star
INTERNACIONAL
As forzas progresistas fanse coa vitoria no Ecuador e Guatemala
21/ago./23
As forzas progresistas avanzan en América Latina, e contarán cun novo mandatario se o guatemalteco Bernardo Arévalo logra ser investido após recibir a maioría do voto popular. No Ecuador, haberá segunda volta das presidenciais coa correísta Luisa González á cabeza e a Revolución Cidadá como principal forza no lexislativo.
INTERNACIONAL
A Xustiza británica frea o envío de solicitantes de asilo a Ruanda
29/xuño/23
Sunak apelará a decisión no Tribunal Supremo, despois de que a anulación desta política cuestione o seu plan migratorio.
Portavoz nacional de Anova
Martiño Noriega: "Reactivar un espazo como Anova debe ser visto como positivo"
29/set./22
Martiño Noriega (A Coruña, 1975) anunciaba esta fin de semana a volta á primeira liña da trincheira política como portavoz nacional de Anova. Case tres anos afastado da primeira plana que lle serviron, afirma, para "resetear" e coller "certa distancia san" mais nunca, aclara, para "desconectar" da realidade diaria do país.
Entrevista
Teresa Rodríguez: "O centralismo é unha lacra para os pobos do Estado"
17/maio/22
Adiante Andalucía concorre ás eleccións andaluzas de 19 de xuño como unha coalición de esquerda sen dependencia de forzas estatais. Nós Diario conversa con Teresa Rodríguez, líder e candidata desta formación, sobre as posicións políticas que defende e a súa aspiración de consolidar un espazo político andalucista.
INTERNACIONAL
A esquerda anticapitalista gaña as municipais en Copenhague
17/nov./21
Alianza Verde e Vermella foi a forza máis votada na capital dinamarquesa. Por primeira vez en 110 anos, a candidatura socialdemócrata foi derrotada nunhas municipais nesta cidade.
INTERNACIONAL
A fenda da desigualdade medra no Xapón e a dereita chama a refundar o capitalismo
10/set./21
O país asiático vota este outono. O Partido Liberal Democrático leva gobernando case sen interrupción no Xapón desde 1955. Neste tempo o país viviu un crecemento económico que o levou a ser unha das maiores economías do mundo. Porén, as políticas antes exitosas para todos agora sono cada vez máis só para uns poucos. Os menos, os que xa máis tiñan.
MEMORIA E HISTORIA
Dúas cartas e un mitin: a fin da ORGA
31/xul./21
A derrota electoral nas eleccións de decembro de 1933 levou a unha recomposición das forzas de esquerda na Galiza. O fracaso fixera explícitas as debilidades do republicanismo galego e as súas contradicións, tanto no que atinxía á cuestión social como a cuestión nacional. Ao cabo, a fráxil unidade cimentada no Pacto de Lestrove, comezara xa a se debilitar desde os primeiros tempos republicanos.