entrevista

O editor Xabier Romero. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Xabier Romero: "Os poemas non foran editados porque ían contra o réxime franquista e a monarquía"

Xabier Romero (Vigo, 1965) é o editor de 'O Cabronario' (Luscofusco), un poemario inédito de Celso Emilio Ferreiro e prohibido durante a ditadura.
O ex capitán de navío da Armada española Manuel Ruiz (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Manuel Ruiz Robles, ex militar: "Galiza non será soberana se non cae a monarquía"

Manuel Ruiz Robles (Madrid, 1943) forma parte dun colectivo de ex militares que denunciou perante a Audiencia Nacional o intento de "golpismo" por parte de sectores como Tribunais de Xustiza, a Garda Civil ou incluso do Exército. Nós Diario publica unha conversa con este ex capitán de navío con motivo da aprobación da Lei de Amnistía.
Rocío Viéitez foto
Contracultura

Rocío Viéitez (tradutora): "Interesábame centrarme no pobo palestino e traer un libro que fala de resiliencia"

Rocío Viéitez (Campo Lameiro, comarca de Pontevedra, 1975) é a tradutora de O azul entre o ceo e a auga (Laiovento), obra da escritora Susan Abulhawa e que segue a historia dunha familia palestina a través de diversas xeracións de mulleres arredor da Faixa de Gaza.
O veterano competidor aínda está en activo no Joventut. (Foto: Nós Diario).
ENTREVISTA

Lorenzo Envó: "Sófrese máis no campo que nos despachos"

O nome do guineano Lorenzo Envó (Bioko Norte, Guinea Ecuatorial, 1978) está escrito con letras de ouro na historia do Amfiv de Vigo, onde practicou o baloncesto en cadeira durante case dúas décadas. Agora, e en calidade de presidente de Inclubasket Coruña, trata de achegar o deporte adaptado a todo o país.
Sergio Marey (Foto: Sergio Ro).
CULTURA

Sergio Marey: "Procurei artistas emerxentes que traballasen a partir de obras de pintoras expostas en Lugo"

Sergio Marey (Pol, comarca de Meira, 1997) comisaria a mostra 'As 7 e 7. Hora de falar', onde pon en diálogo as obras de artistas da colección do Museo Provincial de Lugo con outras artistas contemporáneas. A exposición estará aberta ao público até mediados de abril.
O hispanista e editor fundador da revista 'Journal of Medieval Iberian Studies', Simon R. Doubleday (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Simon R. Doubleday, profesor de Historia en Nova York: "Galiza e Portugal eran centrais no século XI e Castela, periférica"

Hispanista e editor fundador da revista 'Journal of Medieval Iberian Studies', Simon R. Doubleday é un prestixioso profesor na Hofstra University (Nova York) que ten enfocado parte das súas investigacións na importancia do reino galego alén e aquén da península Ibérica. Agora prologa o libro 'Os Reis e as Raíñas da Galiza: 1000 anos dun reino de seu', que edita Sermos Galiza S.A.
A escritora, xornalista e docente Montse Dopico (Foto: Alberto Fílmate).
Contracultura

Montse Dopico: "Grazas a 'Abonda con vivir' descubrín unha Villalta moito máis activista do que sabía que fora"

Montse Dopico (A Pontenova, A Mariña, 1977) é a autora de 'Abonda con vivir' (Xerais), unha análise literaria, sociolóxica e histórica arredor da figura de Luísa Villalta a través da memoria das persoas que a coñeceron.
Cesáreo Sánchez, presidente da AELG. (Foto: Eduardo Castro Bal)
CULTURA

Cesáreo Sánchez, presidente da AELG: "O libro en galego precisa mellorar a súa saúde"

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) convocou este sábado a súa Asemblea Xeral de Socias, unha xuntanza na que puxeron en valor o incremento da súa base asociativa e fixaron as liñas de traballo para este novo período que comeza. Nós Diario conversa co seu presidente, Cesáreo Sánchez, sobre os retos e proxectos da AELG para o ano 2024.

Berta Dávila. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Berta Dávila, escrita contra a ausencia

A ferida imaxinaria (Xerais) é a última novela de Berta Dávila, unha das raras escritoras que van creando un mundo propio sen facer demasiado ruído, mais afondando na súa escrita con profundidade e rigor. A relación entre ficción e realidade, os condicionantes que determinan a nosa visión do mundo e a busca dun consolo que nos redima fan parte dos temas dunha das súas obras máis complexas e conseguidas. 
Paulo Carril, secretario xeral da CIG (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Paulo Carril, secretario xeral da CIG: "A chamada transición enerxética na Galiza é unha auténtica demolición"

Este domingo, 10 de marzo, conmemórase o Día da Clase Obreira Galega. Con motivo desta sinalada data, 'Nós Diario' conversa co secretario xeral da CIG, Paulo Carril, sobre a vixencia das reivindicacións de 1972 e sobre os problemas actuais que sofre a clase traballadora galega.  
 
Nanina Santos Castroviejo é promotora da revista 'Andaina', que chega ao seu derradeiro número. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Nanina Santos, premio Mulleres de Compostela 2024: “Está moi ben que se recoñeza a loita feminista, que non naceu onte nin caeu do ceo"

Nanina Santos (Padrenda, Terra de Celanova, 1951) foi unha das impulsoras da Asociación Galega da Muller, creada en 1976, e da revista Andaina, fundada en 1983 e que agora chega ao seu derradeiro número. É unha das oito persoas recoñecidas no acto Mulleres de Compostela 2024, organizado antonte polo Concello da capital da Galiza.
A tradutora Raquel Senra. (Foto: Nós Diario)
Contracultura | 8-M

Raquel Senra: "Hai situacións moi normalizadas que nos deixan expostas no ensino, transporte ou discotecas"

Raquel Senra (Compostela, 1988) é a tradutora de 'Basta! Guía de autodefensa feminista para adolescentes (e máis...)', de María Kronsky e Marion Le Muzic; unha banda deseñada publicada pola editorial Hércules.
César Otero, de Pizzas do País, traballando co forno de leña portábel (Foto: Nós Diario).
Entrevista

César Otero (Pizzas do País): "Traballar con produtos da terra é máis sinxelo que cos de fóra"

César Otero, co seu negocio, Pizzas do País, aposta por nutrirse dos ingredientes que ten ao seu redor para elaborar o seu produto final.
Pepe Díaz
Entrevista

Xosé Díaz, economista: "Galiza ten que reivindicar un sistema de financiamento que corresponda á súa condición de nación"

O economista Xosé Díaz (Ferrol, 1944) vén de dar ao prelo o seu novo traballo sobre o impacto na Galiza do actual sistema de financiamento. O volume, publicado por Edicións Laiovento baixo o título de Autogoberno e sistema de financiamento. O papel da nación galega, recolle as análises dun dos máximos expertos na materia en relación coa succión do excedente xerado na Galiza, onde o sistema de financiamento xoga un papel chave.

María Solar é xornalista e escritora. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

María Solar: "Vivimos nunha sociedade que non admite o diferente nin acepta outras verdades"

María Solar (Santiago de Compostela, 1970) vén de publicar 'Adeline' (Xerais), novela finalista do premio Jules Verne da editorial e que trae a historia de Carmilla ao contexto galego actual.

Aos seus 23 anos o galego xa está na elite do voleibol estatal. (Foto: Textil Santanderina).
Entrevista

Unai Larrañaga: "O camiño aos Xogos dos Ánxeles será longo e duro"

De Dumbría (Finisterre) procede un dos maiores talentos galegos da actualidade no mundo do voleibol, Unai Larrañaga (2000), quen vén de levantar a Copa do Rei co Guaguas das Palmas de Gran Canaria, o conxunto máis poderoso do Estado, ao que sustenta co seu poderío desde a posición de líbero.
A mestra de secundaria e docente no Centro Galego de Arte Contemporánea, Paula Blanca Rodríguez. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Paula Blanca Rodríguez: "Atopei unha conexión entre a rebeldía evidente e a rebeldía solapada na pintura"

Blanca Paula Rodríguez (Compostela, 1973), licenciada en Dereito e Historia, é a autora do ensaio 'Catro exemplos da ‘arte dexenerada’ galega fóra da España saudábel', onde recolle as confluencias de Maruxa Mallo, Eugenio Granell, Luís Seoane e Manuel Colmeiro e que foi galardoado co Premio Manuel Murguía de Ensaio, outorgado pola Deputación da Coruña.
Oiane Sagasti.
Entrevista

Oiane Sagasti, directora de 'Xeración porno': "O porno é o manual do sexo para os adolescentes"

Oiane Sagasti (Bilbao, 1981) visita Galiza este sábado para participar nas XXI Xornadas das Mulleres que a CIG-Ensino e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega organizan con motivo do 8-M. A directora vasca, autora da docuserie 'Xeración porno', coproducida por Shine Iberia, ETB e TV3, afondará na relación da xente moza coa pornografía e no impacto que esta industria está a ter na súa vida sexual.
Carlos Portela. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Carlos Portela, guionista de 'Contrition': "A reincidencia dos delincuentes sexuais abre o debate sobre que facer con estas persoas"

Carlos Portela (Vigo, 1967) é o guionista de Contrition, a banda deseñada galardoada co Premio Fauve Polar SCNF no Festival de Angôuleme. A obra, ilustrada por Keko, aborda cuestións como a reinserción dos delincuentes sexuais, a orixe deste tipo de condutas e a protección da infancia. 
Sabela Caamaño (á esquerda) e Antía Ameixeiras forman o dúo musical Caamaño&Ameixeiras. (Foto: Leticia T. Blanco)
star
Entrevistas

Caamaño&Ameixeiras: reminiscencias da Galiza ancestral

Nunha época remota, a maxia constituía un sinónimo de coñecemento e sabedoría. Ao longo da historia, diferentes civilizacións configuraron todo tipo de ritos que buscaban controlar fenómenos alleos á vontade do ser humano. O dúo Caamaño&Ameixeiras desenterra parte deste legado milenario no seu novo traballo ‘Quitar o aire’. Estas dúas músicas regresan acompañadas dos seus instrumentos cun disco moi persoal que fala de erotismo e tradición, desde a admiración polo patrimonio antropolóxico galego.