star
Reportaxes
Un filme improvisado
22/abr./22
Un investigador deambula pola cidade procurando os sons que agocha. Cora, empregada da lonxa, esperta no peirao con lembranzas que non son súas. Unha muller foxe do centro de internamento na illa de San Simón. Dúas traballadoras percorren a urbe en ambulancia, observando a súa face nocturna. Estas son algunhas das '9 fugas' que contén a segunda longametraxe de Fon Cortizo, un filme construído por capas no que a música foi, curiosamente, o punto de partida.