Fruga

bng fruga 2
POLÍTICA

O BNG proporá no Congreso a reforma da Lei da Cadea Alimentaria

Reunión de Rego con representantes da Fruga.
Xornada da IXP Terras de Navia en Negueira de Muñiz (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

A Asociación Galega de Viticultura pon en valor a IXP Terras do Navia

A indicación xeográfica foi recoñecida este ano.
Explotación gandeira (Tenreira galega)
ECONOMÍA

Fruga ve na modificación da IXP ‘Tenreira Galega’ un "serio prexuízo para moitas gandarías galegas

A Federación Rural Galega afirma que esta proposta "soamente se fai para favorecer os interese da agro- industria: cebadeiros e grande distribución".

Gandeira con animais en liberdade (Foto: SLG).
star
ECONOMÍA

Os cambios na Tenreira Galega Suprema, entre o prexuízo e a homoxeneización

A filtración esta pasada segunda feira do acordo plenario na IXP Tenreira Galega sobre a modificación no sistema produtivo da Suprema está a crear debate no sector. A medida terá que ser aprobada primeiro pola Consellaría de Medio Rural e despois pola Unión Europea.
Vacas nunha explotación leiteira. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

A gandaría galega soporta o prezo do leite máis baixo

O sector leiteiro segue á cola do Estado español en beneficios
O litro de leite galego pagouse en agosto a apenas 0,476 euros.  Na imaxe, unha explotación gandeira en Sabadelle, Chantada. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
ECONOMÍA

O dilema dos gandeiros galegos: producen 41% do leite do Estado e cobran o prezo máis baixo

Varias organizacións do sector urxen medidas á Xunta para reverter esta situación que prexudica a gandaría galega, un país que perdeu case 100.000 explotacións leiteiras desde a entrada na daquela Comunidade Económica Europea hai case catro décadas.
Vacas nunha gandaría de lácteo de Sabadelle, en Chantada (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

Os adiantos das axudas da PAC, por baixo da contía de 70% aprobada por Bruxelas debido ás demoras da Xunta

O Estado español solicitou á Comisión Europea que se puidesen realizar adiantos das axudas da PAC de até 70% do importe, algo que o Executivo comunitario aceptou. Porén, os problemas derivados da demora da Xunta nos prazos, impiden a adxudicación de toda a contía. En consecuencia, o sector agrogandeiro terá que agardar para ingresar diñeiro ao que xa podería acceder.
Granxa de gandaría de lácteo en Chantada. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
star
ECONOMÍA

144 vacas infectadas no Estado español: que é a EHE e por que preocupa tanto ao sector gandeiro?

Primeiro a escaseza de pasto e o elevado prezo da forraxe. Logo, brotes da doenza da lingua azul. E, agora, a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) suma outro atranco para o sector gandeiro galego, que ve como se incrementan os casos no país. 
Unha vaca pasta con fondo de bosque queimado no lugar do Sollío, en Baleira (A Fonsagrada). (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Agro

En estudo novos casos sospeitosos da 'Covid das vacas': que sabemos desta doenza?

Fruga e SLG reclaman á Xunta da Galiza medidas urxentes ante a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE), que xa afectou no mínimo dúas vacas de explotacións da Capela e Abegondo.
A Xunta xustifica as excepcións ás restricións para os cazadores no aumento da poboación de especies como o xabarín. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A Fruga considera "populista e electoralista" a autorización da caza 'sen límite' do xabarín

"Entendemos que os cazadores poden ser uns grandes colaboradores, pero nunca poden ser os responsábeis de levar a cabo o control dunha posible 'praga'", salientan desde a Federación.
Ministras e ministros asistentes ao cumio de Córdoba, Andalucía (Foto: Francisco J. Olmo/Europa Press).
star
ECONOMÍA

O cumio de agricultura da UE pide intensificar a produción de alimentos

A cimeira aposta nos transxénicos e a rendibilidade económica xunto a un incremento da produción nas explotacións.
Unha explotación gandeira en Sabadelle, Chantada (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

A Fruga critica a "desastrosa xestión" de Medio Rural na vacinación ante a lingua azul

Segundo a Fruga, aparte das múltiples perdas que se deron como consecuencia da implantación da vacina, agora “atopámonos cunha xestión totalmente desastrosa, con escaseza de persoal veterinario o que está a provocar que moitas reses non poidan saír das explotacións, e a última consecuencia radica en que as gandarías galegas estanse a ver obrigadas a costear a vacinación das súas reses”.
Varias vacas pastan na Sierra do Xistral o 23 de febreiro de 2023, en Abadín, na Terra Chá (Foto: Carlos Castro - Europa Press).
ECONOMÍA

As explotacións gandeiras denuncian "abandono" na vacinación contra a lingua azul

As perdas polo veto á saída das granxas de animais que aínda non se conseguiron vacinar e os atrasos en que se realice preocupa ao sector. Mentres, a Xunta da Galiza nega "bloqueo".

Os representantes da Fruga, Elías Somoza e Manuel Dacal (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

A Fruga pide a execución das axudas para explotacións de tenreira galega

O sindicato alerta dos baixos prezos da carne pagados ás explotacións produtoras.
Na reunión do 15 de maio o conselleiro de Medio Rural, José González (á fronte), anunciou que se constituía ese día un grupo de traballo sobre a seca (Foto: Xoán Crespo)
star
ECONOMÍA

As organizacións agrarias critican o "desentendemento" da Xunta ante o problema da seca

Fruga, SLG e Unións Agrarias seguen agardando propostas do Goberno galego perante a posíbel falta de auga neste verán.
Vacas de leite nunha explotación en Macedo, Friol (comarca de Lugo), o pasado mes de febreiro (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

A industria láctea preme para mercar leite por baixo dos custos de produción

A dous meses de que se asinen os novos contratos no sector lácteo, a industria procura evitar as negociacións coas explotacións para poder mercar o leite sen contemplar os custos de produción nos prezos finais, segundo deu a coñecer onte Unións Agrarias.
Os tractores ocuparon onte a cidade de Lugo e quedaron aparcados na Ronda da Muralla onde, segundo a organización, quedarán en sinal de protesta (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
TRABALLO

As perdas da Tenreira Galega Suprema provocan outra tractorada en Lugo

O sector da Tenreira Galega Suprema volveu onte a colapsar as rúas de Lugo para reclamar “prezos xustos” e protestar por unha política agraria común (PAC) que entenden lles prexudica. Gandeiras e gandeiros denuncian “recortes” e excesiva “burocracia” que non ten en conta o funcionamento tradicional deste ramo na Galiza 

Unha muller traballando 
na súa horta ecolóxica (Foto: Craega)
star
ECONOMÍA

A suba de prezos provoca a caída das vendas da horta ecolóxica

Os últimos datos difundidos polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica da Galiza (Craega) sinalan que a horta ecolóxica non consegue deixar atrás un panorama cativo de vendas e produción. O aumento do prezo dos alimentos, ademais, traslada o consumo cara a outros produtos máis económicos. Esta situación preocupa nun sector que se apoia e ten o seu forte no comercio de  proximidade.
O primeiro ministro de Portugal, António Costa (Foto: Goberno de Portugal).
star
ECONOMÍA

A carne e o peixe, xunto a outros 42 produtos, venderanse sen IVE en Portugal

Esta terza feira entrou en vigor a rebaixa do IVE para 44 alimentos básicos en Portugal, entre eles, a diferenza de na Galiza, a carne e o peixe. As cadeas de supermercados lusas aínda teñen 15 días para aplicar o IVE cero neses produtos nos estabelecementos de venda. Os sindicatos agrarios da Galiza poñen o foco sobre a necesidade de controlar as marxes de beneficio dos supermercados.
 
O prezo de vexetais como os pementos en destino chega a multiplicar por 140 o seu prezo en orixe, segundo o indicador IPOD. (Foto: Eduardo Parra  Europa Press)
star
ECONOMÍA

O prezo dos alimentos sobe sen beneficiar produtoras nin transportistas

O encarecemento do cesto da compra non repercute na marxe de beneficio nin das persoas produtoras nin do sector do transporte, que sofren uns custos que triplican os de hai 12 meses. O Índice de Prezos en Orixe e Destino sinala diferenzas de até 870%. Sindicatos labregos e transportistas valoran para Nós Diario os efectos da suba do IPC na cadea orixe-destino dos alimentos.