selección feminina de Fútbol Gaélico

“A selección galega vai ao Mundial de Irlanda cun nivel para dar a cara fronte a calquera"

Pablo da Silva é, con Santi Rodríguez, o adestrador da selección galega de Fútbol Gaélico, equipo que xunto coa masculina, participa do 28 de xullo ao 2 de agosto nos GAA World Games, Mundial que reúne en Irlanda 85 combinados e máis de 1.200 xogadoras e xogadores de todas as partes do mundo.