entrevista

José Ramón Gómez Besteiro, candidato do PSdeG. (Foto: Europa Press)
18-F | Entrevista

Besteiro, de perto: amante da cociña e da paisaxe galega

O candidato do PSdeG máis cercano fala con 'Nós Diario' dos seus gustos persoais.
Mercedes V. Saavedra diante dun cadro do seu tío Avari. (Foto: Xan Carballa)
star
Entrevistas

Mercedes V. Saavedra. Arquiveira da máscara

Coñece todo canto recanto galego, portugués e ibérico en xeral, no que a máscara tradicional se mantén viva e segue organizando a xente ao seu redor. Muller de múltiples ocupacións ao longo da vida, Mercedes Vázquez Saavedra (Sarria, 1949), non só é unha fotógrafa documentalista exhaustiva, tamén recolle cunha paixón que xa chega ás catro décadas, textos e historias que lle contan arredor da máscara e ofréceas ao coñecemento público con xenerosidade.
As músicas, Iria San Marcial e Alba Ermida. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Crúas: "Facemos música directa que vai ao corazón, limpa e en esencia, sen tanta electrónica"

Alba Ermida (Poio, 1990), cantante e clarinetista, integra Crúas xunto coa pianista Iria San Marcial. Este dúo nace co obxectivo de pórlle música á palabras de poetas galegas como Rosalía, Xela Arias, Olga Novo, Darío Xohán Cabana ou Luz Pozo Garza.
Armando Oxea, candidato de Democracia Ourensá (DO) á presidencia da Xunta da Galiza. (Foto: Nós Diario).
18-F | Entrevista

Armando Oxea (DO): "Confiamos en sacar dous ou tres deputados; catro, cun golpe de sorte"

Armando Oxea Bouzo (Vilar de Barrio, A Limia, 1962), unha das persoas da máxima confianza do alcalde de Ourense e líder da formación pola que concorre ás eleccións ao Parlamento galego do 18 de febreiro, é concelleiro na cidade das Burgas desde 2015 e, entre 2019 e 2020, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, froito dun pacto co PP que incluía que DO non se presentase aos comicios galegos daquel ano pero que de cara a esta nova cita non se reeditou. Oxea, en conversa con 'Nós Diario', insiste en que a súa formación terá a chave do novo Goberno da Xunta: "Pactaremos con aquel partido ou partidos que nos garantan o máximo investimento na nosa cidade e na nosa provincia".
Marta Lois, candidata de Sumar á Presidencia da Xunta da Galiza. (Foto: Nós Diario)
18-F | Entrevista

Marta Lois (Sumar): "Non hai fragmentación que favoreza o PP, senón ampliación de voto progresista que os vai deixar fóra"

Marta Irene Lois González (Vigo, 1969) foi designada candidata de Sumar Galicia á Presidencia da Xunta após exercer desde agosto pasado de portavoz do grupo parlamentario no Congreso desta formación que lidera a vicepresidenta do Goberno estatal Yolanda Díaz. Da man de Sumar aspira non só a obter representación no Pazo do Hórreo, senón tamén a entrar nun hipotético goberno 'a tres bandas' con BNG e PSdeG, tal e como apunta a 'Nós Diario'. Lois foi concelleira en Santiago entre 2015 e 2023, e no primeiro mandato, da man do daquela alcalde Martiño Noriega e en representación de Compostela Aberta, foi a responsábel das áreas de Igualdade e Turismo.
A asesora técnica do Mupega, Laura Rodríguez. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Laura Rodríguez (Mupega): "O xogo estivo presente no ámbito escolar e ten unha función destacada na aprendizaxe"

Laura Rodríguez (A Coruña, 1985) exerce como asesora técnica no Museo Pedagóxico da Galiza (Mupega), onde organizan diversos obradoiros de temática mensual co obxectivo de achegar a tradición ás crianzas.
As autoras de 'Idol!', Alba Chan e Ene, alumnas do Curso Profesional de BD do Garaxe Hermético. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Alba Chan e Ene: "Tentamos retroceder e ver que pasaba nas nosas vidas con 12 anos, polo menos para o guión"

Alba Chan e Ene son as autoras de Idol!, a obra galardoada co V Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético —a escola profesional de BD e ilustración en Pontevedra fundada por Kiko da Silva e que será publicada por Xerais na próxima primavera. As autoras abordan cuestións como a ansiedade ou a industria do K-pop e os prexuízos cara a esta.
O mandatario posa para 'Nós Diario' no frontón da Coruña. (Foto: Nós Diario).
Entrevista

José Ignacio García, presidente da Federación Galega de Pelota: "A pelota é unha auténtica cura de saúde mental"

Madrileño de nacemento e galego de adopción, José Ignacio García Castro (1971) dirixe desde o ano 2018 a Federación Galega de Pelota, un deporte minoritario con 256 persoas federadas no que o peso da actividade recae na cidade da Coruña por atoparse alí o único frontón homologado que existe en todo o territorio.
Xabier Ron é doutor en Filoloxía Románica e profesor da USC. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Xabier Ron, doutor en Filoloxía Románica: "Intentábase que os demais trobadores nunca soubesen a quen dirixían súas cantigas"

Xabier Ron (Lyon, Francia, 1969) vén de publicar A oralidade na ficción amorosa dos trobadores galego-portugueses ou como salvar o itinerarium ad dominam (ArGaMed), un estudo no que analiza as estratexias de comunicación codificada utilizada nas cantigas.
 
Xiralúa naceu en 2015 da man de Sofía Iglesias e Fernando Varela. (Foto: Lía Ferreira Jiménez)
CONTRACULTURA

Sofía Iglesias e Fernando López, de Xiralúa: “Fixámonos moito no patrimonio galego para levalo coa ilustración a obxectos de uso cotián”

Sofía Iglesias é xunto a Fernando López a fundadora de Xiralúa, unha empresa dedicada ao deseño gráfico con mirada de país. Unha das súas creacións, en homenaxe aos Entroidos da Galiza, ilustrará a capa do especial Sermos Galiza que este sábado acompañará Nós Diario
Elvira Fidalgo é catedrática de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Elvira Fidalgo: "As 'Cantigas de Santa María' contan sucesos que lle ocorren á xente corrente da Idade Media"

Elvira Fidalgo (San Pedro de Flariz, Monterrei, 1962) vén de realizar a primeira tradución completa ao español das 'Cantigas de Santa María' de Afonso X así como a primeira adaptación ao galego actual co obxectivo de achegar as pezas ao público xeral. 
A poeta, creadora artística e performer Silvia Penas. (Foto: David Enseñat)
star
Entrevistas

Silvia Penas, poeta en alta voz

A poesía como intervención pública, como voz que se expande tamén combinada coa imaxe e a música nunha coidada posta en escena, é característica singular desde hai ben de anos da obra de Silvia Penas (Vigo, 1980). Aínda fresco o seu novo libro Retratos de vodas, partos e funerais (Galaxia), non baixa a súa presenza nos espectáculos cos grupos e colectivos cos que gosta de compartir proxectos, actualmente Cintaadhesiva e Límites, noutrora as Redes Escarlata.
Manuel Martín é médico de Atención Primaria (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Manuel Martín: "O obxectivo da Xunta é deixar a Atención Primaria sen pediatras"

SOS Sanidade Pública ten convocada para este domingo, 4 de febreiro, unha manifestación en Compostela en defensa do sistema galego de saúde. O voceiro da plataforma social, o médico Manuel Martín, explica a Nos Diario os obxectivos da mobilización e analiza a situación actual da sanidade.

A coruñesa Rebeca Varela é ilustradora e deseñadora gráfica. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Rebeca Varela: "Represento a pluma como arma ou ferramenta para falar das cousas que pasan no mundo"

Rebeca Varela (A Coruña, 1984), coñecida como Perdivel, foi a encargada de realizar o cartel do Día da Ilustración deste ano, dedicado á figura de Xesús 'Chichi' Campos.
Jacobo Mouriño e Dani Valladares crearon Dioivo hai oito anos. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Dioivo: "Non se adoita pensar nun poema de Rosalía de Castro do século XIX e na música metal"

Jacobo Mouriño (Vigo, 1996)e Dani Valladares (Vigo, 1996), membros do grupo Dioivo, abordan o percorrido do seu último traballo discográfico, 'Cara os ceios incrementes', no que poñen música a varias pezas da literatura galega.
O cineasta redondelán Hugo Amoedo vive na actualidade en Bruxelas. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Hugo Amoedo: "O Super 8 foi utilizado como un material nostálxico, algo do que eu intento fuxir"

Hugo Amoedo (Redondela, comarca de Vigo, 1987) é o autor de 'Pechar caixas, abrir caixas', unha curta que xira arredor da súa propia vivencia afincado en Bruxelas, sen saber cando poderá regresar á Galiza, e da mudanza do escritor Xavier Queipo de volta á terra desde a capital belga.
Lucense de adopción, o seu foco está posto nos Xogos de París. (Foto: Europa Press).
Entrevista

Adi Iglesias: "O deporte paralímpico está profesionalizándose e cada ano será máis competitivo"

As deportistas paralímpicas adoitan quedar fóra dos reflectores da atención mediática, como denunciaba nestas mesmas páxinas recentemente o responsábel da Federación Galega de Deporte Adaptado. Non é o caso de Adi Iglesias (Bamaco, Malí, 1999), ouro e prata en Toquio 2020, que cada vez ten maior exposición.
O coruñés Noel Miguélez, coñecido como Noel Turbulencias. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Noel Turbulencias: "O último verán foi incríbel, bandas galegas que deberían ser emerxentes volvéronse masivas"

Noel Turbulencias (A Coruña, 1984) vén de iniciar un crowdfunding para lanzar o proxecto 'Galicia MusiCalidade: Unha terra feita de acordes', un libro ilustrado sobre a música contemporánea galega e as súas influencias anteriores.
Os fundadores de Souvenir, María de las Llanderas e David Alonso. (Foto: Souvenir)
Contracultura

Compañía teatral Souvenir: "'Non é unha canción' xurdiu a partir de encontros de exercicios de creación e improvisacións"

María de las Llanderas (Nigrán, comarca de Vigo, 1990) e David Alonso (Nigrán, 1993) fundaron a súa propia compañía teatral, Souvenir, coa que veñen de estrear a obra 'Non é unha canción', premiada no V Festival Pezas dun Teatro do Porvir Galiza + Portugal.
Brais Morán, cunha bola disco. (Foto: Roi Vázquez Morandeira)
star
Entrevistas

Brais Morán: "Quen non bailou coa música disco?"

Despois de case dúas décadas na música, o Brais Morán (Ourense, 1984) que liderou Loretta Martin consolida co seu novo disco 'Revolución chic' unha proposta con pouca presenza nas músicas en galego, reivindicativa da ledicia da música de bailar, con ritmos que identificamos instantaneamente cos anos 70, pasando polo matiz moderno e os referentes contemporáneos. Despois de 'Cruzando o eclipse' e 'No mato do desespero', este traballo volve contar coas coidadas letras que marcan o percorrido artístico deste músico que se reivindica da Costa da Morte. O 3 de febreiro preséntao en formato acústico na librería Moito Conto da Coruña e desde o 1 de marzo, na sala Garufa Club, arrinca a xira por todo o país.