estatuto

Alberto Núñez Feixoo no acto de homenaxe a Xela Arias en Vigo (Foto: Xunta da Galiza)
POLÍTICA

Feixoo enxalza os últimos 40 anos para o galego

O 40 aniversario do Estatuto de Autonomía centrou o discurso do presidente galego no acto institucional polo 17 de maio. Catro décadas que cualificou dun "novo rexurdimento" catalizado polo idioma, sen mencionar os últimos informes que amosan que a porcentaxe de galegofalantes foise reducindo nese mesmo período.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, xunto co vicepresidente, Alfonso Rueda, no Parlamento galego (Foto: Arxina)
POLÍTICA

O PP rexeita solicitar novas competencias para Galiza

A Xunta considera que antes de pedir novas competencias para Galiza, é preciso que o Estado financie aquelas coas que xa se conta. Pospoñen así o avance do autogoberno galego, logo de que durante os 12 anos dos Executivos de Núñez Feixoo non se lograse ningunha nova transferencia.

Un intre da xornada de onte no Parlamento de Galiza. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
POLÍTICA

A Presidencia do Parlamento exclúe 'Nós Diario' dunha mesa de medios sobre o Estatuto

Na mesa redonda Contribución da prensa galega á consolidación da Autonomía. Análise e perspectivas, organizada pola Presidencia do Parlamento, foi excluído Nos Diario
Ana Pontón, duranre a reunión do Consello Nacional.
POLÍTICA

O BNG pide negociar co Estado a culminación de todas as transferencias pendentes

A formación nacionalista pide acabar co “triste balance” de doce anos con cero novas competencias

 

Núñez Feixoo, Ana Pontón e Gonzalo Caballero
star
POLÍTICA

Debate aberto arredor da reforma do Estatuto

O 6 de abril de 1981, o rei Juan Carlos I sancionaba a lei orgánica pola que se aprobaba o Estatuto galego. Condicionado polo papel reservado á Galiza nos deseños dos aparatos estatais e pola vaga centralizadora iniciada após as eleccións de marzo de 1979, o texto ficou a medio camiño entre a proposta da Asemblea de Parlamentarios da Galiza e a alternativa da Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados. A norma, afastada do marco competencial do proxecto da Comisión dos 16 e das aspiracións das forzas nacionalistas, continúa a ser hoxe un elemento para o debate entre as formacións políticas galegas. 
O portavoz do PP no Parlamento galego, Pedro Puy (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O PP descarta reformar o Estatuto de Autonomía

A pesar de que ao longo dos seus 12 anos na Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo non lograse nin unha soa nova transferencia de competencias para a Galiza, o PP considera agora que moitos dos problemas que se achacan ao actual Estatuto de Autonomía poden solucionarse conseguindo novas competencias. Así xustifican a súa negativa a reformar a carta estatutaria.  

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
POLÍTICA

“Era unha obriga inescusábel”: o Parlamento entrega a súa medalla á Xeración das Irmandades

O titular do Lexislativo galego, Miguel Santalices, afirma que a actual autonomía da Galiza actual é consecuencia da “semente galeguista espallada por moitos”.

Os ex presidentes Fernando González Laxe (á esquerda) e Emilio Pérez Touriño (á dereita), co secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero (Álvaro Ballesteros / Europa Press)
POLÍTICA

O PSdeG celebra os 40 anos do Estatuto de Autonomía: “Se existe é grazas a nós”

O Partido Socialista celebrou os 40 anos da aprobación do Estatuto de Autonomía da Galiza reivindicando o seu papel na aprobación deste texto que, en palabras de Gonzalo Caballero, "deu lugar aos mellores anos" de democracia.
Os socialistas galegos Fernando González Laxe, Gonzalo Caballero e Emilio Pérez Touriño
POLÍTICA

O PSdeG celebra este sábado os 40 anos do Estatuto de Autonomía cun acto con Laxe e Touriño

No acto tamén participarán José Vázquez Fouz, representante do PSdeG na chamada Comisión dúas 16, a que redactou o texto estatutario; así como Margariña Valderrama, membro da executiva do PSDEG naquelas datas.

O Estatuto ausente

xan carballa estatuto
star
Reportaxes

Estatuto da Galiza: a 40 anos do comezo dunha aldraxe

O 22 de novembro de 1979, a Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados daba luz verde ao proxecto de Estatuto da Galiza. O texto, aprobado en exclusiva cos votos dos representantes da Unión de Centro Democrático (UCD), mereceu a contestación dunha parte da sociedade galega, desconforme co tratamento ofrecido ao país, introducindo a idea da aldraxe. Corenta anos após aqueles feitos, repasamos a súa significación.

electrointensiva
ECONOMÍA

CIG presenta alegacións ao estatuto electrointensivo

Aposta en sentar as bases dunha tarifa industrial estábel e predicíbel.

Divinas Palabras, produción de CDG
CULTURA

O novo estatuto de Agadic, insuficiente

O novo estatuto de Agadic levanta a inquietude e o descontento dos profesionais das artes escénicas galegas, que presentan desde diferentes asociacións sectoriais alegacións ao texto. Para alén de denunciar o desmantelamento dos Centros Dramático e Coreográfico, reclaman a creación dun novo marco lexislativo para estas institucións en diálogo co sector.
Pleno do Parlamento vasco (cedida)
Euskal Herria

Euskadi debate sobre un novo Estatuto e o dereito a decidir

A Cámara vasca debaterá o borrador do novo Estatuto redactado por un grupo de persoas expertas por encomenda do propio Parlamento. EH Bildu entregará un documento propio.

Novo Estatuto: Nunca Máis?

Autoestrada
Espimos os programas electorais

Transferencias e autogoberno a debate cun PP en cruzada pola recentralización

Após dez anos de goberno de Alberto Núñez Feixoo, Galiza non obtivo ningunha transferencia de competencias nin de infraestruturas. Co logro acadado polo nacionalismo vasco ao facerse coa súa autoestrada negociando na Comisión permanente do Congreso, Feixoo amosouse disposto a reclamar competencias. Mais ao día seguinte mudou de criterio debido ao anuncio de Casado a prol da recentralización. Coñezamos que opinan as demais forzas políticas en materia de competencias a través dos seus programas electorais.

Juntos, café para dos, fumando un cigarrillo a medias

1936 ksado estatuto
O Sermos302 debrúzase sobre o 82 aniversario dun acontecimento histórico

O Estatuto do 36: unha vitoria que chegou tarde

Ausente na memoria da grande maioría das galegas, obxecto de apaixonados debates nos círculos académicos e materia de interpretacións interesadas no ámbito político, queremos aproveitar o 82 aniversario do Estatuto de 1936 para facer a crónica dun proxecto que, en palabras de Castelao, non recollía as aspiracións do nacionalismo mais representaba un punto de partida para conseguilas.

Parlamento da Galiza
POLÍTICA

Estatuto: Un país que non pode agardar máis

A Galiza de 2018 non é a de 1981, como tampouco o é o Estado español, Europa ou o mundo. Mais no país continúa a rexir o estatuto aprobado naquela altura e a maioría do PP aposta en afogar calquer mínimo debate sobre a necesidade de reforma estatutaria ou de se dotar dun novo marco. Desde a oposición, porén, apostan en iniciar o camiño cara a un maior autogoberno. Eis un extracto da peza publicada no Sermos Galiza 301.

Núñez Feijóo, nunha imaxe do discurso difundida pola Xunta de Galiza
Discurso de fin de ano do Presidente da Xunta de Galiza

Feijóo di que o independentismo (catalán) "atentou contra o noso Estatuto de Autonomía"

"Existe un modelo galego de convivencia que adopta diferentes formas, pero que sempre se fundamenta na cohesión. Ese modelo permítenos hoxe figurar entre as comunidades que saen da crise sen roturas e sen divisións", dixo Alberto Núñez Feijóo no discurso de fin de ano do Presidente da Xunta de Galiza, emitido este mediodía pola TVG e gravado na sala do Museo do Mar que acolle o Pergamiño Vindel, en Vigo.