Foro Económico

Mobilización da Mesa en defensa do topónimo lexítomo da Toxa (Foto: A Mesa pola Normalización Lingüística).
LINGUA

"En defensa da toponimia galega e oficial" A Mesa mobilízase contra a deturpación do nome da Toxa

A Mesa pola Normalización Lingüística volveu concentrarse outro ano máis no Grove (comarca do Salnés) en defensa do "idioma, da toponimia e da oficialidade". O Foro A Toxa, cuxos organizadores nomean coa forma deturpada 'La Toja', deu comezo onte na Galiza con convidados como o monarca Felipe VI ou Mariano Raxoi.
Lago Peñas, Abalde Alonso, Rei, Pérez Nieto e Gómez, esta sexta feira na Coruña (Foto: Foro Económico).
star
ECONOMÍA

A industria galega sufriu un declive de 2% en 2022 mentres a actividade fabril creceu 3% no Estado

O Foro Económico da Galiza presentou esta sexta feira o seu Anuario 2023. Entre outras moitas cuestións, a publicación destaca a contracción da industria galega en 2022, a perda de posicións do país a nivel comunitario e estatal no Índice de Competitividade Rexional, a necesidade de vertebración das comunicacións, a falta de planificación da Xunta da Galiza na xestión dos fondos da Unión Europea ou a oportunidade que supón que a Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial teña a sede na Coruña.
O presidente do PP, Alberto Núñez Feixoo, durante a súa conferencia no Foro A Toxa (O Grove) o 30 de setembro de 2022 (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press).
SOCIAL

O quinto Foro A Toxa volve ao Salnés, deturpando o topónimo, con Mariano Raxoi e Sebastián Piñera

O ex presidente Felipe González ausentarase do evento
José Francisco Armesto, Fernando González Laxe e Santiago Lago, esta quinta feira na presentación do Informe de Conxuntura Socioeconómica II/2023 do Foro Económico de Galicia (Foto: Foro Económico).
star
ECONOMÍA

A economía vai "arrefriar" a partir de finais de ano, alerta o Foro Económico

O Foro Económico de Galicia presentou o Informe de Conxuntura Socioeconómica II/2023, no que a institución sinala que "a pesar do crecemento económico na Galiza e no Estado español", a economía vai arrefriar no final de 2023 e durante o ano 2024 froito da dura política monetaria que está a exercer o Banco Central Europea para intentar paliar a crise inflacionista. Ademais, o Foro Económico destacou que o medre da economía galega fica lonxe do da estatal e que o mercado laboral galego ten "menor dinamismo" que o estatal.
Asistentes á xornada decorrida onte en Ribadavia (O Ribeiro). (Foto: Foro Económico da Galiza)
ECONOMÍA

O sector cárnico representa 34% da produción agraria

Facturou máis de 2.400 millóns de euros no ano 2022.
Alberto Vaquero, Luis Otero, María Bastida e Senén Barro (Foto: Foro Económico).
star
ECONOMÍA

Só 7% das empresas galegas usan a intelixencia artificial na súa actividade diaria

A porcentaxe de empresas galegas (7,24%) que empregan a Intelixencia Artificial é menor á media estatal (8,32%). Neste sentido, o Foro Económico de Galicia alerta da necesidade de estimular o emprego destas tecnoloxías no país.
O IV Foro Tecnolóxico tivo lugar esta sexta feira en Compostela (Foto: Foro Económico de Galicia).
ECONOMÍA

O Foro Tecnolóxico destaca a importancia de incorporar o galego á economía dixital

Persoal investigador aposta por desenvolver a tecnoloxía lingüística.
A industria manufactureira supón 11,9% do valor engadido bruto da Galiza. (Foto: Nós Diario)
star
ECONOMÍA

A industria galega ofrece 30% postos de traballo menos que a media estatal

O sector servizos é, de novo, o máis dinámico.
Fernández González Laxe coordinou o informe do Foro Económico (Foto: Foro Económico de Galicia).
ECONOMÍA

O freo da economía galega contrasta coa situación española e portuguesa

O crecemento económico da Galiza fica a dous puntos porcentuais do estatal.
Imaxe do Foro de Davos deste ano (Foto: Sandra Blaser / World Economic For / DPA).
INTERNACIONAL

Avións privados e prostitución: Así se desenvolve estes días o controvertido Foro de Davos

A demanda de traballo sexual dispárase cada ano durante a cimeira que reúne líderes mundiais, magnates de negocios, executivos corporativos e organizacións sen fins de lucro de todo o mundo.
A economía galega segue por baixo dos niveis previos á Covid (Gráfico: IGE e INE / Foro Económico de Galicia).
ECONOMÍA

O medre do PIB galego cae a 4,4%, até 2,4 puntos por baixo do estatal

O Foro Económico de Galicia pide reaccións políticas diante da tendencia de moderación do crecemento na economía galega e as súas consecuencias no mercado laboral.
Prestación do IV Informe de Conxuntura Económica (Foto: Foro Económico da Galiza).
TRABALLO

A economía galega consolida a senda do crecemento á custa de máis precariedade

O Foro Económico sinala que o PIB da Galiza está aínda 3,5 puntos por baixo do nivel previo á crise
Santiago Lago e Fernando González Laxe durante a presentación do informe do Foro Económico (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

A economía galega medra a costa de contratos precarios

O Foro Económico da Galiza constata un forte crecemento da economía galega no segundo trimeste, mais tamén un incremento da temporalidade na contratación.
Un dos aspectos sobre os que chaman a atención os membros do Foro Económico é a falta de formación profesional no rural (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

A dixitalización e a transición xusta, chaves para dinamizar o rural galego

As expertas convocadas polo Foro Económico falan dunha xestión "desconectada e ineficiente" por parte das Administracións no rural. 
O sector da automoción volveu a cifras negativas despois de case un ano liderando o avance das exportacións galegas (Foto: Stellantis).
ECONOMÍA

O Brexit e a pandemia frean en seco as exportacións galegas no arranque do ano

As exportacións galegas rompen en xaneiro a progresión dos últimos meses de 2020 e caen 18%, o seu maior descenso desde maio.
Descarga de contedores no porto exterior de Ferrol (Foto: APFSC).
ECONOMÍA

Galiza está aínda lonxe de recuperar o volume de exportacións previo á crise

As exportacións de produtos téxtiles volveron a cifras positivas e, xunto coa automoción, tiraron do crecemento rexistrado en decembro, aínda que os datos só representan 92,9% do que se movía antes da crise da Covid-19.
Presentación do informe 'Previsións do Crecemento do PIB 2021' en Ourense a cargo dos economistas que o elaboraron (Foto: Foro Económico da Galiza)
ECONOMÍA

O Foro Económico anticipa un crecemento da economía galega de até 10% en 2021

As previsións do Foro Económico varían en función das restricións pola Covid-19 e da rapidez na execución dos fondos europeos
Presentación do informe de conxuntura económica do Foro Económico de Galiza (Foto: Arxina)
ECONOMÍA

O Foro Económico sitúa Galiza lonxe do peor escenario pola incidencia da Covid

As persoas expertas do Foro Económico consideran imposíbel que a recuperación económica se produza neste exercicio
Santiago Lago, director do Foro Económico, durante a súa intervención no Parlamento galego.
ECONOMÍA

O director do Foro recoñece a ocultación dos proxectos tractores ao Parlamento

Lago afirma que non se facilitan datos no Parlamento galego para salvagardar a confidencialidade dos proxectos candidatos.
O norte de Portugal supera a Galiza en investimento, mais tamén en persoal dedicado a tempo completo a actividades de I+D. (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

O norte de Portugal abre unha fenda de 300 millóns coa Galiza na aposta no I+D

Galiza está lonxe de cumprir o obxectivo de investimento para 2020