eucalipto

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o novo conselleiro de Emprego, José González (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

A Xunta reduce a 28% a área de eucalipto ao non contar as plantacións mixtas

O Ministerio cifra en 51% a superficie arborada de Eucalyptus sp. na Galiza
Repoboación de eucalipto no Cádavo, Baleira, na comarca da Fonsagrada, en abril de 2021 (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
Análise

As supostas rendas do eucalipto

María do Carme García-Negro é doutora en Economía.
Ortofotos das parroquias de Santa María de Maroxo e San Pedro de Vilantime, en Arzúa, con 30 anos de diferenza. (Foto: Nós Diario)
star
Análise

Sete verdes contra o Pantone Green Desert

Plantación de eucaliptos na Serra do Xistral (Foto: Adega).
SOCIAL

Denuncian plantacións ilegais de eucalipto na Serra do Xistral

“Nesta visita puidemos constatar in situ a amplitude desproporcionada das recentes plantacións ilegais de eucaliptos nunha zona que aglutina grandes valores ambientais e paisaxísticos e que estivo incluída nas propostas de ampliación da Rede Natura 2000", indican desde Adega.
A superficie arborada na Galiza é de 49%, segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco). (Foto: Nós Diario)
star
Día da Terra

51% da superficie arborada da Galiza corresponde con plantacións de eucalipto

Este sábado, Día Internacional da Terra, os rexistros oficiais indican que o país fica lonxe dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel da ONU. Neste contexto, Eólica Así Non rodeará na mañá do domingo San Caetano contra o "boom eólico". A mobilización chega após a nova vitoria do ecoloxismo na Xustiza, que vén de anular o eólico de Oribio.
Instalacións da pasteira lusa Navigator.
SOCIAL

A industria pasteira de Portugal incrementou en 170% as súas plantacións de eucalipto na Galiza

A industria pasteira portuguesa ten na Galiza unha das súas fornecedoras de eucalipto para fabricar pasta de papel. Unha materia prima que a industria portuguesa xa non só obtén mediante operacións de compra, pois foi arrendando terreos na Galiza onde cultiva esta especie. O destino é algún dos centros de produción ao sur do Miño, como Figueira da Foz e Setúbal. En só tres anos, esa superficie aumentou en 170%.
A biomasa fabricada a partir de eucalipto é unha materia empregada para a xeración de biogás. (Foto: Xunta da Galiza)
POLÍTICA

A Xunta di agora que "nunca favoreceu" plantar eucaliptos

A especie ocupa 42% do monte, asegura o PSOE
Eucaliptización masiva do val do rego da Gafa (Abegondo). A diversidade de aves diminuíu na zona. (Foto: C. D. Romay Cousido)
SOCIAL

Os espazos protexidos non amparan as aves galegas

Estudos publicados recentemente evidencian que a Rede Galega de Espazos Protexidos (RGEP) e a xestión ambiental que se realiza dela non son suficientes para garantir a conservación das especies de aves ameazadas da Galiza. 
Fragas do Eume. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Ecoloxistas ven "irrisorio" o diñeiro para as Fragas do Eume

"Nos últimos anos a propia Administración galega permitiu que este espazo dexenerase polas plantacións de eucaliptos e a expansión de especies invasoras", lamenta Verdegaia.
Superficie ocupada polas plantacións de eucaliptos nos países europeos (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A superficie ocupada polo eucalipto na Galiza representa 31,7% de toda Europa

A superficie ocupada polo eucalipto na Galiza achégase ás 500.000 hectáreas. Segundo os datos recollidos no último Inventario Forestal de Especies Produtivas do Goberno estatal, 350.000 hectáreas están ocupadas polo eucalipto en réxime de monocultivo. Calcúlase que a especie atinxe xa o 30% da superficie forestal galega.
Arriba á esquerda, muíños de vento en Muras.
star
SOCIAL

A morte do bosque atlántico galego

Os monocultivos de eucaliptos e novos proxectos de enerxías renovables minguan a biodiversidade da nosa terra.
As plantacións de eucaliptos en fincas e grandes extensións de terreo aumentaron, segundo o Sindicato Labrego Galego. (Foto: Ence)
SOCIAL

Canto ocupan as plantacións ilegais de eucaliptos na Galiza?

30% da superficie forestal galega está ocupada pola árbore australiana.
O incendio de Moaña obrigou a decretar a alerta por proximidade ás vivendas. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
SOCIAL

O "exceso de combustíbel" no monte pola abundancia de eucaliptos e piñeiros, "caldo de cultivo" do incendio de Moaña

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo advirte que o monocultivo de especies pirófilas, xunto á falta de silvicultura e de roza das faixas de defensa contra o fogo, propiciou o avance das chamas.
O Pedregal de Irimia, nacente do Miño, rodeado de eucaliptais. (Imaxe: Adega)
SOCIAL

Ten relación a proliferación de eucaliptos coa seca?

Adega vén de dirixirse a Augas da Galiza e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil co fin de que estuden a incidencia da proliferación e monocultivo de eucalipto na situación de seca que atravesa o país.

Francisco Díaz-Fierros é membro do Consello da Cultura Galega. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Francisco Díaz-Fierros: "As políticas curtopracistas non serven para o monte"

O catedrático emérito da USC Francisco Díaz-Fierros (Vilagarcía, 1941) ten coordinado múltiples volumes sobre as causas e consecuencias dos incendios forestais na Galiza, o máis recente, 'Unha nova xeración de lumes? Actas do coloquio galaico-portugués sobre incendios forestais', editado polo Consello da Cultura Galega en 2021 coa participación de persoas expertas da Galiza e Portugal.
A biomasa fabricada a partir de eucalipto é unha materia empregada para a xeración de biogás. (Foto: Xunta da Galiza)
ECONOMÍA

Ence crea a súa filial de biogás, combustíbel xerado con eucalipto

O Boletín Oficial do Estado (BOE) vén de recoller a inscrición de Ence Biogás, unha nova filial de Ence coa finalidade de se especializar na produción deste recurso enerxético que ten no eucalipto unha das súas principais fontes de xeración. Precisamente, nesa mesma xornada, Feixoo apostou polo investimento público na promoción da industria forestal de biomasa.
Un brigadista camiña diante dunha vivenda calcinada en Folgoso do Courel. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Os soutos pararon o lume en moitos núcleos do Courel

A opinión é unánime no Courel. As persoas do concello consultadas por 'Nós Diario' non dubidan en sinalar que a veciñanza e os soutos resultaron decisivos para combater os incendios. Neste sentido, significan que os bosques de castiñeiro actuaron como cortalumes na maioría dos lugares.
As plantacións ilegais de eucalipto provocaron centos de expedientes sancionadores ao longo destes meses. (Foto: The Navigator)
SOCIAL

Duplícanse as sancións por plantacións ilegais desde a moratoria ao eucalipto

Por volta de 900 multas impostas nos 10 meses seguintes ao veto.
Instalacións da pasteira lusa Navigator.
SOCIAL

A industria portuguesa do eucalipto sitúa na Galiza tres plataformas loxísticas

Dispón xa de 32 unidades de xestión por diferentes comarcas galegas.
Celulosa 22
SOCIAL

2.000 persoas maniféstanse en Pontevedra contra a celulosa de Ence

A choiva non puido coa manifestación convocada pola Asociación pola defensa da ría de Pontevedra contra a pasteira de Lourizán. Máis de 2.000 persoas, marcharon desde Pontevedra e Marín até a fábrica de Ence, para reclamar a clausura da factoría e demandar a recuperación para a cidade do espazo que hoxe ocupa.