EGA

O Acibal (comarca de Caldas), en outubro, días antes de paralizar as obras. (Foto: Amil Sen Eólicos)
SOCIAL

A práctica totalidade das paralizacións de parques eólicos ordenadas polo TSXG continuarán malia sentenza do Supremo

 Non se consola que non quere. As valoracións da patronal eólica e da Xunta da Galiza respecto a sentenza do Tribunal Supremo sobre parque de Corme, en Ponteceso, teñen máis de propaganda que de realidade. Uns e outros saben que a práctica totalidade das paralizacións de proxectos eólicos ordenadas polo TSXG continuarán.