furtivismo

Os berberechos figuran entre as especies extraídas con máis frecuencia de maneira furtiva. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Cantos furtivos hai na Galiza? Economistas da USC descobren un método para combater esta práctica

As especies máis afectadas polo extractivismo furtivo son a ameixa, o berberecho e o percebe, segundo un estudo publicado en Marine Policy
Concentración de barcos do sector bateeiro fronte as costas da Pobra do Caramiñal. (Foto: Europa Press)
Agora

Incautan máis de 35 quilos de vieira e mexillón furtivos na Pobra do Caramiñal

O Servizo Marítimo  da Garda Civil da Coruña incautou 21,3 quilos de vieira e 13,6 quilos de mexillón a dous furtivos na Pobra do Caramiñal (O Barbanza). Os produtos que non foron collidos con vida foron enviados a unha residencia de maiores para o seu consumo posterior. Segundo informou a Garda Civil, a acción levouse a cabo no marco dun servizo de prevención do furtivismo, mediante o cal os axentes do SMP detectaron a actividade ilícita de dous furtivos. Durante a intervención, incautaron ademais dos 21,3 quilos de vieira e os 13,6 de mexillón, outras cantidades pequenas doutras especies, así como unha pequena embarcación sen folio equipada cun motor e un equipo completo de mergullo que incluía unha botella de ar comprimido.

Bivalvos mortos na enseada de San Simón (ría de Vigo) na campaña de Nadal. [Foto: Adrián Irago / Europa Press]
ECONOMÍA

Radiografía dos que non coidan do mar

O furtivismo ‘cos papeis en regra’ segue a ser a máis grave eiva para a pervivencia do marisqueo nas rías galegas. Mentres contra o narcotráfico se están a incorporar as novas tecnoloxías, esta lacra económica e ecolóxica non recibe a mesma atención. A normativa do país é das máis restritivas do mundo canto a sostibilidade dos océanos. Pero, mar adentro, convértese en papel mollado. O seu cumprimento só depende da vontade dos profesionais, e non todos se rexen pola ética.
O polo incautado en Malpica (Foto: Garda Civil).
SOCIAL

Incautados máis de 100 quilos de polbo inmaturo en Malpica

Segundo informa a Garda Civil, os feitos sucederon cando os efectivos estaban realizando un servizo de prevención do furtivismo no porto da devandita localidade.
Peixe incautado pola Garda Civil (Foto: Garda Civil).
SOCIAL

Detectan un veciño de Camariñas con máis de 60 quilos de peixe ilegal

Segundo informou a Garda Civil,unha furgoneta con peixe ilegal foi interceptada na estrada AC-432, que une Vimianzo e Camariñas.
Caixas de sardiña incautadas esta sexta feira en Ribeira (Foto: Garda Civil)
ECONOMÍA

As autoridades informan da incautación dunha tonelada de produtos mariños

O peixe e o marisco foi confiscado nos municipios de Ribeira e O Grove.
Ostras comisadas en Ribadeo (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

As denuncias por furtivismo creceron 50% en 2022 e chegaron até as 1.358

Máis de 100 persoas están a ser investigadas por furtivismo.