enerxía

Máis de 50 persoas acudiron onte ao acto no Fórum Carballo. (Foto: Concello de Carballo)
SOCIAL

Carballo desenvolverá unha comunidade enerxética local

O municipio presentou esta sexta feira o estudo previo
Luís Bará, Ana Pontón, Miguel Anxo Fernández Lores e Anabel Gulías, esta quinta feira en Pontevedra. (Foto: Nós Diario)
18-F

Ciencia e un modelo enerxético "ao servizo do país": estas son as 'chaves' do programa económico do BNG

Pontón marca como obxectivo de Goberno aumentar o peso da industria no PIB até 23% e xerar 12.000 empregos no que resta de década.

Moisés Rodríguez (PP), Xosé Manuel Acuña (BNG) e Elena Espinosa Mangana (PSdeG). (Foto Nós Diario)
18-F

PP, BNG e PSdeG debullan as prioridades enerxéticas da Galiza: cal debe ser o modelo do futuro?

No contexto actual de transición ecolóxica e produción eléctrica procedente de fontes renovábeis urxe a definición dun modelo enerxético para a Galiza que vén. O sistema vixente, en mans do oligopolio eléctrico, denuncia un amplo sector da sociedade galega, non ofrece garantías ambientais, frea o desenvolvemento territorial e non achega retorno socioeconómico ao pobo. Táchano de abusivo para un territorio como o galego convertido en "zona de sacrificio". PP, BNG e PSdeG debullan as prioridades enerxéticas da Galiza.  
 
Encoro de Velle, na cidade de Ourense. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
star
ECONOMÍA

71% da electricidade que produce Galiza xa é de fonte renovábel e exporta o 42%

Nos primeiros tres trimestres de 2023 máis de 71% da enerxía producida na Galiza proveu de fontes renovábeis, unha taxa moito maior que a do conxunto do Estado español, que non chegou a 50%. Ademais, durante os últimos 12 meses sobre os que Rede Eléctrica ten datos, entre outubro de 2022 e setembro de 2023, máis de 42% da electricidade xerada no país foi exportada a outras autonomías.
O PP propón que as eólicas repercutan aos concellos 2,5% dos beneficios e non dos ingresos. (Foto: Antonio Ayuso).
Medio Ambiente

Plataformas ambientalistas cualifican de "nesgada" a declaración ambiental do MITECO para cinco eólicos

Os proxectos afectan 16 concellos da Mariña, Terra Chá e Os Ancares.
Parque eólico operativo en Esgos, na comarca de Ourense (Foto: Agostime / Europa Press).
ECONOMÍA

As autonomías con máis peso no PIB xeran menos enerxía: un estudo abre o debate da compensación da produción

OBS tamén resalta a pouca viabilidade da eólica mariña no litoral galego e español.
O texto da ministra de Traballo, Yolanda Díaz, non prosperou. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
ECONOMÍA

O Congreso aproba os decretos 'anticrise' e 'ómnibus' e tomba o de Traballo

O voto en contra de Podemos tomba do decreto de Yolanda Díaz.
No centro, Fernández, Pontón e Franco, esta segunda feira nas Pontes (comarca de Eume). (Foto: Nós Diario)
18-F

Pontón avanza un modelo enerxético "ao servizo da Galiza" e non ao de Endesa, Naturgy ou Iberdrola

O BNG busca "democratizar" o acceso á enerxía eléctrica.
O uso da enerxía primaria dá unha idea da dependencia enerxética cara ao exterior (Foto: Arxina).
star
Análise

O ano marca do quecemento, tamén en Galiza

Marga Tojo é xornalista, escritora e comunicadora.
Vistas sobre a ría de Muros e Noia desde o miradoiro situado no alto do monte da Muralla (Foto: Andrés García).
Análise

Eólicos, CCOO e territorios de sacrificio

Fernando Branco Parga é membro do Colectivo de Debate Enerxético Bidán.
Cociña de gas nunha vivenda (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

A pobreza enerxética pasa factura na Galiza: 1.956 mortes en 2023 por non poder ter a vivenda a unha temperatura adecuada

A pobreza enerxética agrávase na Galiza. A porcentaxe de familias que non poden manter a súa vivenda a unha "temperatura adecuada" abeira 20% (522.000 persoas, 140.000 máis en só 12 meses). No ano que vén de finalizar, o número de falecementos por "defecto de temperatura" abeirou os 2.000.
Sede de Natrugy. Foto: Eduardo Parra / Europa Press
ECONOMÍA

A tarifa do gas regulada individual encarece 8,19% de media este trimestre

A tarifa de último recurso (TUR) de gas natural individual subirá 8,19% de media a partir de hoxe, 1 de xaneiro. Para un cliente medio TUR 1 (cociña e auga quente sanitaria) suporá un aumento de 11,35% na súa factura anual con impostos, mentres que para un da TUR 2 (cociña, auga quente sanitaria e calefacción) representará unha suba de 12,69% na súa factura anual con impostos.

Unha persoa prende a luz (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Abaratou a electricidade? O prezo da luz baixa considerabelmente en 2023, mais segue case o dobre de cara que antes da pandemia

O prezo da electricidade fechou 2023 nunha media de 87,1 euros por megawatt hora (MWh), o que supón unha redución de máis da metade (-58%) en comparación co dato de 2022.
Aeroxeradores no parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, comarca de Ourense. (Fotos: Agostime / Europa Press).
star
ECONOMÍA

Fin do 'mecanismo ibérico' e da limitación dos beneficios caídos do ceo para as eléctricas en 2024

Coa entrada do ano 2024 decaerá a limitación dos coñecidos como beneficios caídos do ceo das eléctricas, estabelecida en 67 euros por megawatt á hora para aquelas tecnoloxías que obteñen unha remuneración moi por riba dos seus custos de produción a raíz do sistema marxinalista. O Goberno español estabelecera en marzo de 2022 un tope de 67 euros por megawatt á hora nos ingresos das enerxías beneficiadas.
O presidente do Executivo do Estado español, Pedro Sánchez, esta cuarta feira na Moncloa (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
star
ECONOMÍA

Cales son as principais novidades do decreto contra a crise anunciado por Pedro Sánchez?

As rebaixas nos impostos enerxéticos serán retiradas de forma paulatina mentres que continuarán as do IVE sobre determinados alimentos básicos. Pola súa parte, manteranse as axudas ás viaxes en transporte público. Tamén seguirán vixentes os gravames á banca e ás enerxéticas. Porén, estas últimas poderán deducir a taxación a través de investimentos "estratéxicos" vinculados con proxectos industriais e coa descarbonización na economía estatal.
Un camión con madeira chega ao complexo industrial de Ence na ría de Pontevedra (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press).
star
Análise

Reenfocar a especialización cara ao esencial

Fernando de Llano é profesor titular do Departamento de Empresa da UDC e experto en economía da enerxía, planificación e seguridade enerxéticas.
macizo central ourense turismo de galiza
SOCIAL

"Ti podes paralos": a solidariedade permite recorrer no TSXG até 28 parques eólicos

En apenas cinco meses máis de 2.000 doantes —individuais e colectivos— achegaron ao redor de 175.000 euros nunha campaña de recadación solidaria que, baixo o nome de Ti podes paralos!, permitiu recorrer vía contencioso-administrativa no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) un total de 28 proxectos eólicos. A campaña segue en marcha.
Pancarta colocada por traballadores da fábrica de Alcoa en San Cibrao. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

O comité de Alcoa pide unha reunión urxente sobre a tramitación dos parques eólicos para a planta

A tramitación de cinco destes parques eólicos pende dun fío.
Parque eólico de Montouto, situado entre os municipios de Abadín e Muras (A Terra Chá), composto por 31 aeroxeradores. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

Un de cada tres concellos galegos ten muíños... e só un de cada dez españois

A porcentaxe de municipios con parques eólicos operativos na Galiza triplica a media do Estado español.
Cadea de montaxe da factoría de Stellantis en Vigo, onde 
se ten recortado a produción nos últimos tempos (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

A alta tensión chegará a Vigo antes de 2026 cun investimento de 72 millóns

A nova infraestrutura poderá ser empregada no sector da automoción.