O anuncio de Sentury dunha nova factoría en Tanxer deixa no ar o futuro das Pontes
Os Gobernos galego e español seguen sen comprometerse a intervir Alcoa
Iglesias critica o PP na Moncloa por "ter sido unha fábrica de independentistas"
Pablo Iglesias defende cinco propostas para "un novo pacto" e presenta Podemos como "a única forza" con capacidade para "garantir" que "a maioría dos cataláns" queiran "ficar en España".
A fábrica chinesa de Daxiong no concello de As Pontes despide a todos os seus operarios
O director xeral do Igape, Javier Aguilera, inaugurou as instalacións no polígono de Penapurreira o 12 de xuño
Nunha Fábrica: Ilustracións en papel Kraft
A Fábrica do trece traballa dende diferentes ángulos co mundo da arte, e xa dende que abriu as súas portas o pasado Xuño fai tamén de galería.
Megasa propón un despedimento colectivo na súa fábrica de Narón
A siderúrxica conta na vila cun cadro de persoal de 170 persoas.
''Por moitos lavados de imaxe que Ence faga, todas podemos sentir o cheiro da fábrica''
A Plataforma-2018 fixou para o 23 de novembro un protesto en Pontevedra [Praza da Ferraría, 19.30h] contra a ''decisión caciquil'' de manter a pasteira en Lourizán tres anos máis. Conversamos coa voceira do colectivo, Antía Marinho.
''O peche en T-Solar foi a única maneira de manter os nosos traballos"
Manuel Conde, operario na planta de paneis fotovoltaicos ubicada no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, en Ourense, explica para Sermos Galiza o conflito laboral que desembocou nun encerro encetado o 2 de xullo e que aínda continua. Esta ocupación é, a día de hoxe, o exemplo de resistencia obreira máis vivo do noso País.
O persoal da Fábrica de Armas da Coruña envía a Feijóo as súas cartas de despedimento como forma de protesta
Traballadores da factoría, que xa foi pechada, manteñen un peche nas instalacións malia ter que enfrontarse diariamente aos gardas de seguridade colocados pola empresa.
Bota o fecho a Fábrica de Armas da Coruña, condenada desde que Aznar vendeu a empresa a General Dynamics
Co remate da última quenda de traballo, ás dúas e media, a Fábrica de Armas da Coruña botou o fecho despois de setenta e seis anos de existencia aínda que as mobilizacións contra esta decisión continuarán. Os 69 traballadores que non se acolleran a baixas incentivadas víronse na obriga de asinar as cartas de despedimento.
Centos mobilízanse contra o peche da fábrica de armas da Coruña
O desmantelamento da factoría deixaría 172 traballador@s na rúa. Reclaman que a Xunta medie no conflito e exixa perante o ministerio de Defensa "o mesmo trato" que deu ás factorías españolas que foron vendidas para evitar o peche
Os traballadores da Fábrica de Armas da Coruña tentan evitar o feche da factoría, previsto para o 30 de Abril
General Dynamics, a multinacional norteamericana á que o PP de Aznar vendeu Santa Bárbara, comunicou aos traballadores que a factoría da Coruña fechará o 30 de Abril. Os operarios resístense e tentan evitar a desaparición de máis un centro fabril na Galiza. Hoxe protagonizaron unha marcha pola cidade, após a cal encetaron un feche indefinido.