encoro

Cornanda 1
SOCIAL

A central hidráulica proxectada en Cornanda (Brión) pon en risco a continuidade de 36 granxas

A veciñanza da Cornanda, en Brión (comarca de Compostela), leva meses mobilizándose contra dous proxectos de centrais hidráulicas que hipotecan o futuro da parroquia. Precisamente, hoxe, organizan un roteiro reivindicativo desde o encoro de Barrié de la Maza no río Tambre até Pedra do Santo, en Busto, no mesmo municipio de Brión.

fot-pre-02_zoom
SOCIAL

Castrelo de Miño comeza a mobilizarse contra a central hidráulica de Cuerva

A historia de Castrelo de Miño está marcada por un encoro de 135 megawatts que despoxou a veciñanza das mellores terras de cultivo a finais dos anos 60 e que rematou por expulsar á emigración centos de familias. Porén, o encoro de Castrelo de Miño significa o comezo da loita contra os proxectos hidroeléctricos destinados a espoliar o país e o inicio da loita ecoloxista na Galiza.

Noa Presas con veciñanza de Castrelo de Miño, este sábado. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG chama a frear a nova macrocentral hidroeléctrica de Castrelo de Miño

“Non podemos repetir os erros do século XX con novos prexuízos económicos, ambientais e sociais”

Encoro do Tambre en Brión, cuxa concesión data de 1923. (Foto: Nós Diario)
star
ECONOMÍA

O Estado tramita a autorización de oito encoros na Galiza cunha potencia de 3.095 MW

Os encoros volven petar nas portas dos ríos galegos. O Ministerio para a Transición Ecolóxica tramita actualmente a autorización de oito grandes centrais hidráulicas cunha potencia total de 3.095 MW, que anegarán terras de gran valor agrícola e ambiental. 29% da potencia solicitada corresponde a Iberdrola.

Encoro de Belesar, entre os concellos de Chantada e O Saviñao (comarcas da Ribeira Sacra e Terra de Lemos). (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

A reserva hídrica da Galiza mantense a 65% da súa capacidade

Na vertente Atlántica as precipitacións foron moi escasas durante as últimas semanas

O encoro de Eiras, en Fornelos de Montes e Ponte Caldelas, abastece de auga once concellos (Foto: Contando Estrelas / Flickr).
SOCIAL

Os encoros galegos están a dous terzos da súa capacidade total após unha baixada na última semana

Segundo datos ofrecidos este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, as reservas baixaron menos de medio punto no últimos sete días e sitúanse a 66,6%.
Central hidroeléctrica de Belesar sobre o río Miño, en Chantada (Foto: Nós Diario).
star
SOCIAL

Treme a terra: os encoros e a actividade sísmica na Galiza

A Galiza rexistrou nestas semanas novos movementos sísmicos, boa parte deles na zona da contorna do encoro de Belesar, en Chantada, cuxa influencia nestes tremores é albo de estudo por persoas expertas en xeoloxía e enxeñaría. A presa está construída sobre unha falla xeolóxica, e non é a única na Galiza.
Encoro de Cecebre, en Cambre. (Foto: Nós Diario)
Agora

Os encoros galegos baixan as súas reservas case un punto e quedan a 67% da súa capacidade

Os encoros galegos contan nestes momentos con 2.491 hectómetros cúbicos de auga embalsada, o que supón 27 menos que hai unha semana, segundo os datos ofrecidos esta terza feira polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. As reservas baixaron case un punto porcentual nos últimos sete días, ficando así a 67,01% do total da súa capacidade. En concreto, os encoros da conca Miño-Sil están a 67,1% da súa capacidade, con 2.033 hectómetros cúbicos de auga —19 menos que a pasada semana—, mentres os de Galiza Costa fican a 67%, o que supón 458 hectómetros cúbicos de auga embalsada, oito menos que a pasada terza feira. No conxunto do Estado español, a reserva de auga embalsada caeu esta semana até 42,2% da súa capacidade total tras perder en sete días 692 hectómetros cúbicos (-1,2%).

O encoro dos Peares, cunha potencia instalada de 184 megawatts, é propiedade de Naturgy. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Os encoros galegos baixan as súas reservas case un punto durante a última semana

A reserva hídrica estatal perdeu esta semana 714 hectómetros cúbicos, 1,3% da súa capacidade total, segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.
Encoro de Cecebre, en Cambre. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Os encoros de Cecebre e Baiona, en especial vixilancia após baixaren dos niveis de 2022

O encoro de Cecebre sitúase en 73,2% da súa ocupación, o que supón 18,4% menos que o ano pasado. Mentres, o de Baiona está a 84%, case un punto menos que un ano antes.
O encoro de San Martiño, entre A Rúa e Petín, na comarca de Valdeorras, está a 90% de capacidade.  (Foto: Agostime / Europa Press)
SOCIAL

As redes locais de abastecemento de auga rexistran, de media, perdas de 44%

Os concellos apuran obras de mantemento para evitar sancións.
O encoro de Belesar (Chantada), o segundo de maior potencia instalada, é un dos que remata a súa concesión nos próximos anos (Foto: Luis Vilanova).
SOCIAL

39 encoros galegos probarán esta semana as súas sirenas de aviso á poboación

Os simulacros “non afectarán a actividade diaria” da veciñanza.

Caranguexo americano. (Foto: CSIC)
Agora

Retiran do encoro de Cecebre 1.000 cangrexos americanos, unha das especies invasoras "máis perigosas"

A Xunta colabora na retirada de máis dun milleiro de caranguexos americanos (Procambarus clarkii) do encoro de Cecebre, situado na reserva da biosfera Mariñas e Terras do Mandeo, co fin de pór coto a esta especie exótica invasora, unha das "máis perigosas" da Galiza, e controlar o seu impacto sobre a biodiversidade autóctona. O obxectivo é comprobar se con esta actuación poden diminuírse localmente as densidades da especie invasora e se esta redución ten un efecto apreciábel na mellora das condicións das zonas onde se realizaron, tales como a recuperación das poboacións de macroinvertebrados acuáticos (libélulas) e de anfibios, a rexeneración da flora nas beiras da zona húmida e a atenuación dos efectos erosivos nas ribeiras.
Edificio danado en Odesa. (Foto: Ukrinform / DPA)
INTERNACIONAL

Ucraína avanza na contraofensiva e faise con cinco asentamentos

A OTAN comeza as manobras en Europa central coas que pretende enviar unha mensaxe a Rusia no contexto da invasión de Ucraína.
O Dniéper e os restos do encoro de Nova Kakhovka a terza feira, nunha imaxe dun satélite que só as procesa en branco e negro. (Foto: Satellite Image / 2023 Maxar Techn / DPA)
star
INTERNACIONAL

Case 6.000 persoas foron evacuadas polas inundacións en Khersón

As operacións de rescate proseguiron na rexión de Khersón, no marco da guerra en Ucraína, 24 horas despois da destrución dun encoro, con sete persoas desaparecidas e 100 atrapadas pola auga, mentres, Kíiv e Moscova seguen a acusarse mutuamente do acontecido.
Reunión a terza feira do Consello de Seguridade Nacional e Defensa de Ucraína, co presidente Volodimir Zelenski ao fondo. (Foto: Presidencia de Ucraína / DPA)
star
INTERNACIONAL

Kíiv e Moscova cúlpanse mutuamente da destrución dun encoro en Khersón

Apenas dous días despois do reinicio das accións ofensivas por parte do Exército ucraíno, a explosión dun encoro no Dniéper (leste de Ucraína) leva a que Moscova e Kíiv se culpen mutuamente da destrución da presa, que provocou ao tempo que poboación civil fose evacuada por mor de inundacións.
A destrución dun encoro en Khérson provocou graves inundacións na rexión. (Foto: Goberno de Ucraína)
INTERNACIONAL

Rusia e Ucraína cruzan acusacións pola destrución dunha presa en Khersón que anegou a zona

Milleiros de persoas prepáranse para ser evacuadas no caso de que as riadas alcancen as súas vivendas mentres medra a tensión nun dos puntos quentes da guerra que libran as autoridades de Kíiv e Moscova nesta rexión.
Encoro do Tambre en Brión, cuxa concesión data de 1923. (Foto: Nós Diario)
star
SOCIAL

Dez encoros coas concesións vencidas xeraron 27,2 millóns en 2022 a 4 empresas

A veciñanza de Fecha, en Compostela, reclama que a hidroeléctrica reverta ao dominio público 128 anos após a súa construción.
Mariscadoras de Noia tras rematar a faena. Foto: JM Lage
SOCIAL

PSdeG urxe reducir o impacto do baleirado dos encoros no marisqueo

Julio Torrado urxe a tomar medidas fronte ao baleirado puntual masivo de auga, que altera a salinidade e provoca a mortalidade masiva de moluscos

Central hidroeléctrica de Belesar sobre o río Miño, en Chantada (Foto: Nós Diario).
star
Análise

A obrigación de recuperar as concesións das hidroeléctricas

Quico da Silva é membro do Colectivo de Debate Enerxético Bidán