CULTURA
Eloy Domínguez estrea no Festival de Xixón a súa correpondencia filmada
16/nov./22
Esta quinta feira, Eloy Domínguez Serén estrea no Festival de Xixón a correspondencia filmada que mantivo ao longo dos tres últimos anos co cineasta colombiano Samuel Moreno Álvarez. A última curta de Domínguez Serén, Rompente, vén de ser escollida como candidata aos premios Goya á Mellor Curtametraxe de Ficción.