Festa do Boi

Bois en Allariz. (Foto: Ecocamiño)
star
ECONOMÍA

O Boi de Allariz marca o camiño: a IXP certifica 34 toneladas de carne de boi cun volume de negocio de 1,2 millóns de euros

Un boi precisa un mínimo de catro anos para ser rendíbel e nese tempo non hai axuda pública algunha. A Indicación Xeográfica Protexida Vaca Galega-Boi Galego conta con 1.230 explotacións que dan cabida a 253 bois. En 2022, certificáronse 34 toneladas de carne de boi, o 10% da produción desta IXP.
Os bois desta edición, nunha das rúas da vila, que se engalanan con teas para a ocasión (Foto: Tino Feijoo).
star
CULTURA

Allariz enxalza o patrimonio ao redor do boi

Contan que, en 1317, un fidalgo chamado Xan de Arzúa quixo terminar coas burlas da comunidade xudía de Allariz e encabezou a procesión a lombos dun boi, cargado de sacos con formigas que serviron de munición para defenderse. 706 anos despois, a vila continúa a lembrar este episodio da súa historia e os bois apodéranse das rúas allaricenses durante nove días.