Continúan as XXV Xornadas de Historia de Foz
Foz ultima as xornadas de historia local
Exposición en Foz: "Compromiso na distancia" arredor de Florencio Delgado Gurriarán
Espectáculo en Foz: "Concerto Con Fusión" de Píscore
Foz, a ría. Da ponte do Masma á praia da Rapadoira
Castro de Fazouro - Foz
Festival Bal y Gay: a música clásica procura fanáticas na Mariña
A Pomba do Arco celebra trinta anos de activismo cultural
Foz acolle as XXIV xornadas de historia local
Alertan de novos recortes da Xunta nas ambulancias da Mariña
A Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia o recorte inminente e sen aviso previo no transporte de ambulancias na comarca da Mariña por medio do novo concurso de contratación.
Poesía e música tradicional focega
Maraxe e Ricardo Seixo ofrecerán, esta quinta feira ás 20.30 horas en Foz, un recital de poesía e música tradicional.
Comedia Bífida este sábado en Foz
O salón de actos do Colexio Martínez Otero de Foz acolle este sábado 15 de decembro ás 20:00 h a estrea de Comedia bífida, unha obra de teatro de Manuel Núñez Singala, representada polo grupo teatral Touporroutou.
As poetas Olga Novo, Lois Pérez e Ismael Ramos na Festa da Palabra de Foz
Tres poetas de entre os máis lidos da poesía galega actual conforman o groso da Festa da Palabra de Foz, que organiza a asociación cultural A Pomba do Arco e que decorrerá entre o 7 e o 9 de novembro.
Quico, o último guerrilleiro, fala en Foz
Francisco Martínez, Quico, o último guerrilleiro, protagonizará a mesa de debate A guerrilla antifranquista na Mariña e en Galiza. Será en Foz a terza feira 16 de outubro, na Casa da Cultura.
Foz tal e como era
O pasado de Foz, o máis inmediato e o menos, as súas historias e as dinámicas que a conduciron á contemporaneidade, volverá protagonizar o verán mariñao por viséximo terceiro ano consecutivo. A asociación Pomba do Arco convoca catro días de palestras, da segunda feira 30 de xullo á quinta dous de agosto.
Sermos O Diario Galego, esta semana en Marín, Vilalba, Monforte, Verín, O Barco, Foz, Sada, Negreira e Vilagarcía
Continuamos dando a coñecer o proxecto para a saída de Sermos O Diario Galego. Esta semana visitaremos Marín; Vilalba; Monforte; Verín; O Barco; Foz; Sada; Negreira e Vilagarcía de Arousa.
Xornadas sobre arte en Foz
No seu labor de achegar a cultura á poboación focega, a asociación cultural A Pomba do Arco organiza a sexta edición das xornadas Sentirmos a Arte. Serán entre a segunda feira 23 de abril e a quinta, 26 de abril, ás 20.30 no salón de actos do Cenima de Foz.
As mulleres de Foz que se rebelaron contra a fame da gripe
A libraría Bahía de Foz acolle esta quinta feira, ás oito e media do serán, a presentación de Rebeldía galega contra a inxustiza. O volume colectivo, editado por Sermos Galiza e coordinado Xosé Ramón Ermida Meilán, repasa os levantamentos populares nos anos da Restauración. Inclúe, escrito polo propio Ermida, un artigo sobre a rebelión das mulleres focegas en 1918. Organiza a presentación a asociación cultural A Pomba do Arco.
As coplas como desafogo entroideiro
Entre as múltiples vías que o pobo galego desenvolveu para desafogar tensións sociais durante o entroido, o xogo coa poesía é un dos máis abondosos. En Foz, no corazón da Mariña, hai 25 anos que practican o Touporroutou. O anonimato e a copla sarcástica sobre os sucedidos do ano serven aos focegos e focegas para, tamén, conmemorar que vai rematando o inverno.