Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza. (Foto: Martiño Picallo-Luscofusco)
star
Conclusións da publicación coleccionábel

MAPA | O reino das 2.000 fortalezas

Nas vindeiras liñas, intentaremos tirar varias conclusións sobre as  17 entregas do coleccionábel titulado Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza, publicado con 'Nós Diario' ao longo do mes de xaneiro.
Murallas e cidade de Compostela por 1595. (Foto: Archivo General de Simancas)
star
Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

As fortalezas de Mesía, Rocha Forte e o Pico Sacro, as murallas de Compostela e a casa torre de Sigüeiro

Logo de pararnos uns instantes na fortaleza de Mesía, recompoñer algo a súa historia e os seus perpiaños, intentaremos localizar a casa torre medieval de Sigüeiro, que igual habería que identificala con aquel "forte carlista" que seica se situou, outrosí, ao pé do Camiño Inglés. Bateremos nas portas de Compostela, visitaremos Rocha Forte e, de ser posíbel, intentaremos buscar aquel dragón que sobrevoou o cumio do Pico Sacro e, talvez, colleu alento enriba dos cerrumes derrubados do seu castelo.
Torres nas illas galegas (Foto: Nós Diario).
star
Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

Fóra do continente - as illas. As torres insulares do Grove, A Lanzada, Arousa, San Sadurniño, Cortegada e Oeste

Malia que nos gustaría tratar sobre torres ou castelos insulares de calquera época, consideramos oportuno acoutar tal pretensión a aqueles que foron construídos durante o medievo ou nas primeiras décadas do século XVI, estivesen ergueitos en illas, illotes ou penínsulas. Así as cousas, non afondaremos desta volta nos castelos de Santa Cruz (en Oleiros), Santo Antón (na Coruña), A Illa de Ons e outros. Farémolo, logo así, nas torres do Grove, A Lanzada, San Sadurniño (Cambados), Oeste (Catoira) e A Illa de Arousa, alén de formularmos algunha suxestión sobre a illa de Cortegada.
Vista aérea de Castro Candaz, en Chantada (Foto: Wikipedia).
star
Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

As bisbarras de Chantada, Ourense e Celanova. As fortalezas de Asma, Sonán, Castro Candaz, Aguiar de Pedraio, Castelo Ramiro, O Formigueiro, Milmanda e Vilanova

Unha fonte inmensa de documentación vértese no Tombo de Celanova, e non só vinculada á xeografía desa bisbarra na que imos mergullar, senón que tamén a distintos recunchos da Galiza. Da contorna próxima do cenobio no que se redactou son as fortalezas antigas de Milmanda e Vilanova; porén tamén gustamos de interesarnos polas comarcas de Ourense e Chantada. Sobre desta trataremos interésannos as fortalezas de Asma, Sonán e Castro Candaz; e desoutra, as de Aguiar de Pedraio, Castelo Ramiro e O Formigueiro.
A Fortaleza da Lúa (Rianxo) antes de ser derrubada e segundo un gravado do século XIX (Foto: Nós Diario).
star
Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

Pontevedra e O Barbanza. As torres de Redonde, Cimadevila e do Deán, a Ponte do Burgo e as fortalezas de Palmeira, Pontevedra e Rianxo

Intentaremos nestas liñas documentar varios edificios nobres localizados na bisbarra de Pontevedra, alén de tratarmos sobre as murallas da cidade e sinalar algúns dos seus monumentos desaparecidos. Así e todo, iniciamos o noso percorrido en Campo Lameiro, para logo continuarmos coa sinalada urbe, a fortaleza de Cedofeita e darmos un chimpo até o Barbanza. Alí, simbolicamente, bateremos nas portas da Torre da Pobra do Deán e dos castelos de Palmeira e Rianxo.
Escudo dos Soutomaior (Foto: Jesús Rey Rodríguez).
star
Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

A bisbarra do Salnés. As fortalezas do Monte Lobeira, do Viso e Lantañón e as torres do Espiñeiro e Ouxo da Torre

Moi fértiles en patrimonio medieval son as terras do Salnés, tanto no que atinxe a inmobles relixiosos (parroquiais ou monásticos) como castrenses. Dentro deste último grupo realizamos unha pequena escolla de edificios que se espallaron por Vilanova de Arousa, nomeadamente o castelo do monte Lobeira e a casa forte do Viso; por Paradela de Meis, coa súa fortaleza de Lantañón, mal coñecida no seu día como de Lantaño –tendo que circunscribila de xeito errado ás demarcacións de Portas–; así por de Cambados. Deste último municipio rescataremos varios apuntamentos sobre a torre do Espiñeiro e Ouxo da Torre.
Torre de Caldas de Reis (Foto: Nos Diario).
star
Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

A bisbarra de Caldas. As murallas de Cuntis e as fortalezas de Sebil, Penaflor, Lamas, Caldas e Arcos da Condesa

O periplo histórico-arquitectónico que deseguido realizaremos discorrerá por varios recunchos da terra de Caldas, nomeadamente polo concello do mesmo nome, polo de Cuntis e tamén polo de Moraña. Prestaremos maior atención nos dous primeiros, xa que puideron ser vilas amuralladas, pero non ignoraremos nin a fortaleza de Lamas (no municipio morañés), nin a de Penaflor, nin certa torre alzada no seu día no couto xurisdicional de Arcos da Condesa.
Torre do Castro de Valdeorras (Foto: Wikipedia).
star
Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

Trives, Valdeorras e Allariz-Maceda. Castelos e murallas de Maceda de Trives, Valdeorras e Allariz

De comarcas de Trives, Valdeorras e Allariz-Maceda, rescataremos varios apuntamentos que demostran a importancia que outrora tiveron. As murallas e a fortaleza de Maceda de Trives (por outro nome Manzaneda), como os castelos de Valdeorras e Allariz, esta última localidade provista asemade de cercas, serán obxecto de análise. Porén, espazo tamén teremos para sinalar que membros da realeza castelá, afastada dende había anos daquela poderosa Galiza, quixeron buscar no convento de Santa Clara de Allariz o último descanso para os seus perecedoiros corpos.
Castelo e illa de Santo Antón da Coruña (Foto: Héitor Picallo).
star
Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

Bisbarras do Ortegal, Trasancos e A Coruña. Ortigueira, Cedeira, Ferrol e A Coruña

De volvermos ao norte do Reino da Galiza teremos que facer parada en tres bisbarras moi interesantes: O Ortegal, Trasancos e A Coruña. Na primeira delas haberá que atender á historia e arquitectura das murallas de Santa Marta de Ortigueira, pero tamén nos deteremos no recinto medieval de Cedeira; na segunda, cavilarase na posibilidade de que existise un recinto amurallado da mesma época na cidade de Ferrol; e por último, na comarca brigantina, describiremos os muros da Coruña e a fortaleza que se alzou no que hoxe son os xardíns de San Carlos.
Detalle da catedral de Tui desde o seu claustro (Foto: Héitor Picallo).
star
Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

O Baixo Miño e Vigo. Fortalezas do Aloia, Tui, Teis, Penzo e Valadares

Dentro da diocese de Tui serán dúas as bisbarras nas que gustemos de facer parada: a do Baixo Miño e a de Vigo. Da primeira delas teremos en conta a fabulosa e misteriosa fortaleza do Monte Aloia para seguirmos coas murallas tudenses e outras construcións alí ergueitas. Xa na comarca de Vigo, haberá que profundar na historia da casa de Valadares e na das fortalezas de Teis e Penzo. Construcións, estas tres, nas que cómpre rebuscar as súas orixes medievais.
Porta de Carlos V en Viveiro (Foto: Héitor Picallo).
star
Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

A Mariña Occidental e a Terra de Melide. Viveiro, Baamonde, Castro de Rei...

Antes de aproximarnos á Mariña Occidental para afondar na vila de Viveiro, entendemos interesante traer até aquí uns apuntamentos históricos sobre o Castelo da Portela, ao noso entender localizado na Mariña Central. Despois de desenvolver ambos capítulos facilitaremos algúns datos sobre os castelos de Baamonde e Castro de Rei, ergueitos outrora na Terra Chá. Certo é que moitos son os inmobles e recintos urbanos nos que poderíamos mergullar, porén este quiñón representa a nosa particular escolla.
Castelo de Castrodouro, propiedade do mariscal Pedro Pardo de Cela (Foto: Wikipedia).
star
Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

A Mariña oriental e central. Ribadeo, Mondoñedo, A Frouxeira...

Alén de rescatarmos algúns apuntamentos históricos sobre as vilas amuralladas de Ribadeo e Mondoñedo, na Mariña Oriental e Central, respectivamente, buscaremos nas seguintes liñas achegar algúns datos sobre as fortalezas, torres ou castelos que no interior de ambas as urbes existiron. Mais tamén daremos uns pequenos bosquexos arquitectónicos e históricos noutros inmóbeis de interese: a torre de Vilariño, na primeira das bisbarras, así como a de Cabal e A Frouxeira, na bisbarra da Mariña Central.
Castelo de Pambre, en Palas de Rei (Foto: Héitor Picallo).
star
Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

Bisbarras de Melide e A Ulloa. Grobas, Melide, Sirgal e Monterroso

Serán as bisbarras de Melide e A Ulloa as que nos interesen desta volta, e malia que non imos mergullar en moitas construcións pretéritas desaparecidas, si queremos destinar o noso tempo para dar unhas “ciceladas” entre os perpiaños do castelo de Grobas, as murallas e a fortaleza de Melide, así como os edificios castrenses de Sirgal e Monterroso. Secasí, como vimos facendo noutras ocasións, non nos privaremos de facer referencia a outros inmobles medievais que tiveron unha función semellante aos citados e que se esparexeron pola contorna.
Pontevea e o río Ulla, non 
lonxe de onde estivo a fortaleza da Insua (Foto: Martiño Picallo).
star
Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

Nas bisbarras de Tabeirós e Terra de Montes. A Raneta, A Barreira, Castro de Montes e outras

Interesante no que respecta ao patrimonio castrense medieval é a bisbarra de Tabeirós-Terra de Montes. Aínda que poderíamos asexar entre os lenzos da impoñente torre de Guimarei (e denunciar como fixo Iria Blanco Brey o seu estado de abandono), percorreremos tan só as páxinas históricas das fortalezas da Insua, A Raneta, Tabeirós, A Barreira e Castro de Montes. Isto é, o noso periplo observador discorrerá de norte a sur nun territorio que alguén definiu como “un país chamado A Estrada”.
Claustro do mosteiro de 
San Clodio-Leiro (Foto: Héitor Picallo).
star
Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

Castelos da ourensá terra de Castela. Penacorneira, Roucos, Castro Covadoso, Ribadavia e outros

Nun manuscrito de 1758 de Frei Martiño Sarmiento, estudado por Isidoro Millán González-Pardo e que publica na revista Grial, reparara o sabio sobre “Os Castellanos de Orense”. Segundo o que achega o monxe bieito, chamarlle daquela a alguén “castellano de Orense” non implicaba que o personaxe falase o idioma español, pois a expresión “no se inventó para discernir idiomas, sino territorios. Ha sido precisa en algún tiempo para distinguir castellanos, o para no confundir los castellanos de Burgos con 
los castellanos de Orense”.
Azulexos procedentes do Castelo de Rocha Branca (Foto: Museo de Cáceres).
star
Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

Na bisbarra do Sar. Rocha Branca, Padrón coas súas torres e murallas e o Castro Lupario

Non son moitas as referencias que posuímos sobres as murallas da vila de Padrón, aínda que sabemos que na súa contorna próxima se alzou a fortaleza da Rocha Forte, un bastión castrense de destacada importancia para os arcebispos de Compostela. Así e todo, foron varias as torres fincadas no interior do recinto urbano e non poucos edificios de relevancia os esparexidos pola bisbarra do Sar, incluso o mítico Castro Lupario. Mais, ao igual que aconteceu con Rocha Forte, as Torres de Padrón tamén serviron de residencia para os titulares da cadeira metropolitana de Santiago.
Igrexa de San Martiño de Noia (Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez).
star
Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

Na bisbarra de Muros-Noia. Murallas e fortalezas para os arcebispos

Serían moitos, abofé, os edificios dos que poderiamos dar conta ao longo destas liñas non só por seren alzados durante o medievo, senón por teren sido –outrosí– elementos singulares da nosa arquitectura civil e “culta” pero cicelada por mans populares, anónimas e humildes. Por iso, cinguidos á bisbarra de Muros-Noia, abordaremos diversos datos históricos e construtivos vinculados coas murallas de ambas urbes e, ademais, introduciremos a nosa atención nas fortalezas que, en ambos recintos, foron propiedade dos pontífices santiagueses.
Castelo de Nogueirosa en Pontedeume (Foto: Héitor Picallo).
star
Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

Murallas e fortalezas nas Mariñas. Tesouros arquitectónicos de Pontedeume e Betanzos

As investigacións que desde estas liñas se van ir vertendo son froito da consulta de moitas fontes bibliográficas e non menos arquivísticas. Ao longo de varios capítulos trataremos de dar conta de certas vilas e cidades amuralladas galegas que –paseniño– perderon os seus cerrumes ou ben foron absorbidos polo desenvolvemento urbano. Porén, a nosa curiosidade non só se ha introducir no interior deses recintos para describir, no mellor dos casos, a estrutura da cerca e os seus elementos defensivos, senón que –ademais– farase parada en diversas fortalezas, castelos e torres medievais esparexidos por diversos recunchos da Galiza.