fechamento

O Banco Santander é o segundo grupo financeiro en volume de depósitos na Galiza. (Foto: Banco Santander)
ECONOMÍA

A banca expatria 27.226 millóns de euros de aforro galego cara a outros territorios

Madrid é a grande beneficiada da drenaxe do capital da Galiza
Plataforma en defensa do centro de saúde. (Foto: Cedida) #sanidade #atenciónprimaria #centrodesaúde #ambulatorio #consultorio #marín #protesta #doentes #xunta #sergas
SOCIAL

Marín mobilízase contra as "ameazas do Sergas de fechar o consultorio de Seixo"

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, no concello de Marín, agrupa a máis de 15 colectivos de varias parroquias que van saír á rúa para protestar polos recortes na sanidade pública, especialmente no ámbito da Atención Primaria.
Cuarto dun hospital galego con dúas camas  dispoñíbeis para  o ingreso de pacientes. (Foto: Ana Varela / Xunta da Galiza).
star
SOCIAL

O Sergas fechará máis de medio milleiro de camas este verán

Ás portas do verán, o Sergas sostén que manterá operativas 89,5% das camas hospitalarias durante os meses de estío. Segundos fontes sindicais, as xerencias das áreas sanitarias confirmaron o feche de máis de 600 postos no conxunto do territorio. Todas, salvo a de Ourense, Verín e Valdeorras, anunciaron a clausura temporal de distintas zonas de ingreso, ligada, nalgúns casos, á diminución ou suspensión de actividade cirúrxica programada.

Protesta de clientas da entidade financeira en Catabois, en Ferrol. (Foto: CIG) #abanca #sucursais #feche #cig #clientela #atención #banca #banco #financieira
ECONOMÍA

Usuarias de Abanca súmanse ás protestas polo fechamento de oficinas

Os movementos para reestruturar as entidades financeiras non só afectan a sucursais de BBVA, Banco Santander ou Caixabank. O banco galego tamén anunciou baixas na súa rede como é o caso de oficinas en Ferrol e na Coruña.
Xente paseando por Ribadeo após decaer o estado de alarma e o fechamento con Asturies. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Lobios fica baixo fechamento perimetral e toda a hostalaría poderá abrir até a 1 da madrugada

A decisión foi tomada na reunión que mantiveron na quinta feira, despois de varios cambios de axenda, as e os expertos do comité clínico e os representantes da Xunta da Galiza. Ademais, os bares e cafetarías que teñan servizo de comida tamén poderán abrir até a unha da madrugada aínda sen licenza de restaurante. As medidas estarán en vigor a partir da medianoite do sábado.
Reunión con representantes do sector do ocio nocturno. (Foto: Xunta da Galiza)
ECONOMÍA

Rueda adía a posíbel apertura do ocio nocturno até "finais de xuño"

O vicepresidente primeiro da Xunta mantivo un encontro de traballo con representantes deste sector. Na reunión -na que tamén participou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña- púxose sobre a mesa unha proposta de mínimos para facer a proba piloto que avalíe se é viábel a reapertura destes estabelecementos na Galiza.
Vista dunhas terrazas (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Laza súmase ao fechamento perimetral de Cualedro e Vilanova de Arousa

Cualedro e Vilanova de Arousa continuarán fechados desde a segunda feira e a eles únese desde ese mesmo día Laza. Ademais, o Comité Clínico determinou mudanzas no mapa de concellos por niveis de restricións, que podes consultar nesta información.
protesta polo peche do colexio de baamonde
A Federación de Anpas de Lugo contra o peche do colexio de Baamonde

As Anpas de Lugo comezan unha campaña para evitar o peche do colexio de Baamonde

A Federación de Anpas de Lugo, xunto co apoio da Confederación de Anpas Galegas, iniciou unha campaña por redes para evitar o peche do colexio de Baamonde, no concello de Begonte

Control de mobilidade pola pandemia no entorno de Compostela. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
SOCIAL

Podo cruzar municipios fechados para desprazarme a un lugar permitido? A Xunta aclárao

A Xunta incluíu no decreto de actualización de medidas para a contención da Covid-19, que entrou en vigor a pasada medianoite, a posibilidade de cruzar "sen ningunha restrición" territorios que estean fechados para realizar desprazamentos permitidos a municipios no mesmo nivel.

Feixoo após o Consello da Xunta. (Foto: Xunta da Galiza)
SOCIAL

Feixoo non descarta fechar Galiza en Semana Santa pero aposta nunha mobilidade interna “alta”

O presidente da Xunta sostén, en todo caso, que queda “moitísimo” tempo até os festivos e que non hai que “precipitarse” á hora de decidir as medidas de actuación. A reunión de todos os territorios remata co acordo de manter o toque de recoller.

Imaxe da sede de Iberdrola en Ourense. (Foto: CIG)
TRABALLO

Iberdrola quere desmantelar un centro de traballo na Rúa mentres se beneficia dos recursos galegos

A representación sindical inicia accións institucionais para evitar o fechamento. As xestións van encamiñadas a que a compañía mude os seus plans.

EuropaPress_3541900_frontera_puente_internacional_tui-valenca_cortada_paso_pontevedra_galiciassss
star
SOCIAL

O fechamento das fronteiras duplica os tempos das viaxes

O fechamento das fronteiras terrestres entre a Galiza e Portugal está a causar un gran malestar entre as traballadoras e os traballadores fronteirizos que teñen que gastar máis tempo e diñeiro para poder chegar aos seus empregos do outro lado da raia. Veciñanza e alcaldías dos dous lados do Miño contan a 'Nós Diario' os problemas que se volven repetir despois do fechamento de fronteiras que xa se dera durante a primeira vaga da pandemia.
Manifestación da hostalaría de Ferrolterra polas rúas de Ferrol (HAF)
ECONOMÍA

A resolución da xustiza vasca reforza as accións futuras do sector da hostalaría

A hostalaría galega continúa coas mobilizacións por todo o país. Hoxe manifestouse polas rúas de Muros e Ferrol para exixir solucións inmediatas á súa situación. A resolución do TSXE coincide coas súas reivindicacións de que son espazos seguros e non fonte de contaxios nesta pandemia da Covid-19. 
Escena Galega levou a cabo a campaña A cultura é segura. (Foto: Escena Galega)
CULTURA

A profesión teatral exixe medidas para compensar o fechamento dos teatros

Galiza é o único territorio do Estado español onde os teatros permanecen fechados
EuropaPress_3522665_tranvia_lisboa
INTERNACIONAL

Portugal íllase para conter a repunta da Covid-19

Do domingo 31 de xaneiro ao 14 de febreiro, Portugal fechará a fronteira terrestre coa Galiza e co Estado español e limitará as saídas por mar e aire cara a outros países.

Imaxe aérea da central das Pontes. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

Endesa fechará a central das Pontes após certificar que non é viábel o uso de biocombustíbeis

A compañía afirma que as probas que fixo na factoría non van permitir alongar a vida útil da instalación. Alude a cuestións tanto ambientais como técnicas e económicas.
Imaxe de arquivo dunha zona de ocio nocturno en Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
ECONOMÍA

O ocio nocturno protestará en Compostela pola súa situación “límite”

O empresariado sostén que as axudas do SEPE non chegan e que as que fornece a Xunta da Galiza son "insuficientes" para manter os locais. Por exemplo, lamentan que a liña de subvencións ao alugueiro dos locais ofrecera oportunidades moi reducidas.
EuropaPress_3510003_asamblea_trabajadores_siemens_gamesa_as_somozas_puerta_fabrica
A Xunta lamenta esta circunstancia

Siemens Gamesa fecha a súa planta das Somozas

Un total de 241 traballadores e traballadoras da planta das Somozas vanse ver afectados por esta medida de Siemens.
Ambiente de Nadal en Ourense. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

A Xunta limita a mobilidade excepcional só ao propio Día de Reis

O comité clínico recomendou á Consellaría de Sanidade que incremente o control da evolución en municipios das comarcas de Compostela e A Coruña. De maneira xeral só perden os fechamentos perimetrais dous concellos.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Sanidade di traballar para que se poidan cruzar perímetros en Nadal no territorio galego

A decisión sairá da reunión do comité clínico que ten lugar a segunda feira. Aliás, o Sergas asegura que iniciará a vacinación "ao día seguinte" de recibir as doses.