FROB

Sucursal de Abanca en Madrid. (Foto: Europa Press) #abanca #sareb #inmobiliaria #activosfinanceiros #vivenda #quebra #banco
ECONOMÍA

Os galegos seguen a pagar o rescate bancario

Abanca recibiu 462 millóns de euros de diñeiro público procedente do FROB desde 2013. A Sareb é un dos grandes propietarios da Galiza. A sociedade creada polo Estado para rescatar á banca non ten deixado de rexistrar perdas desde a súa fundación en 2012, converténdose nun dos principais responsábeis do aumento da débeda pública no Estado. Practicamente unha década despois os galegos seguen pagando a factura da crise bancaria.
Sedes de Caixabank e Bankia
ECONOMÍA

A fusión de Caixabank e Bankia marca o camiño da concentración bancaria

Bankia e Caixabank anuncian a súa intención de fusionar os seus negocios, o que suporía a creación da primeira entidade do Estado español por volume de activos. Mais detrás da operación está a imperiosa necesidade do sector de gañar en eficiencia, o que anticipa máis movementos de concentración.

O uso dos recursos públicos

comisao investi
Apela ao "deber de segredo"

O FROB nega información sobre Novagalicia Banco ao Parlamento galego

En marzo de 2017, a Comisión de Investigación das caixas de aforro solicitou ao FROB diversa documentación relativa a NovaCaixaGalicia Banco (a actual Abanca). O Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria nega agora esa información co argumento de que "non está facultado legalmente para levantar o deber de reserva ou segredo" que tutelaría a confidencialidade de determinados dados. O Consello de Estado avalaría esta negativa do FROB. O deber de segredo non rexería no caso de o requerimento ser realizado polo Tribunal de Contas ou por unha comisión de investigación das Cortes Xerais do Estado.

As trampas do Frob

A-suposta-concorrencia competitiva  para a adxudicación de NGB BANCO leva camiño de se converter no proceso máis amañado e menos transparente da historia bancaria europea. Ao comezo,  ficou abondo claro que só a opción dirixida polo Fondo Guggenheim era quén de manter unha oferta de banca minorista 

ECONOMÍA

O FROB culminará o proceso de privatización do aforro galego forzando a subasta de NCG

O ente público que participa as entidades nacionalizadas insiste en subastar a totalidade de NCG Banco este outono. A aposta do presidente galego, que apoiou a venta do 51% entidade galega a fondos de investimento estranxeiros, fica truncada.

ECONOMÍA

O FROB recoñece que as axudas á banca son a fondo perdido

O Fondo asume que non vai recuperar 36.000 millóns de euros dos 52.000 millóns que inxectaron en Novagalicia Banco, Bankia, Catalunya Banc, Banco de Valencia, Caja España Ceiss e BMN

ECONOMÍA

O FROB prevé gastar até 2 millóns de euros na venda de Novagaliciabanco

O organismo estatal contratará dous bancos de inversión -que cobrarán entre 700.000 euros e un millón cada un- para facilitar a venda de Novagalicia Banco, pechando así a porta a crear dende a entidade nacionalizada unha banca pública

Manifestación Preferentes na Coruña
ECONOMÍA

A quita final para os preferentistas de NGB será de case o 57%

O Fondo establece un desconto do 13,8% para a canxe das preferentes e subordinadas desta entidade financeira. Porcentaxe a engadir ao 43% de quita fixada no seu día polo goberno, e que eleva o total a perto do 57% de media para @s afectad@s

Novagalicia Banco
ECONOMÍA

O FROB quer unha rápida privatización de NGB e pide que se venda xa

Castellano aposta en que fondos estranxeiros (de EUA concretamente) se fagan co 51% da entidade e seguir el de presidente

Novagalicia Banco
ECONOMÍA

Feijóo manobra para evitar que o Frob destitúa a Castellanos de Novagalicia Banco

O Estado, propietario do banco, xa destituiu ao cumio de CatalunyaCaixa, outra entidade nacionalizada, e agora quere cambiar á de Novagalicia banco. Ao presidente autonómico non lle chista a idea, de aí que esté a intentar que Castellanos se manteña á fronte da entidade.

banco gallego
ECONOMÍA

O FROB adquire o 99,95% do Banco Gallego

O FROB comezou xa o proceso de subasta de Banco Gallego, polo que presentaron ofertas non vencellantes Banco Sabadell, Banco Espírito Santo e Banesco. Esta venda ten que estar feita antes do 30 de abril
Galiza

O director do FROB traballou con Guindos na auditora que avalou as preferentes


Antonio Carrascosa é o director xeral do FROB. O FROB é hoxe o dono de Novagaliciabanco, un banco nacionalizado. Antes de desembarcar no sector público, Carrascosa traballou na empresa privada. Con quen? Con Luis de Guindos. Onde? En Pricewaterhouse Coopers, a auditora que avalou as preferentes. A mesma empresa que agora decidirá que vítimas do calote das preferentes se poderán acoller á arbitraxe e cales, non.
ECONOMÍA

O FROB fai oficial o espolio a Galiza

Confirma que Novagalicia Banco será 100% estatal: Novacaixagalicia perderá a súa participación na entidade e @s afectad@s na estafa das preferentes serán accionistas á forza da nova entidade. A quita farase efectiva no primeiro trimestre de 2013
Feixe de billetes. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

@s empresari@s galegos que investiron 70 millóns en NGB quedan sen patacón

O ministro de Economía, Luis de Guindos, confirmou que o FROB vai ficar co 100% de Novagalicia Banco. A afirmación implica que tanto novacaixagalicia como o grupo de grandes empresarios que posuían investimentos (181 e 70 millóns, respectivamente) na entidade perderano todo
Novagalicia Banco
ECONOMÍA

Sindicatos exixen ao FROB que aclare o futuro de NGB

A representación sindical de NGB rexeita negociar coa entidade financeira rescatada as condicións dun cuarto ERE que suporía o despedimento de 2.500 persoas empregadas, até que o Banco de España e o Ministerio de Economía non aclaren cal será o futuro da entidade financeira galega.
ALEMAÑA PROPÓN UN RESCATE SUAVE A TRAVÉS DO FROB

Europa prevé que España pida o rescate esta fin de semana, malia a negativa do goberno

Reuters informa de que para mañá hai convocada unha teleconferencia dos ministros de Economía do euro. Das tres fontes consultadas pola axencia, unha afirma que o goberno español pedirá o rescate para recapitalizar os bancos o sábado pola tarde, converténdose no cuarto socio do euro rescatado. Un voceiro do presidente, Mariano Rajoy, que hai dez días que negou o rescate, respondeu a isto que non vai "comentar as especulacións".