festival

347225886_600243598747459_6454671122133863511_n
Máis

Valboa vibra desde as raíces

A Galiza vive no gran festival do Bierzo
365228344_818647420175874_3258172940335484810_n
Máis

O Agrocuir enche a Ulloa de cor e festa

Desde onte e até hoxe o concello de Monterroso (A Ulloa) festexa a diversidade coa Romaría-Festival Agrocuir. Un proxecto que visibiliza as disidencias dentro do rural galego e festexa a liberdade a través dunha programación inclusiva e interdisciplinar. Todo isto nunha edición marcada pola procura de volver ás orixes e consolidar a sostibilidade da festa.
Branca Novoneyra intervindo nunha edición anterior do festival.. (Foto: Tamara de la Fuente)
star
CULTURA

Festival dos Eidos, poesía e comunidade

A herdanza dos poetas toma camiños imprevisíbeis. No libro de Uxío Novoneyra Os Eidos está a semente que deu lugar ao Festival dos Eidos, un proxecto que é festa mais tamén lugar para a palabra poética, para a reflexión sobre un espazo singular e as súas necesidades e, sobre todo, para o convivio e o reforzo da comunidade que o habita e que lle dá sentido. A edición deste ano terá lugar esta fin de semana -do 25 ao 27 de agosto- en Folgoso do Courel.
 
festiv
Máis

Mulleres creando cultura

O Festivala reclama o apoderamento sexual
casteloconta
Máis

O Castelo Conta co poder da palabra

A oralidade como forma de conservación da tradición é o fundamento que guía a organización do festival Castelo Conta en Culleredo, unha iniciativa pensada polo humorista Xosé Touriñán para reunir a veciñanza nun espazo no que se dan cita actividades diversas coa palabra como elemento condutor.
Presentación en San Marcos do Agrocuir
CULTURA

A diversidade no rural atopa como referente o festival Agrocuir da Ulloa

O festival contará neste formato máis reducido con menos espazos. Polo escenario principal, que estará instalado na praza do Froito, pasarán artistas do panorama estatal e galego.
treceroeis2
Máis

Viño e música do país

Concertos e gastronomía no Trece Roeis Fest.
Mon Devane co 'devaneiro'.
CULTURA

Mon Devane crea a imaxe gráfica do OUFF 2003

O Ourense Film Festival presenta a imaxe 2023, na que o creador parte dun xoguete artístico que funde a tradición ourensá co amor ao cinema.

O castelo de Moeche (comarca de Ferrolterra) foi testemuña da guerra irmandiña que se produciu durante o século XV (Foto: Nós Diario).
Máis

A revolta irmandiña renace en Moeche

O despotismo dos señores feudais motivou o levantamento do campesiñado no século XV. A revolta irmandiña foi un movemento organizado constituído por labregos e labregas que se ergueu contra o poder estabelecido atacando os fortes dos seus señores. Hoxe o Castelo de Moeche é o escenario do Festival Irmandiño, proxecto que reivindica a historia galega. 
Ferreiro (segunda pola esquerda) cos organizadores do festival.
CULTURA

O Lucus Music Fest combina actuacións e formación musical

Entre o 28 de agosto e o 2 de setembro, as rúas de Lugo acollerán concertos cunha gran variedade de estilos, xunto con masterclass a cargo dos directores de orquestra Rafael Pascual Vilaplana e Enrique García Asensio

Luísa Merelas na peza 'Bernarda', da compañía Malasombra.
CULTURA

O FICBueu proxecta 89 curtametraxes de 30 países

A actriz Luísa Merelas recibirá o Premio Cinema Galego.
carballeira de zas web
Máis

Hai carballeira no Festival de Zas

A Carballeira de Zas (Terra de Soneira) convértese hoxe e mañá no anfiteatro natural perfecto para un festival que reivindica o folclore e a música tradicional na procura de dúas xornadas de troula nunha paisaxe inmellorábel. O respecto pola natureza e o protagonismo de grupos emerxentes son algunhas das premisas que guían a filosofía da festa. 

Panteón Rococó.
CULTURA

Panteón Rococó e La Élite completan o cartel do Revenidas

O grupo mexicano actuará o xoves 7 e o dúo catalán o sábado 9.
Belén Bermejo, directora do festival, e deputado de Patrimonio e Contratación da Deputación da Coruña, Xosé Lois Penas Corral, na presentación de onte.
star
CULTURA

Espazos Sonoros reclama silencio para escoitar a música dos lugares

Onte presentouse na Coruña o programa da edición 2023 de Espazos Sonoros, un festival que aglutina patrimonio e música para ampliar perspectivas sobre a identidade e sobre o acto da escoita.
as nosas musicas 4
Máis

A festa das nosas músicas en Couso

Os días 13 e 14 de agosto chega á aldea de Couso, no concello da Estrada, unha nova edición de As Nosas Músicas, iniciativa que reclama alternativas de ocio para os territorios máis pequenos e reivindica o folclore nun escenario ideal para o baile solto e a troula. Dúas xornadas que convocan até a 2.500 persoas, mais nas que non se perde o espírito de festa popular.
david regueiro 3
Máis

Sons de Jazz en Moaña

Un cartaz que pon en valor as artistas galegas.
Ana Moura fechou o pasado 30 de xullo a segunda edición do Festival Contrasta en Valença, distrito de Viana do Castelo (Foto: Mariana Silva / Filipa Silva).
star
Análise

Música con fartura

Helena Pousa é filóloga e investigadora sobre os elementos lingüísticos e culturais do Baixo Miño.
Presentación do Festival RiR, onte, en Allariz
CULTURA

O Festival RIR celebra en Allariz a súa sexta edición en setembro

Manuel Manquiña recibirá o premio RIR Contigo.
Mostra Pardiñas 2022 (6)
Máis

Pardiñas, a festa que pon Galiza en valor

O Festival de Pardiñas protagoniza esta fin de semana en Guitiriz tres xornadas que encherán o lugar da cultura tradicional galega en convivencia con mostras da visión musical de Euskal Herria, os Països Cataláns, Chile ou Escocia entre outros. Cunha visión transversal do folclore, a asociación cultural Os Xermolos revitaliza a festa popular coa 44 edición do seu festival.
O director portugués Pedro Costa en Curtocircuíto 2022. (Foto: Cristina Padín)
Cinema

Curtocircuíto celebra o seu 20º aniversario en outubro

Do 3 ao 8 de outubro o Teatro Principal e outros espazos do casco histórico acollerán un ano máis proxeccións, espectáculos audiovisuais, encontros e outras actividades dirixidas a todas e todos os que gocen do cinema en pantalla grande.