Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
O barómetro publicado polo CIS correspondente ao mes de maio amosa un PP sen chan electoral que caería até ser a cuarta forza política no Estado de celebrarse agora unhas novas eleccións xerais.
A Lei D'Hont é o sistema proporcional que se utiliza nas eleccións españolas para o reparto de cadeiras nas cámaras en base a cada circunscrición, que para as xerais é a provincia. O escano non vale o mesmo en cada unha delas.
O carácter extraordinario das eleccións xerais, cunha campaña polarizada e de marcado carácter español, provocou que o Partido Popular perda a condición de forza política máis votada na Galiza, que fica sen partidos propios en Madrid ao non conseguir representación o BNG -que duplicou o resultado de 2016-, nin En Marea - que sofre un duro revés ao acadar pouco máis do 1% dos apoios-.
Os primeiros dados de participación nas eleccións ofrecidos polo Ministerio do Interior reflicten unha suba a respecto da participación rexistrada até as 14 horas nos comicios do 26 de xuño de 2016. Votou o 36,97% do censo.
Os líderes das principais forzas políticas xa exerceron o seu dereito ao voto. A primeira en facelo foi a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que chamou a votar “nun momento excepcional en que é importante que a cidadanía se exprese para que Galiza teña voz propia e estea presente”.
A formación nacionalista organizou unha concentración de motos para visibilizar o incremento da sinistralidade nas estradas galegas e reclamar medidas de protección para persoas motoristas e ciclistas en vías urbanas e interurbanas.
En Marea defendeu en Viveiro apoiar Alcoa e demanda unha reforma integral do sector eléctrico.
Xulgados de violencia de xénero en todas as cidades galegas, veto aos ventres de alugueiro e aumentar a un ano o permiso por maternidade e paternidade son tres das propostas da formación nacionalista para este 28A.
Santiago acollerá un encontro organizado pola Asociación Cultural O Galo para coñecer de primeira man as propostas que defenden para Galiza as diferentes formacións que tiveron ou teñen presenza nas Cortes Xerais.
Un total de 52 listas de 16 organizacións competirán o 28A polos 23 escanos de Galiza. Só 12 opcións presentan candidatura nas catro circunscricións galegas.
A formación presentou na Coruña as persoas integrantes das súas candidaturas a Congreso e Senado.
Así o afirma o portavoz nacional, Antón Sánchez, nunha entrevista concedida a Europa Press.
Nestor Rego, Maite Ferreiro, Iago Tabarés e Carme da Silva encabezan as listas coas que o nacionalismo pretende recuperar presenza no Congreso “e acabar coa discriminación das forzas estatais” para con Galiza.
[ACTUALIZADA ÁS 15.18 HORAS] O Consello Nacional do BNG aprobou na mañá deste sábado as candidaturas coas que a forza nacionalista se presenta ás eleccións xerais do 28 de abril. Unhas listas encabezadas por Néstor Rego na Coruña; Maite Ferreiro en Lugo; Iago Tabarés en Ourense; e Carme da Silva en Pontevedra, todas elas con experiencia no ámbito institucional.
Arranca a precampaña no Bloque tras a reunión extraordinaria do Consello Nacional que sentou as bases da preparación das eleccións xerais. O 9 de marzo o BNG aprobará as súas candidaturas.
Activa a comisión electoral cara ás eleccións xerais de abril e ás locais e europeas de maio. Rubén Cela vai ser o coordenador político da campaña, que prorizará o "contacto directo" coa cidadanía e apostará na incorporación de independentes nas candidaturas e a feminización das listas
O diagnóstico do líder abertzale é que a situación é excepcional e que o combate contra o "autoritarismo" da tríade dereitista —PP, Cs e Vox— exixe de grandes converxencias políticas. Otegi critica o PSOE polo seu "racanarismo político".
Pablo Iglesias dá por finiquitada a lexislatura.
Abre a porta a que os comicios coincidan coas municipais e europeas, 26 de maio, nun ‘superdomingo electoral’. O Goberno podería verse abocado a un anticipo ante a imposibilidade de pactar os orzamentos coas forzas soberanistas catalás. A outra opción que ten sobre a mesa é a de estirar a lexislatura até o outono de 2019 e, mentres tanto, ir gobernando vía decreto lei.