folk

O país da pandeireta

Mercedes Peón e Janet Novás no espectáculo 'Mercedes mais eu'.
star
Música

Música galega non tan tradicional

No terceiro aniversario de Déixaas, de Mercedes Peón. Sen el nada sería o mesmo.
Sonia Couto, Sonia Salgado e María Fernández ensaiando o seu papel de meigas na ópera. (Foto: Cedida)
CULTURA

A vida de María Soliña nunha ópera-folk

O próximo 8 de maio estréase no Auditorio de Cangas a primeira ópera-folk galega que narra a historia de María Soliña, unha muller canguesa que, con 70 anos, foi acusada de ser bruxa e despoxada de todos os seus bens por parte dos poderes eclesiásticos no século XVII. O compositor da obra, Nacho Mañá, a soprano protagonista, Carmen Durán, e o libretista e tenor, José R. Bustamente explican a 'Nós Diario' a importancia desta figura e como reinterpretan cunha visión máis moderna os valores de loita e poder feminino que Soliña representou durante a súa vida.  
 
Tanxugueiras renovou o estilo das pandeireteiras | Celia Eiras
star
Música

A música folk galega: historias de guitarras, sintetizadores e vangardas

Cara a 1992, Mike Oldfield  non precisaba presentacións. Debutando con aquel xa icónico Tubular Bells, a carreira do artista mantivo sempre un nivel de cariño do público único, que aínda a día de hoxe continúa. Lonxe de ser simplemente un artista importante, debemos destacar tamén a súa capacidade para recoñecer un talento saído do noso país como poucos despois: Voyager, o décimo sétimo álbum do británico, comezaría a súa andaina cun tema chamado “The Song of the Sun”, aparecendo nos créditos un tal Bieito Romero que, uns anos antes, lanzaría o mesmo tema orixinalmente baixo o nome de O son do ar
Faia (Foto: Arxina).
star
Reportaxes

Faia: a voz espida

Nunhas poucas semanas, Faia Díaz recreou un día coas vacas inspirado en receitas de cociña no festival Plataforma, deixou abraiado o público do Maré coa súa versión do Cantar Alentejano ou do Cantar Galego de Zeca Afonso e mostrou no Museo do Mar, no Cantas Verbas, de que xeito decrecer en recursos nun escenario pode ser unha das mellores maneiras de recrear a tradición musical oral transmitida por mulleres. Faia é unha das artistas máis interesantes do actual panorama musical galego. Falamos dos seus diversos proxectos.
XoseLoisRomero
star
Entrevistas

Xosé Lois Romero: Na raíz común

Os pulsos da terra traducidos aos latexos musicais, o máis íntimo convertido en percusión, acompañada de voces de mulleres, un eco atemporal. Son as músicas que remiten ao pasado colectivo, ao máis próximo que é tan galego, tan noso, como universal. Latexo é o novo disco de Aliboria, grupo dirixido polo compositor Xosé Lois Romero, que vén debuxando nos últimos anos un novo horizonte na experimentación musical. A súa chave, ademais da imaxe da nova portada, é, en palabras do compositor, "seguir innovando, reinventando a tradición".
384 entrevista
star
Entrevistas

Guadi Galego: Sempre diversa

Desde os comezos no universo folk de Berrogüetto, pasando por proxectos máis íntimos, o nome de Guadi Galego estaba chamado a se converter en referente innegábel da música galega. O seu percurso en solitario abriu unha fuxida das etiquetas na procura da diversidade como principio absoluto. Con Immersion, un traballo no que a cantante se revisa a si mesma en varias linguas, leva a outro nivel ese ideal co que actualmente se identifica. Coa advertencia de que "podería mudar en calquera momento". Porque a vida, ademais de diversa, é unha aprendizaxe constante.
380 Música
star
Música

A voz das mulleres pretas

Bia Ferreira é, sen dúbida, a miña revelación musical de 2019. Desde o outro lado do Atlántico, a brasileira define con orgullo o que fai como "MMP: Música de Mulher Preta". Pois a arte non sabe agocharse para ela do activismo.

379 Música
star
Música

Máis Baiucas, por favor

Hoxe estou en Dublín. Como cada vez que estou por estas terras, penso tamén na Galiza. Dublín conserva aínda nas súas rúas esa forza que a fixo erguerse.
Ghaveta explora o repertorio tradicional desde o formato dun cuarteto acústico.
Música

Ghaveta inunda co seu singular "folk de raíz" os torreiros da nova normalidade

O segundo disco do grupo viu a luz durante o confinamento, pero está a ter agora as súas presentacións nun contexto no que o público, por verlle algo positivo, semella estár aprendendo a escoitar.
dqvsmaríapita
Caderno de Verán

Dequenvessendo, un folk con influencias

A banda Dequenvessendo, nacida entre A Coruña e Arteixo, logrou a meta de sacar á rúa o seu primeiro traballo discográfico a través dunha campaña de micromecenado
caldo folk fusión
CULTURA

Caldo, unha receita para innovar o folk

O trío vigués integra melodías tradicionais "noutros contextos sonoros".
Imaxe promocional de Moura
Cultura

A psicodélica descuberta do folk druídico

Moura liberaba o 1 de abril, en plena reclusión pandémica, o seu primeiro álbum na rede. O disco, que leva o nome do grupo, é froito dunha actividade que leva en curso desde 2016. O seu foi un periplo longo cara á descuberta do seu estilo singular, que mestura rock progresivo, psicodelia e folk. Unha fusión que convoca o trance e afonda nas raíces druídicas, con escalas galaicas e a inestimábel achega dos instrumentos tradicionais da Irmandade Ártabra. Todo un proceso de aprendizaxe no que os integrantes acharon o valor do propio, iso que, por próximo, algunhas veces costa máis ver.
FAIA Faia Díaz Novo 2
CULTURA

As músicas sen abrigo de FAIA

O radical Ao Cabo Leirín chega ao dixital tras se publicar en vinilo
Oscar Losada web
ENTREVISTAMOS ÓSCAR LOSADA, XORNALISTA CULTURAL

«Parte da industria musical non valora o noso traballo»

Óscar Losada Castro leva a multidisciplinariedade por bandeira. Músico de vocación e xornalista deportivo e cultural de profesión, tras dar os seus primeiros pasos na desaparecida Radio Cadena e Radio Nacional, está a piques de facer 37 anos escribindo e falando das súas paixóns. Director de publicacións especializadas como Zona Press ou O Dez, está considerado como un dos maiores expertos na música de raíz a nivel galego.
caldo folk fusión
19 de outubro

O folk fusión de Caldo abre a tempada cultural da Casa Manuel María

Apenas tres instrumentos, guitarra, violín e pandeireta, abóndanlle a Caldo para facturar folk fusión, unha ligadura de “melodías de raíz” e “outros contextos musicais”. A súa proposta abre a nova tempada cultural da Casa Museo Manuel María de Outeiro de Rei este sábado, 19 de outubro, ás sete da tarde.
Cartel da Carballeira de Zas
Festival folk

A Carballeira de Zas chega á súa 36 edición

A Carballeira de Zas arrincará esta sexta 2 agosto e estenderase até a noite do sábado, chegando así á súas 36 edición. As persoas asistentes poderán gozar da música tradicional galega e de grupos punteiros internacionais.
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
2 e 3 de agosto

“Tradición e vangarda” na Carballeira de Zas

É a da Carballeira de Zas unha das citas principais do verán folk galego. A súa edición número 36 será o 2 e o 3 de agosto e a organización desvelou esta terza feira o seu cartaz. “Tradición e vangarda”, resumiu o director do festival Fidel Otero o seu programa. Susana Seivane, Baiuca ou os irlandeses Fourth Moon serán algúns dos protagonistas.
 

a banda da balbina en corme
Festival o domingo 16 de xuño

Romaría ao pé do río en Touro

Teatro e música folk, artesanía e cantos de taberna, xantar no chan e maxia de proximidade: o Folk in Río de Touro é o máis semellante posíbel a unha romaría no século XXI. A súa edición número 12 será o domingo 16 de xuño.
 

Xiana Lastra
Entrevista con Xiana Lastra, cantante de A Banda da Loba

"Para nós é moi importante non ter que cinguirnos a un estilo determinado á hora de facer música"

A finais do século XIX, unha bandoleira de nome Pepa a Loba, roubaba a caciques e cregos ata se converter nunha figura lendaria. Dela toman o nome Andrea Porto (guitarra e baixo), Inés Mirás (guitarra e teclado), Marcela Porto (batería e percusións), Estela Rodríguez (violín) e Xiana Lastra (voz). Cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar vida a este grupo de estilo ecléctico e heteroxéneo.