enerxía eólica

Manifestación contra proxectos eólicos, o pasado maio en Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Nove parques eólicos rexeitados por incumpriren os requisitos ambientais

Ordénase a devolución das garantías económicas.
Parque eólico. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Ecoloxistas piden a Rueda reflexionar sobre o "impacto negativo" da eólica antes de que sexa "irreversíbel"

Salvemos Cabana cre que resulta "fundamental" preservar as contornas que representan "unha fonte vital de biodiversidade e servizos ecosistémicos", porque as montañas son lugares que "albergan unha gran diversidade de flora e fauna".
Plano dos parques eólicos Boura, Monzón e Ventisca.
ECONOMÍA

O Miteco dá luz verde aos parques eólicos Boura, Monzón e Ventisca, de Greenalia

Os aeroxeradores situaríanse fóra das áreas delimitadas no Plan Sectorial Eólico da Galiza de 1997, algo que a Xunta posibilitou perante unha reforma lexislativa en 2021.
Parque eólico da compañía enerxética presidida por Francisco Reynés (Foto: Naturgy).
Xustiza

Enésimo golpe xudicial á política eólica da Xunta: o TSXG suspende cautelarmente o parque Campo das Rosas

O proxecto, promovido por Naturgy, afectaría os concellos da Estrada, Campo Lameiro e Cercedo-Cotobade. O auto non é firme, pois cabe presentar recurso.
Multitude de asociacións veciñais acudiron esta segunda feira á Cámara a protestar contra a Xunta da Galiza (Foto: Arxina).
POLÍTICA

Oposición e asociacións veciñais critican á Xunta polo "golpe lexislativo" do "interese público superior" para a eólica

O Parlamento da Galiza debateu esta segunda feira o proxecto de lei de acompañamento -de medidas fiscais e administrativas- aos orzamentos galegos de 2024, marcado pola declaración do "interese público superior" para os proxectos eólicos que pretende introducir o PP e polas protestas á mesma. O BNG e o PSdeG criticaron a normativa.
Encoro de Valencia de Sil, no concello de Vilamartín de Valdeorras. (Foto: Ecoloxistas en Acción)
star
ECONOMÍA

260 concellos galegos contan con centrais de xeración eléctrica de orixe renovábel

Galiza é unha das grandes produtoras de electricidade do Estado, até o punto de superar a xeración de orixe renovábel as necesidades de consumo interno, porén as compañías enerxéticas buscan quintuplicar a potencia instalada do país. Neste contexto,  Eólica Así Non anuncia máis mobilizacións.

Parque eólico de Greenalia en Monte Tourado, Vimianzo (Foto: Greenalia).
SOCIAL

A fiscal de Medio Ambiente compara o 'boom' eólico actual co urbanístico da crise de 2008: "Hai que facelo con moderación"

A fiscal remarcou que a construción de parques eólicos "non é soamente" un impacto ambiental, senón que tamén se debe ter en conta o chan onde se van situar esas infraestruturas. "Hai que ter en conta a ordenación do territorio", puntualizou.
Presentación do 'Manifesto Acibal', este pasado sábado. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Presentan o 'Manifesto Acibal', "contra o espolio dos nosos montes e os seus bens"

Destacadas figuras de referencia na cultura e a ciencia galegas como o escritor Manuel Rivas ou o arquitecto Pedro de Llano, entre as máis de 80 asinantes. O documento reivindica, entre outras cuestións, o "deber lexítimo das entidades públicas" de defenderen o patrimonio histórico e natural "por enriba dos intereses empresariais".

Como blindar as eólicas

Aeroxeradores do parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, na comarca de Ourense. (Foto:
Agostime / Europa Press)
star
POLÍTICA

A nova lexislación eólica da Xunta incumpre a normativa estatal e comunitaria

A Lei de medidas fiscais e administrativas dos orzamentos de 2024 formula unha modificación da normativa eólica vixente na Galiza. Porén, os xuristas consultados por Nós Diario cuestionan a súa legalidade e advirten dos incumprimentos da lexislación estatal e comunitaria.

Aeroxeradores do parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, na comarca de Ourense. (Foto:
Agostime / Europa Press)
ECONOMÍA

Bruxelas duplicará o seu financiamento aos Estados para instalar parques eólicos

Co plan de acción eólico presentado esta terza feira, Bruxelas pretende “redobrar esforzos” para acelerar o despregamento da enerxía eólica en particular mediante unha maior previsibilidade e unha “tramitación máis áxil dos permisos”.
Sobreirais do Arnego, na comarca do Deza (Foto: Adega).
SOCIAL

Os Sobreirais do Arnego, no Deza, en perigo polo proxecto eólico Zamorra

A campaña #TiPodesParalos ten como obxectivo recadar os fondos necesarios para a interposición de recursos contencioso-administrativos “contra o actual modelo eólico depredador e insustentábel promovido pola Xunta da Galiza”.
Aeroxeradores no parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, comarca de Ourense. (Fotos: Agostime / Europa Press).
POLÍTICA

Salvemos Cabana carga contra o interese público "superior" dos eólicos que quere impor a Xunta

A lei de acompañamento dos orzamentos da Xunta da Galiza para o próximo ano recolle a declaración de interese público "superior" da planificación, construción e explotación de parques eólicos de competencia galega.
'Lycopodiella inundata'. (Foto: Colectivo do Vento)
SOCIAL

Localizan en Terra de Montes unha poboación galega dunha planta en perigo de extinción

Na área proxéctanse cinco marcropolígonos eólicos
Aeroxeradores no parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, comarca de Ourense. (Fotos: Agostime / Europa Press).
SOCIAL

Adega busca fondos para frear o proxecto eólico Estivada en Antas de Ulla e Agolada

A campaña #TiPodesParalos de Adega ten como obxectivo recadar os fondos necesarios para a interposición de recursos contencioso-administrativos contra o actual modelo eólico "depredador e insustentábel promovido pola Xunta da Galiza".
Aeroxeradores no parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, comarca de Ourense. (Fotos: Agostime / Europa Press).
star
ECONOMÍA

O sector da produción de enerxía eólica é o que menos emprego xera na Galiza

O 'Informe Ardán Galiza 2023' realizou un estudo sectorial das actividades empresariais máis representativas da economía galega no ano 2021. Entre outros datos, destaca que a produción eólica de enerxía eléctrica tan só xerou 0,01% dos empregos do mercado laboral galego nese ano.
Pleno do Concello de Xinzo esta segunda feira (Foto: Stop Eólico Xurés-Celanova).
POLÍTICA

O pleno de Xinzo rexeita o 'macroproxecto' eólico para a Limia que pretende instalar 32 aeroxeradores

O Concello de Xinzo comprometeuse a informar a veciñanza das características e riscos do proxecto que ameaza o territorio ao tempo que elabora alegacións contra o mesmo.

Polígono eólico de Pena Galluda, na Laracha, comarca de Bergantiños (Foto: Engasa)
SOCIAL

Demandan ante a xustiza o parque eólico Banzas pola súa grave afectación a humidais de "gran valor natural"

Ecoloxistas en Acción sinala que “esta concentración de aeroxeradores sumada ao resto de parques e ao impacto das liñas de alta tensión para evacuar a enerxía eléctrica traería irreparábeis consecuencias ao ecosistema da zona”.
Os plans de Enel Green Power, filial de renovábeis de Endesa, pasan por levantar seis novos parques eólicos na Galiza (Foto: Luis Vilanova).
ECONOMÍA

Endesa fía ao desenvolvemento eólico o seu "compromiso" coa Galiza

Após o anuncio da autorización de feche concedida polo Goberno do Estado, a empresa confirma os seus plans unha vez desmantelada a planta térmica.
Polígono eólico de Pena Galluda, na Laracha, comarca de Bergantiños (Foto: Engasa)
SOCIAL

A Xunta rexeita impacto ambiental pola renovación tecnolóxica do parque eólico Pena Galluda, na Laracha

O Executivo galego estima que “non son previsíbeis efectos adversos significativos sobre o medio ambiente”