enfermidade

O uso da máscara en exteriores deixou de ser obriogatorio con carácter xeral a primeiros de febreiro.
Agora

A máscara deixa de ser obrigatoria após a publicación no BOE da orde que pon fin á crise sanitaria

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou esta cuarta feira a Orde SND/726/2023 pola que se dá por finalizada a crise sanitaria ocasionada pola Covid-19 e que pon fin á obrigatoriedade do uso das máscaras en centros de saúde, hospitais, farmacias e centros sociosanitarios. A norma entra en vigor tras a reunión do Consello de Ministros desta terza feira que acordou, ao abeiro do ditame do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, declarar "controlada" a enfermidade xa que, "malia que aínda segue presente, xa non supón unha situación de crise sanitaria", precisou o ministro de Sanidade, José Miñóns.
O ex presidente da Xunta de Andalucía José Antonio Griñán, á saída do xuízo polo caso ERE. (Foto: María José López / Europa Press)
Agora

Suspendida durante cinco anos a pena de cárcere de Griñán pola enfermidade que padece

A Audiencia de Sevilla vén de acordar a suspensión durante cinco anos da pena de seis anos e un día de cárcere imposta ao ex presidente da Xunta de Andalucía José Antonio Griñán, por malversación no procedemento específico de financiamento dos expedientes de regulación de emprego (ERE) fraudulentos, debido ao cancro de próstata que padece —"moi grave incurábel", segundo o informe médico achegado polo Instituto de Medicina Legal (IML) de Sevilla— e ao abeiro do artigo 80.4 do Código penal, que recolle esta posibilidade.
A parte máis importante do tratamento da artrose céntrase en fisioterapia e exercicios para potenciar a musculatura. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

30% das persoas maiores de 40 anos padecen artrose nalgunha das súas articulacións

Expertos prognostican que o uso de Intelixencia Artificial podería mellorar o tratamento desta enfermidade.

Unha paciente con esclerose múltiple, someténdose a un tratamento de rehabilitación nun centro sanitario (Foto: Europa Press).
SOCIAL

A Galiza suma cada ano 50 novos casos de ELA e conta agora con 170

Demandan unha nova lei para a Esclerose Múltiple para atender as necesidade de doentes con esta enfermidade.
Acceso principal do HULA, en Lugo. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

A CIG denuncia "persecución" da concesionaria do servizo de limpeza do Hula a traballadores que se poñen enfermos

O sindicato afirma que Serveo contratou servizos médicos extrernos "para que, na práctica, faga un control do absentismo e presione o persoal para que acurte o máximo posíbel a duración das baixas".
Desembocadura río Mendo, en Betanzos. (Foto: Nós Diario)
Saúde

Betanzos denuncia unha vertedura ao río mentres continúan as restricións polo gromo de gastroenterite

A pasada noite as autoridades detectaron unha vertedura ao Mendo, nunha zona próxima á captación de auga, e o Concello elevará o caso aos xulgados. Todo isto nun momento no que o municipio segue con restricións ao consumo de auga por mor dun gromo de gastroenterite.
Desembocadura río Mendo, en Betanzos. (Foto: Nós Diario)
Saúde

O virus que provocou o gromo de gastroenterite segue presente na auga de Betanzos

As autoridades intensifican os labores de desinfección e acordan prolongar outras dúas semanas as restricións.
Casa do Concello de Betanzos (Foto: Miguel Branco)
SOCIAL

Acórdase un plan especial de limpeza en Betanzos após detectarse un surto de grastroenterite

Con carácter inmediato e de forma preventiva, acordouse aplicar un plan de limpeza e desinfección de todas as instalacións que inclúa unha "limpeza exhaustiva", así como a hipercloración da auga na localidade betanceira.
Imaxe da bacteria 'E. coli' (Foto: USDA).
SOCIAL

Un estudo da USC vincula o consumo de produtos cárnicos con infeccións urinarias en humanos

Científicas e científicos da Facultade de Veterinaria desenvolveron unha investigación con cepas da bacteria Escherichia coli.

Imaxe da bacteria 'E. coli' (Foto: USDA).
SOCIAL

Esta é a bacteria 'E. coli', en aumento en Europa e resistente aos antibióticos

O Centro Europeo para o Control e a Prevención de Enfermidades (ECDC, polas súas siglas en inglés) alerta do aumento desta bacteria no continente europeo.
Unha persoa con artrite (Foto: IMSKE).
SOCIAL

Un equipo investigador galego descobre unha técnica "pioneira" para tratar a artrite

Trátase dunha revolucionaria técnica teragnóstica desenvolvida por un equipo da USC e do IDIS, no que tamén participa a institución compostelá, contra esta enfermidade caracterizada pola inflamación das articulacións e cuxa prevalencia é superior en persoas maiores e mulleres
Exemplar de mosquito tigre. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Pode chegar a estenderse a malaria por todo o mundo? O cambio climático podería provocalo

O director executivo do Fondo Mundial para a loita contra a sida, a tuberculose e a malaria, Peter Sands, sinalou que é "un momento de dar a voz de alarma".
Unha das fisioterapeutas que traballa na Asociación Párkinson Galiza-A Coruña imparte unha clase de estiramentos a persoas usuarias. (Foto: Asociación Párkinson Galiza-A Coruña)
Día do Párkinson

Unha de cada catro persoas con Párkinson ten unha idade inferior aos 50 anos

Os síntomas van alén dos tremores, que afectan 60% de pacientes.
Xuntanza da Comisión Sociosanitaria de Cogami. (Foto: Cogami)
SOCIAL

Cogami urxe á Xunta activar o novo baremo de discapacidade

O certificado permite o acceso a prestacións.
Unha muller embarazada, nunha imaxe de arquivo. (Foto: UGR / Europa Press)
SOCIAL

Unha de cada seis persoas no mundo é infértil, afirma a OMS

A infertilidade, definida pola imposibilidade de lograr un embarazo tras 12 meses ou máis de relacións sexuais regulares sen protección, distribúese de maneira homoxénea en todo o mundo.
Representación dunha doenza intestinal (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A doenza do botulismo esténdese por Turquía. Que é e que provoca esta enfermidade?

Polo momento, en Turquía hai casos leves como graves, aínda que xa se produciron varias hospitalizacións e ingresos en Unidades de Coidados Intensivos (UCI). Os hospitalizados recibiron tratamento con antitoxina botulínica.
Camiñante nunha rúa da cidade do Porto (Foto: Diego Baptista / Zuma Press / Europa Press)
SOCIAL

Canto debes camiñar para reducir o risco de morte?

No estudo, os investigadores avaliaron a correlación entre as taxas de mortalidade dos adultos e o tempo que dedican á actividade física.
UCI do Hospital Clínico de Compostela. (Foto: Ana Varela / Xunta da Galiza)
Sanidade

Doenzas do aparello circulatorio, as máis comúns nos hospitais galegos

A 'Enquisa de Morbilidade Hospitalaria', con datos de 2021, sitúa a Galiza como o sexto territorio coa maior taxa de morbilidade hospitalaria.
Un laboratorio traballando con medicamentos vinculados á tuberculose. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A incidencia de tuberculose reduciuse 82% en 58 anos

No Día da Tuberculose advirten que o tabaquismo é factor de risco
o estudo sobre a febre foi levado a cabo en Canadá (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Tes febre? Un estudo demostra que probabelmente sexa mellor non tomar medicamentos para eliminala

"O noso obxectivo é determinar a mellor maneira de aproveitar os nosos avances médicos sen deixar de aproveitar os beneficios dos mecanismos naturais de inmunidade", indicaron desde o equipo investigador.