folga

Autobús da empresa Vitrasa que opera en Vigo. (Foto: Vitrasa)
TRABALLO

Continua o conflito en Vitrasa: sen avances tras unha nova reunión entre comité e empresa

Vitrasa advirte de que o incremento salarial que pide o comité é "imposíbel de atender" para unha empresa "en perdas"

Un autobus urbano de Vigo na praza de América. (Foto: Vitrasa)
TRABALLO

Os traballadores de Vitrasa rexeitan o preacordo alcanzado por empresa e comité

Mantense a folga indefinida iniciada o pasado 25 de novembro en demanda dun novo convenio con melloras salariais e sociais.
Protesta do persoal de Abanca na Coruña, hoxe. (Foto: Nós Diario)
VÍDEO

Folga en Abanca ante a "brutal perda de poder adquisitivo" do persoal

Desde a CIG apuntan que se trata da primeira folga no sector e que se convoca para "exixir que os beneficios multimillonarios non sexan á custa de manter os duros recortes que a entidade impuxo ao persoal durante os anos de crise financeira".
Estación de trens en Berlín, Alemaña (Foto: Joerg Carstensen / DPA).
INTERNACIONAL

A folga de maquinistas paraliza o transporte ferroviario en Alemaña

O agro xermano continúa unha semana de protestas a nivel estatal.
Mobilización en Vigo das traballadoras da limpeza (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

As traballadoras da limpeza rebélanse contra a precariedade: "Non chego a fin de mes"

Traballadoras e traballadores da limpeza na Galiza protagonizou onte unha xornada reivindicativa coa intención de mostrar a súa intención de non ceder ante a patronal e procurar melloras salariais. As principais cidades galegas acolleron asembleas e varias mobilizacións de protesta. En Lugo, as traballadoras levan máis de 80 días de folga indefinida e continuaron esta cuarta feira coa demanda dun novo convenio.
Un dos corredores do centro comercial Vialia en Vigo (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

VÍDEO | Así amenceu o centro comercial Vialia de Vigo após o inicio da folga do persoal de limpeza

Os sindicatos convocaron a folga para demandar un "convenio digno", tras meses negociando coa patronal sen que se producisen avances.
O sector da limpeza vai parar hoxe co obxectivo de lograr un convenio digno. (Foto: Nós Diario)
star
Análise

As traballadoras á fronte da reivindicación dos dereitos laborais

Ximena González é militante da Marcha Mundial das Mulleres.
Rolda de prensa de convocatoria da folga (Foto: CIG).
TRABALLO

Persoal de limpeza de edificios de Pontevedra e Ourense, á folga

A Xunta publicou na segunda feira no Diario Oficial da Galiza (DOG) os servizos mínimos para a folga, nos cales se recolle que deberán traballar 100% dos empregados que operen nas unidades de coidados intensivos (UCI) dos hospitais, así como nas urxencias, laboratorios de urxencias, radiodiagnóstico de urxencias, área de cirurxías, reanimación posquirúrxica, reanimación cardíaca, oncoloxía radioterápica, hematoloxía e hospital de día e diálise.
Manifestación do sector da limpeza en Lugo. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

O sector da limpeza intensifica a súa loita por convenios dignos: paros de 24 horas en Pontevedra e Ourense

CIG, CCOO e UXT convocan 24 horas de paro.
Protesta en Bos Aires a cuarta feira. (Foto: Julian Varela / telam / DPA)
INTERNACIONAL

A CXT arxentina convoca a primeira folga xeral contra Milei, que intenta concentrar todo o poder

O 24 de xaneiro a greve decorrerá en todo o país.
Mobilización dos bombeiros en Compostela o pasado mes de novembro (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Os bombeiros comarcais denuncian "neglixencia" da Xunta polo feche de múltiples parques de todo o país este Nadal

O Comité de Folga dos Bombeiros Comarcais da Galiza denuncia que a cidadnía "está desprotexida".

Varias limpadoras encadeáronse esta cuarta feira no Concello de Lugo (Foto: Nós Diario).
star
TRABALLO

A folga continúa na limpeza: "Non nos imos render"

O persoal da limpeza da circunscrición de Lugo leva 66 días en folga para requirir á patronal "un salario digno". Porén, as xornadas de paro seguen e a mobilización medra sen que chegue un acordo que se axuste ás súas reivindicacións. Denuncian que teñen soldos por baixo do salario mínimo e que a patronal quere absorber a súa antigüidade no novo convenio. Neste contexto, as traballadoras de Pontevedra decidiron unirse na "loita" e irán á folga o vindeiro 10 de xaneiro.
Mobilización fronte ao HM Rosaleda, esta quinta feira en Compostela (Foto: Nós Diario).
Agora

O persoal da sanidade privada secunda a folga cun "importante" seguimento

O persoal da sanidade privada na circunscrición da Coruña secundou esta quinta feira unha nova xornada de folga convocada pola CIG, CCOO e UXT para reclamar un novo convenio. O seguimento foi "importante", segundo sinalou o responsábel da CIG no sector, Miguel Tizón, que estimou que nalgúns hospitais como o Quirón Saúde e o HM Modelo, ambos na cidade da Coruña, foi de 100%. "Isto quere dicir que a xente está moi concienciada", concluíu.
No centro, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, esta terza feira en Lugo (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

A CIG acusa as Administracións de permitir "a escravización" na limpeza

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, advirte que as mobilizacións "irán a máis".
Mobilización dos bombeiros esta sexta feira en Compostela. (Foto: Eva Cid Rivas)
TRABALLO

Bombeiros comarcais preparan unha mobilización permanente na praza do Obradoiro

Pretendían iniciar esta sexta feira, día 15, unha protesta pacífica no Obradoiro "en formato acampada". Porén, malia que as autoridades impediron esta opción, si se mobilizarán con carácter indefinido.
Mobilización dos bombeiros en Compostela (Foto: Eva Cid Rivas).
TRABALLO

Os bombeiros comarcais rexeitan a oferta laboral das Administracións

Tan só concordan nos días de asuntos propios.
Manifestación do persoal de Vitrasa no mes de decembro (Foto: Pedro Davila / Europa Press).
TRABALLO

Nova protesta do persoal de Vitrasa polas rúas de Vigo para exixir unha solución á empresa e ao Concello

A manifestación ía encabezada por unha pancarta que rezaba 'Vitrasa solución', asinada polos sindicatos CIG, UXT, USO e Comisións Obreiras (CC.OO.), convocantes da protesta.
Concentración de persoal de Vitrasa esta segunda feira (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Finaliza sen acordo a reunión entre o comité de Vitrasa e a empresa, polo que se mantén a folga

A CIG sinalou que estaba disposta a "suspender" o paro mentres se negocie, pero que Vitrasa "insiste na desconvocatoria". Polo que a reunión finalizou sen acordo.
ela 1
INTERNACIONAL

Amplo seguimento na folga xeral feminista en Euskal Herria

Convocada polo Movemento Feminista de Euskal Herria, contou co apoio da maioría sindical. O paro está a se deixar notar “notabelmente desde primeira hora da mañá”, sinalan as convocantes, con incidencia en transportes, industria, ensino e comerfio, entre outros sectores.

Mobilización do persoal de Vitrasa esta cuarta feira en Vigo (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

O comité de Vitrasa acusa o Concello de Vigo e a empresa de "manipular a información" sobre o conflito

O persoal critica que o Goberno local estea a intentar politizar unha lexítima protesta laboral pretendendo facer crer que todo este conflito está organizado por unha organización política e por un sindicato. “Desde o comité de empresa parécenos vergoñento e unha falta de respecto a todo o cadro de persoal de Vitrasa”.