eleccións estatais 2016

BNG Vigo
POLÍTICA

Pontón apela a votar o BNG para demostrar que “este país non se entrega a ninguén”

Fixo un chamamento no acto central de Vigo a “toda a xente que quere Galiza” a que o domingo colla a papeleta nacionalista.

sector do mar
POLÍTICA

O sector do mar empraza os partidos a comprometerse coas súas demandas e reivindicacións

Confrarías e agrupacións recollen nun documento os problemas que lles afectan e piden compromisos en temas como o saneamento das rías, a defensa da frota artesanal ou a etiquetaxe dos produtos.

O guión da campaña é o do PP. pero: que pasa con Galiza?
POLÍTICA

O guión da campaña é o do PP. pero: que pasa con Galiza?

Nova achega de Xosé Mexuto á rede galega de vídeo blogues, desta volta centrada na análise do sprint final de campaña.
Suso de Toro a 670.
SUSO DE TORO

"Podería dicerse que o dono da campaña é o Grupo Planeta"

Suso de Toro, un dos grandes da literatura galega, sempre tivo un marcado compromiso político. Eis as súas opinións sobre a carreira cara ao 26X.

Carlos Callón. Vblogue. 21 de xuño de 2016
Vídeo blogue de Carlos Callón

Quen pon na axenda de campaña os temas do país?

En plena campaña, Carlos Callón reflicte sobre por que as forzas políticas estatais operantes no no noso país non están a pór o acento  nos problemas específicos da Galiza.

Colocar o país na axenda
POLÍTICA

Colocar o país na axenda

Carlos Callón, nesta entrega do seu vblogue, explicita cais son as liñas discursivas básicas da campaña de BNG Nós Candidatura Galega.

Iglesias retrata Podemos no futuro governo

Ana Pontón
Acto coa mocidade no Local da Música de Pontevedra

Pontón defende que "nunha lexislatura sen maiorías absolutas, Galiza non pode ser espectadora"

Sprint final de campaña e a portavoz nacional do BNG estivo en Pontevedra, cidade emblemática para a formación nacionalista. Pontón esfórzase por transmitir a mensaxe de que Galiza ten de ter no Congreso "unha voz que defenda os nosos intereses durante os 365 días do ano".

Pedro Puy comparecendo ante os medios. Foto: Irene Pin
Pedro Puy, sobre a proposta de Ana Pontón

"Xa se celebrou un debate entre candidatos non só das 4 senón das 5 forzas políticas"

O voceiro parlamentario do PP expuxo esta mañá as propostas do grupo parlamentario popular de cara á xunta de voceiros. Mostrouse disposto a estabelecer relacións institucionais coa comunidade lusófona e deixou en mans do xefe de campaña do PP galega, Miguel Tellado, a opción de aceptar o debate proposto por Ana Pontón. Vídeo no interior

Sermos na Rúa: que opinas da campaña?
POLÍTICA

Sermos na Rúa: que opinas da campaña?

Abrimos unha nova xanela: o Sermos na Rúa!! Primeira entrega, a pre-eleitoral.
Alexandra Fernández
ALEXANDRA FERNÁNDEZ, NÚMERO 1 DE EN MAREA POR PONTEVEDRA

"Este espazo é posíbel que teña unha maioría tan ampla porque ten en si mesmo tamén contradicións"

Foi un dos rostos de En Marea durante a brevísima lexislatura do 20D e volta a selo nesta campaña fría, estraña e átona cuxa recta final xa albiscamos. Entrevisto por telefone a Alexandra Fernández (Vigo, 1988), esta segunda feira de campaña por Pontevedra e A Estrada. Militante de Anova, afirma que non é socialdemócrata: "O noso programa vai máis alá".

O voto indicativo

unnamed
Defenderon o sector lácteo nun acto na Estrada

En Marea propón lexislar para “asegurar un prezo xusto aos gandeiros”

Visita dos candidatos de En Marea, o vicevoceiro de AGE no Parlamento Galego, Antón Sánchez, e a portavoz do  Movemento Veciñal Estradense (MOVETE), Mar Blanco, achégaronse esta mañá até a explotación gandeira Granxa Xestoso, na Estrada, para ver de preto a crise que atravesa o sector lácteo galego e reivindicar o pago de prezos xustos polo litro de leite.

ANA PONTON E CARLOS CALLON MITIN SANTIAGO2
Mitin en Compostela

Ana Pontón pídelle a Feijóo que "dea a cara" e aceite debater con ela

O BNG quer un debate en condicións, en prime time, nos meios de titularidade pública da Galiza. Ana Pontón intensificou a presión sobre Feijóo esta quinta feira, no mitin central de BNG Nós Candidatura Galega, realizado en Compostela.

"Non nos gustan os playbacks"
POLÍTICA

"Non nos gustan os playbacks"

Un novo vídeo da campaña do BNG Nós Candidatura Galega
Pedro Sánchez. Mitin en Pontevedra. Eleccións xerais 2016.
Acusa En Marea de ser unha sucursal de Podemos

Sánchez di en Pontevedra que o non de Iglesias á súa investidura permite a Ence continuar na ría

A permanencia de Ence na Ría de Pontevedra non puido ser "revisada" polo goberno estatal a consecuencia do bloqueo de Podemos "e as súas confluencias" á investidura do candidato do PSOE, afirmou esta quinta feira Pedro Sánchez nun acto na cidade do Lérez.

Mitin Podemos en Almería
"E, por suposto, Gibraltar español"

Podemos asocia o conceito de patria a un Exército meritocrático

Hai toda unha elaboración ideolóxica en marcha, a da Patria española que leva formulando nos últimos meses Podemos, a nova marca da esquerda estatal que ameaza nos inquéritos con sorpassar o PSOE.  

Carlos Callón. Eleccións xerais 2016.
CARLOS CALLÓN

"Un deputado ou unha deputada do BNG poden ser decisivos en Madrid"

Carlos Callón (Ribeira, 1978) anda a facer campaña "como formiguiñas" e "porta a porta", sabendo que "temos o veto por parte dos meios de comunicación a nível de Estado". O número 1 por A Coruña do BNG Nós Candidatura Galega non se enruga e irradia optimismo. É o protagonista da entrevista política do número 200 de Sermos Galiza. Eis un avanzo da conversa.

 

bng_vidan_1 (1)
Acto sectorial do BNG

"Queremos un ensino público, galego e laico"

Esta mañá o Bloque Nacionalista Galego realizou un acto na Nave de Vidán de Santiago de Compostela para poñer en foco a situación do ensino galego e presentar as propostas que levarán ao congreso dos deputados. Vídeo no interior

vlog-mexuto
VÍDEO-COLUMNA

Agora que pode optar á presidencia, Pablo Iglesias xa non fai cuestión do referendo

"Amigo Pedro Sánchez, non temas, Pablo Iglesias non vai facer cuestión do dereito de autodeterminación", afirma na súa vídeo-columna desta semana o director de Sermos, Xosé Mexuto.