emigración

Na emigración atópase unha das chaves da perda de poboación. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

371.637 persoas emigraron da Galiza desde 2009

A emigración é a principal responsábel da continuada e acusada perda de poboación da Galiza. Os datos oficiais sinalan que entre 2009 e 2021 abandonaron o país 371.637 persoas, 38% delas eran menores de 29 anos. Nesta tendencia, sitúanse as cifras referidas ao pasado exercicio e que vén de publicar o Goberno do Estado.
A idade meia de Esperança de vida aumentou em 3,1 anos entre 2009 e 2021. (Foto: Europa Press).
star
Caderno Producir

Demografia, macroeconomia e tecido produtivo

Breve balanço socieconómico dos Governos de Feijóo (I)
Á poboación inmigrante atribúenselle, en esencia, os espazos laborais con peores condicións, salarios e menor recoñecemento. (Ilustración: Álex Rozados)
Análise

Unha nova política migratoria?

"Pedimos traballadores e viñeron persoas". Max Frisch
Unha persoa deposita o seu voto nunha urna electoral. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O Congreso pon fin ao voto rogado

O voto rogado tivo un efecto negativo sobre as eleccións galegas: dunha participación de 30% do electorado residente no estranxeiro en 2009 a apenas 1,24% en 2020.
Encontro entre as delegacións de PSOE e BNG. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG negocia co PSOE acelerar a transferencia da AP-9 e a apertura de tres xulgados de violencia machista

"Apreciamos un cambio de actitude para o seu cumprimento, pero estaremos atentos, vixiantes e insistentes", manifestou.
O xornalista e escritor Afonso Eiré polas rúas de Chantada (Foto: Camilo Lorenzana).
CULTURA

Afonso Eiré: "A emigración non é só a xente que se vai, é un estado tamén dos que quedan"

O xornalista Afonso Eiré vén de presentar a novela Ausentes (Hércules de Edicións, 2022), un relato que tece experiencias e historias de emigración na procura de explicar o drama de tantas familias galegas. A obra serve de desculpa para afondar nun tema pouco tratado en profundidade, como explica o autor en conversa con Nós Diario.

emigracion aeroporto mocidade. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

330.890 persoas emigraron da Galiza na última década

11.156 galegos e galegas emigraron no primeiro semestre de 2021. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), 7.500 persoas abandonaron Galiza con destino a outros puntos do Estado español. Pola súa parte, outros 3.656 cidadás e cidadáns galegos tomaron dirección a diversos lugares do mundo, destacando polo seu número aqueles que se dirixiron a Suíza, Francia, Alemaña e Reino Unido.

O director xeral de Emigración, esta terza feira, na súa visita á sede da Fegave en Vigo. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

"A falta de seguridade é algo cotián", din os empresarios galegos en México

Na pasada fin de semana foi asasinado no seu estabelecemento Carlos Estévez, emigrado desde Avión.

'A Santa' de Francisco Asorey, na exposición 'Galicia, un relato no mundo', no Gaiás, en 2020. (Foto: Manuel G. Vicnte / Cidade da Cultura)
Unha nova asociación velará polo patrimonio cultural da entidade uruguaia

A Xunta desenténdese do legado histórico da Casa de Galiza de Montevideo

O recente feche da Casa de Galiza de Montevideo e as incógnitas que rodean o futuro do seu patrimonio devolven á actualidade a inacción da Xunta á hora de defender o legado cultural da diáspora. O destino incerto dunha obra tan emblemática como 'A Santa' de Asorey, é un exemplo da desprotección e o abandono. 
Na emigración atópase unha das chaves da perda de poboación. (Foto: Nós Diario).
80.000 mozas e mozos menores de 29 anos emigraron desde a chegada de Feixoo á Xunta

Galiza perdeu máis de 100.000 empregos xuvenís desde 2009

Os diversos indicadores económicos alíñanse para apuntar á mocidade como a gran derrotada da última década, até o punto de que entre 2009 e 2021 a poboación ocupada de 16 a 29 anos ten diminuído en 108.200 persoas. Ao tempo, 73.512 galegas e galegos nese grupo de idade teñen abandonado Galiza.

casa da galiza
SOCIAL

Casa da Galiza: Do esplendor da sede do Goberno galego ao ocaso

Nesta terza feira, aprobouse o proxecto de lei que faculta o Executivo a determinar a prestación da asistencia social ás persoas usuarias da Casa da Galiza de Montevideo de forma integrada no sistema sanitario uruguaio. A representante do BNG, Ana Miranda, mostrou a súa solidariedade após unha decisión que afonda na incerteza de persoas usuarias e persoal laboral.
Recreación do naufraxio da fragata británica Speed, na praia de Ponzos (Ferrol), para a revista nº 14 de Columba. (Ilustración: Julio Ferrín).
star
'A historia marítima baixo as nosas augas'

'Speed', cuarta entrega do coleccionábel 'A historia marítima baixo as nosas augas'

Este naufraxio constitúe un dos meirandes achados documentais para a historia naval de Galiza. O seu expediente fora arquivado na Capitanía Marítima de Ferrol, no mes de febreiro de 1815 e dende esta data ficou gardado nunha carpeta selada con lacre que se gardaba no AGMAB (Archivo General de Marina Álvaro de Bazán), un inmenso arquivo da Armada española situado na localidade de El Viso del Marqués (Cidade Real). Ao abrir esta cápsula do tempo que levaba dous séculos inalterada, o seu contido descubriunos un episodio abraiante acontecido entre os Estados Unidos de América e o Imperio británico, que se atopaban en guerra por segunda vez na súa historia.
'Salier', cortesía da Hapag - Lloyd.
star
'A historia marítima baixo as nosas augas'

'Salier', terceira entrega do coleccionábel 'A historia marítima baixo as nosas augas'

A emblemática navieira alemá Nord-Deutscher LLoyd decidiu despezar o Salier, antes de que este vello barco de pasaxe rendera a súa derradeira viaxe, recollendo os soños de moitas familias e de moitas persoas que abandonaban Europa para cruzar o Atlántico na procura dunha mellor vida nas Américas. A Coruña foi o derradeiro porto que tocaría este buque antes de internarse na escuridade da noite e do temporal que o agardaba, aconchándoo contra as Basoñas, uns temidos cons situados fronte á parroquia de Xuño (Porto do Son). A pasaxe durmía e a tripulación de garda foi testemuña muda da traxedia. Ninguén sobreviviu. Eran as 5:30 da madrugada do 8 de decembro de 1896…
Os cruceiros son elementos cun forte arraigamento por todo o país. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

A Xunta prevé gastar perto de 20.000 euros na instalación dun cruceiro en Miami

O PSdeG pregunta ao Goberno galego "en que vai contribuír" a instalación desta escultura a "solucionar as demandas sociais, sanitarias e económicas" das persoas emigrantes nos Estados Unidos.
Xesús Fraga (Foto: Ana Couceiro).
star
Entrevistas

Xesús Fraga: "A Galiza debe intentar que toda a bagaxe da emigración teña un retorno positivo en nós como sociedade"

Xesús Fraga vén de gañar o Premio Nacional de Narrativa coa súa novela Virtudes (e misterios). A obra, tamén galardoada co Premio Blanco Amor de Novela Longa, conta a historia da emigración galega na segunda metade do século XX a través da familia do escritor. Fraga comezou a escribir a novela hai máis de 10 anos, pero a historia recollida nas súas páxinas está gravada a lume na memoria e na pel de mulleres que, como a súa avoa Virtudes, sacaron adiante as súas familias cando a longa noite de pedra sumiu a Galiza nun dos episodios máis escuros.
Presentación do libro colectivo 'Onda Poética' editado por Positivas en 2018 (Foto: onda.gal).
star
A literatura galega na diáspora

Escribir desde fóra

A literatura galega goza na actualidade dunha moi boa saúde, e espállase polo mundo en dous polos: a escrita desde o propio territorio e a que se concibe na diáspora, desde esa emigración que sempre caracterizou o pobo galego. Os autores e autoras que escriben desde fóra beben doutras fontes e a súa literatura e actividades conteñen uns trazos comúns, tal e como analiza o crítico literario Armando Requeixo, e para o que contaremos nesta reportaxe coas voces protagonistas de Xavier Queipo, Lito Vila Baleato e Isaac Xubín. 

Laxeiro

Emigración

Cemiterio de Mondoñedo. (Foto: Arxina)
SOCIAL

A Galiza perde 5.663 habitantes e segue por baixo dos 2,7 millóns

Hai máis defuncións que nacementos desde 1988, e a idade media da poboación é hoxe doce anos e medio superior á de 1975.
O redondelán Amado Rincón en Texas. (Foto Celso Milleiro)
MEMORIA E HISTORIA

A crise provocada pola I Guerra Mundial disparou a emigración aos EUA

Non é a intención deste artigo falar en termos xerais da emigración galega aos Estados Unidos de América, senón daquela que afectou centenares de mariñeiros galegos polas consecuencias no sector do mar que tivo a crise económica ocasionada polo gran conflito bélico acontecido entre 1914 e 1918 entre as potencias mundiais.