Feuga

Estudantes nunha aula da Universidade de Santiago. (Foto: USC)
star
SOCIAL

Nula presenza de profesorado ou tituladas na Galiza para impartir cursos de Feuga

Os cursos de formación impartidos pola Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) permiten coñecer a través da procedencia ou titulación das súas relatoras e dos seus relatores unha longa listaxe de universidades, mais ningunha delas é galega. Estes cursos non teñen profesorado titulado na Galiza.