Eduardo Pondal

Representantes da comisión promotora da ILP para a reparación do himno no Parlamento. (Foto: Arxina).
SOCIAL

Case 16.000 sinaturas apoian a restitución do himno galego

A comisión promotora da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a restauración do texto fidedigno do himno galego e a súa difusión presentou onte ante a Xunta Electoral da Galiza 15.857 sinaturas que chaman ao Parlamento a acoller na Lei de símbolos da Galiza a letra orixinal do himno de Pondal.
Anxo Louzao xunto a María Antonia Pérez, Manuel Ferreiro e Marcos Maceira no rexistro do Parlamento galego. (Foto: Arxina).
SOCIAL

Unha iniciativa popular chama a restituír o himno de Pondal

As plataformas Galiza Cultura e Vía Galega presentaron onte no rexistro do Parlamento da Galiza unha proposición de lei de iniciativa popular para a restauración do texto fidedigno do himno galego e a súa difusión. "É unha cuestión de xustiza histórica". 

S.N. Pondal o arredismo da Galiza emigrante

As queixumes de Eduardo Pondal

Clásicos maltratados

Unha representación de 'Fillos do sol', na posta en escena de Contraproducións
star
Libros: 'Fillos do sol', de Cándido Pazó

A obra inconclusa

Fillos do Sol é unha peza de Cándido Pazó estreada hai catro anos pero da que sempre é unha boa nova saber que tamén queda fixada en forma de libro, ao alcance desa parte do público que sabe que o teatro tamén pode lerse e como referencia perdurábel para o estudo. 
Pondal no ano 1859. (Foto: Luis Sellier)
star
Aí vén o maio!

Queixumes dos pinos

Eduardo Pondal (1835-1917), coetáneo, compañeiro e amigo de Murguía e mais de Rosalía (nados en 1833 e 1837, respectivamente), comeza a súa vida pública galega participando no Banquete de Conxo cando era aínda estudante na Universidade de Santiago, onde se licenciará en Medicina e Cirurxía en 1860. Nese Banquete (2-3-1856) pronunciou un fervente e radicalmente democrático brinde poético xunto con Aurelio Aguirre e Luís Rodríguez Seoane. A partir dese momento, a súa presenza nos medios literario-culturais galegos foi constante e crecente, con participación en actos democráticos e con frecuente publicación de textos e obras poéticas até se converter nun dos referentes fundamentais, xunto con Rosalía e Curros, da literatura galega renacente.

O Himno

O investigador Manuel Castelao Mexuto, ao carón do busto a Pondal.
star
Entrevistas

Castelao Mexuto: En Pondal hai un evidente compromiso emancipador, mais todos os poemas levantan acta da prostración

Manuel Castelao Mexuto vén de publicar A máquina ousada, un ensaio sobre Queixumes dos pinos no que trata de superar os prexuízos que difunden a triste imaxe de Pondal como un autor machista, racista e mesmo tolo. A lectura atenta da obra pondaliana descóbrenos, ademais, un autor que carga sobre os seus ombros a tarefa de construír unha literatura nacional, no medio da tensión existente entre a reivindicación da Galiza e a conciencia da súa submisión.

Trinta e tres anos despois

A saga dos Abente: Anfitrións dunha Rosalía moza

Cartaz de Pondaliana
Poesía musicada

'Pondaliana' chega ao Pazo da Cultura de Carballo

Pondaliana representarase no Pazo da Cultura do Concello de Carballo a vindeira quinta feira 12 de decembro ás 20.30 horas.
Eduardopondal
Presentación de 'Pondaliana' o 8 de maio

A música de Pondal, en Compostela

Pondaliana son 15 poemas de Eduardo Pondal con ilustracións de Leandro Lamas e música de máis dunha ducia de artistas. En formato libro disco, editado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e A Mesa pola Normalización Lingüística, o traballo preséntase esta cuarta feira, 8 de maio, en Compostela, da man da Asociación Cultural O Galo.
 

IMG_0378
Disco-Libro

Pondal alén do himno

 “Pondaliana” é o título do disco-libro coeditado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e A Mesa pola Normalización Lingüística que contén quince poemas musicados dun dos grandes escritores da literatura galega, Eduardo Pondal. O cedé, que xa está á venda, é froito da colaboración de máis dunha ducia de músicos coordinados polo profesor Francisco Rodríguez e pola Sociedade Cultural Medulio, impulsora dun proxecto que pretende achegar a obra do escritor pontecesán ao gran público.

pondal
MEMORIA E HISTORIA

Brindar polo pobo soberano [por Xoán Costa]

dsc_0013
SOCIAL

Un Himno aínda sen restituír

O 20 de decembro de 1907 o Gran Teatro da Habana acollía unha homenaxe a Pascual Veiga en que foi interpretado por vez primeira de maneira oficial o Himno Galego. 110 anos após, o texto orixinal, deturpado co paso dos anos, segue sen se restituír. A Fundación Galiza Sempre e a Federación Galiza Cultura non cesan no empeño por conseguir a recuperación da letra verdadeira. Depende do Parlamento de Galiza que así se faga. Eis un extracto da información publicada no Sermos en papel.

pondal
Este sábado, no Teatro Jofre de Ferrol

Pondal en 16 poemas musicados

O Teatro Jofre de Ferrol acolle este sábado un espectáculo musical baseado en 16 poemas de Eduardo Pondal para celebrar o centenario do seu pasamento. 

loisgarcia
LOIS GARCÍA CARBALLIDO, ALCALDE DE PONTECESO

"O himno de Galiza debería ter máis presenza en todos os actos institucionais"

Xosé Lois García, alcalde socialista de Ponteceso e presidente da Fundación Eduardo Pondal, fala con Sermos acerca do poeta bergantiñán e de como o seu concello está a vivir o centenario do seu pasamento. 

centro galego da habana
SERMOS-248

110 anos do himno de Pondal

Alén do centenario do pasamento do poeta bergantiñán, este 2017 lémbranos tamén que hai 110 anos que se interpretaba por primeira vez de forma oficial o himno de Galiza na Habana. Foi un 20 de decembro de 1907 no Centro Galego por iniciativa de Xosé Fontenla Leal. Porén, a letra orixinal do poeta non é a que chegou aos nosos días e se oficializou en 1984. E agora, por mor destas efemérides, regresan os intentos de restaurala. Eis un extracto da reportaxe que sobre este asunto publicamos no Sermos 248.

Ese valeroso clan