endometriose

Concentración por un Plan galego contra a endometriose, este sábado en Lugo (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

As mulleres levántanse por un Plan galego contra a endometriose

Unha de cada dez galegas en idade fértil ten endometriose e case a metade das mulleres que non poden quedar embarazadas padecen endometriose.
'Dolus', peza artística de Verónica Ramilo nada da necesidade de expresar o medo e a desesperanza producida pola endometriose. (Foto: Verónica Ramilo)
Día Mundial da Endometriose

Unha de cada dez galegas en idade fértil ten endometriose: "Non podemos seguir pensando que a dor de regra é normal"

Case a metade das mulleres que non poden quedar embarazadas padecen esta doenza cuxo día se conmemora hoxe.
Luís Devesa Otero, é experto en reprodución asistida. (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Luís Devesa Otero, xinecólogo: "Con síntomas compatíbeis hai que pensar sempre na endometriose"

O mes de marzo é o mes da endometriose, unha doenza que afecta 10% das mulleres en idade fértil, unhas 60.000 galegas, e que hoxe conmemora o seu día. A asociación querENDO organiza dous faladoiros que terán continuidade o sábado 25 cunha xornada divulgativa na que participará o xinecólogo do CHUP Luís Devesa Otero.

A dor máis infértil

Endometriose

Concentración de mulleres con endometriose na praza Roxa de Compostela o pasado 26 de marzo. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Mulleres con endometriose: "A baixa laboral non pode contribuír a normalizar a dor de regra"

A dor é un indicativo de que algo vai mal, por iso desde QuerEndo reclaman non se conformar cunha baixa laboral que vai supoñer un grande alivio para moitas mulleres que sofren unha menstruación dolorosa e incapcitante. O importante é investir en investigación, dar coa orixe do problema e conseguir un diagnóstico.
Esat composición de Verónica Ramilo é parte da mostra 'Olladas á endometriose' que se inaugura o 14 de marzo en Compostela.
SOCIAL

A "epidemia oculta" da endometriose xunta oito anos de atraso no diagnóstico

O 14 de marzo conmemórase o día mundial desta doenza inflamatoria que afecta a unha importante porcentaxe da poboación feminina. A dor, a infertilidade e unha vida cada vez máis limitada son parte dos síntomas e das consecuencias desta enfermidade que urxe investigación e copidados. 
A endometriose afecta, de forma especialmente grave, máis de 9.000 mulleres no país (Foto: Europa Press).
POLÍTICA

Unanimidade no Parlamento para reforzar a atención á endometriose

60.000 mulleres padecen esta doenza na Galiza.
Cristina Fernández, presidenta de querendo
Cristina Fernández, presidenta de querENDO

"Se a regra doe tanto e non che deixa facer unha vida corrente é que algo pasa”

A endometriose é unha enfermidade ocasionada pola proliferación de nódulos de tecido uterino fóra da súa matriz, en lugares como os ovarios, as trompas de Falopio, os intestinos e demais partes do corpo. Esta doenza, que afecta a 60.000 mulleres galegas, está caracterizada por unha intensa dor que nos casos máis graves resulta incapacitante. Sermos Galiza conversa con Cristina Fernández, presidenta da asociación de mulleres con endometriose (querENDO), sobre a atención sanitaria que reciben as afectadas e sobre a súa falta de investigación médica. 

endometriose
SOCIAL

As mulleres con endometriose case triplican o tempo de espera no verán

querENDO advirte que o feche de servizo e de axendas neses meses complica a atención e asistencia a mulleres con esta doenza crónica.

 

endometriose
SOCIAL

Endometriose: loitadoras contra a dor

Máis de 170 millóns de mulleres en todo o mundo padécena. Na Galiza, estímase que lle afecta a 60.000 e que 9.000 posúen o grao máis grave. É a endometriose, unha doenza que consome por dentro e provoca dores extremas. Abordamos distintas perspectivas da enfermidade, que consiste no crecemento anómalo do endometrio, da man de mulleres que a padecen, dunha xinecóloga e dunha sexóloga. Eis un extracto da reportaxe, publicada no número 289 de Sermos Galiza.

Complexo Hospita
SOCIAL

Créase unha consulta de endometriose no CHUOU

Foi impulsada pola área de Xinecoloxía e Ostetricia e ten como obxectivo centralizar a atención médica das mulleres con esta doenza.

POLÍTICA

Sanidade incumpre o mandato parlamentar sobre endometriose

Case 6 meses despois da aprobación da moción, o goberno galego "non fixo nada", denuncian desde querENDO. 

POLÍTICA

O Parlamento insta a Xunta a se mover pola endometriose

A Comisión de sanidade aprobou unha iniciativa promovida pola asociación querENDO e presentada por AGE que pula pola investigación, a detección e o tratamento desta doenza. 

SOCIAL

A RAG incorpora a endometriose ao seu dicionario

A Academia respondeu á solicitude presentanda pola asociación querENDO recollendo entre o seu léxico o nome da doenza.

A ASOCIACIóN REUNIRASE CON BNG E PSDEG

querENDO levará a endometriose ás prazas de abasto

A asociación de mulleres con endometriose desenvolverá actos o 28 de marzo nas prazas de abasto para concienciar sobre esta doenza. 

NA GALIZA Só EXISTE UNHA UNIDADE ESPECíFICA PARA O TRATAMENTO DESTA DOENZA

querENDO, unha asociación para rachar coa invisibilidade da endometriose

Trátase dunha enfermidade que atinxe, segundo a UE, 14 millóns de europeas mais na Galiza só existe unha unidade específica para o seu tratamento.