exposición

Antón Sobral adoita combinar a súa pintura coa poesía. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Antón Sobral: "Nalgunhas das miñas pinturas utilicei cores fortes e vibrantes que lembran moito o mar de ardora"

Antón Sobral inaugura 'Ardentías, xerfas e silencio'
'MARaVIÑAS'. Carbón, craión e lápis sobre papel.
star
CULTURA

Quintana Martelo: presentación e representación

A exposición 'Arredor do debuxo' presenta no Museo do Gravado de Ribeira, até o 31 de agosto, unha completa panorámica da relación de Manuel Quintana Martelo co debuxo, e ofrece as claves para comprender a singularidade da súa obra, que xorde da reflexión sobre o papel da figuración na arte contemporánea. 
 
Obra de Xabier Correa Corredoira exposta no pazo de Sabadelle, en Chantada (Foto: Carmen Pérez).
star
MEMORIA E HISTORIA

Prisciliano volve á vida no chantadés Pazo de Sabadelle

Naceu no ano 340 e foi executado aos 45 anos de idade na cidade de Tréveris (na actual Alemaña) acusado de "danzas nocturnas, rituais máxicos e práctica de astroloxía cabalista", entre outras. Prisciliano da Gallaecia converteuse así no primeiro 'herexe' do catolicismo, torturado e decapitado polos seus 'delitos' deixando unha pegada que perdura aínda até a actualidade.
'Carromatos', 1926-1930. Técnica mixta sobre papel. Colección particular, Vigo.
star
CULTURA

Laxeiro, retrato do artista adolescente

Por primeira vez, a Fundación Laxeiro de Vigo expón sete obras datadas a finais dos anos vinte e principios dos trinta, que mostran a mirada dun Laxeiro adolescente decidido a ser artista. Estas obras ilustran como un Laxeiro aínda mozo aprendía a pintar e a debuxar a partir do seu territorio visual máis inmediato. 
 
Instalación 'Flor e acanto', e Almudena Fernández Fariña, no recibidor do CGAC (Foto: Manu Suárez).
star
Análise

O oco baleiro que fica entre as palabras

Álex Mene é escritor e catedrático de instituto.
Fotografía tomada en Betanzos por Muller.
CULTURA

O retrato da clase traballadora galega de Nicolás Muller

Na Cidade da Cultura, en Compostela, pode verse, até o 5 de novembro, a exposición Nicolás Muller. Vento Norte, que presenta 131 imaxes dun dos fotógrafos húngaros que deron vida á fotografía social a partir do período de entreguerras. As obras inclúen varias instantáneas tomadas na Galiza na década de 1960, que permiten reconstruír a vida da clase traballadora naquela altura.
CEDIDA ED ALVARELLOS - Lorca na Quintana o 24 de agosto de 1932
CULTURA

Federico García Lorca volve a Compostela

O Consorcio de Santiago inaugura a exposición 'Lorca en Compostela', que reúne na Casa do Cabido máis de oitenta documentos e pezas, algún deles nunca exhibidos. Será a primeira vez que se mostren conxuntamente ao público elementos que revelan a fondísima relación do poeta andaluz coa capital, a lingua e a cultura galega.
Unha vista da exposición no Museo de Pontevedra.
star
Premios Novos Valores

Artistas novas para as ideas do futuro

As obras premiadas e finalistas no certame Novos Valores que convoca a Deputación de Pontevedra poden verse agora nunha exposición, no Museo Provincial, que permite albiscar a forma de interpretar o mundo dunha nova xeración de creadoras que se moven entre o relato do propio mundo e a creación de ficcións que o expliquen, entre a expresión de preocupacións persoais e a reflexión sobre as cuestións máis apremantes para a sociedade.
Unha vista da exposición de Almudena Fernánde Fariña no CGAC.
star
CULTURA

O ornamento como arma política na pintura de Almudena Fernández

Unha exposición cunha tese audaz: o ornamento é político. 'Pisando charcos', unha mostra que revisa a traxectoria de Almudena Fernández Fariña, pode verse até o 10 de setembro no Centro Galego de Arte Contemporánea, e descobre unha artista cuxa versatilidade estilística non oculta unha profunda coherencia na súa procura estética. 
 
Vista da exposición no edificio do CGAC. (Foto: Mark Ritchie)
CULTURA

Dupla exposición para celebrar o trixésimo aniversario do CGAC

Baixo o título ‘Traballo en equipo’, esta dupla proposta expositiva conmemora e celebra a traxectoria do CGAC como centro museístico e o seu labor á fronte da colección pública de arte contemporánea de referencia na Galiza.

Expresionismo e cubismo poden apreciarse na obra de Úbeda. (Foto: Museo de Pontevedra)
star
CULTURA

Rafael Úbeda une música e pintura en Pontevedra

Unha mostra exhibe os seus últimos traballos.
Dúas obras de Colmeiro que se poden ver na exposición da Fundación Granell.
star
CULTURA

O encontro de Colmeiro e o surrealismo

A exposición 'Conexións surrealistas. Colmeiro, Granell e o Surrealismo no exilio' inaugurouse esta quinta feira na Fundación Granell de Santiago de Compostela, mostrando algunhas das influencias que se entrecruzaron entre artistas europeos e americanos tras o golpe de Estado franquista e a toma de Francia polos nazis, concretadas nos casos de Colmeiro e Granell.
'Everybody knows' (2018), de Asghar Farhadi.
CULTURA

O CGAC inaugura unha mostra da obra do iraniano Asghar Farhadi

Reúne varias series fotográficas a grande escala nas que a paisaxe é o fío condutor.

Unha vista da exposición. (Foto: Arxina)
star
CULTURA

A Galiza de hai un século recreada en Compostela

Esta cuarta feira inaugurouse na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela a mostra 'Fragmentos de onte', que exhibe, a carón das fotos tomadas por Ruth Matilda Anderson na Galiza, recreacións da indumentaria tradicional que permiten recuperar para a memoria o país que a fotógrafa americana atopu hai agora cen anos.
O fotógrafo holandés Ton Van Vliet, onte, a carón das  fotografías súas realizadas en Agolada na década dos 70.
star
CULTURA

Miradas desde fóra que axudan a construír a identidade galega

Unha exposición en Compostela, comisariada por Antón Reixa e Xosé Luís Canido, investiga a pegada deixada pola Galiza na obra de 50 autores universais como García Lorca, John Berger, Stephan Zweig, Miles Davis, David Chipperfield ou Sebastiao Salgado.
Un espectador contempla as obras expostas en Pontevedra.
star
CULTURA

A banda deseñada entra na Universidade

A sala Manuel Moldes da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, en Pontevedra, acolle até o vindeiro 29 de xuño a exposición '9 narrativas gráficas e unha animación desesperada' comisariada por Kiko da Silva, mostra o traballo, no eido da banda deseñada, de antigos alumnos e alumnas do centro.
Imaxes compartidas na conta de Instagram de @streetviewcompostela
CULTURA

StreetviewCompostela explora a imaxe da Galiza en Google

O espazo Solaina de Lugo exhibe o proxecto @streetviewCompostela.
'O Mercado', de Carmen Domínguez.
CULTURA

O Museo de Pontevedra mostra a obra de Carmen Domínguez

O Museo abre a exposición ‘Carmen Domínguez. Cor, sempre cor’, que xunta obras realizadas pola artista pontevedresa desde 198o ata principios da década pasada.
Exposición de Adega sobre especies invasoras nun instituto de Xinzo de Limia (Foto: Adega).
SOCIAL

Adega alerta da problemática das especias exóticas invasoras a través do 'Proxecto Fluviatilis'

Durante o mes de maio, Adega realizará dúas novas instalacións da exposición sobre especies exóticas invasoras 'Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza', que irán acompañadas de visitas guiadas.
Autorretrato de Colmeiro que se pode ver na mostra.
star
CULTURA

Ribeira recupera un descoñecido Colmeiro gravador

Baixo o título Colmeiro. Punta seca, o Museo do Gravado de Artes, de Ribeira, abría este 21 de abril unha exposición na que recupera o pouco coñecido traballo do pintor Manuel Colmeiro como gravador, nunha mostra que exhibe, baixo a forma do neoclasicismo, a preocupación humanista do artista durante á década de 194o.