Editorial Galaxia

Sara-Vila
Sara Vila, premio Illa Nova de Narrativa

Sara Vila: "Na busca do noso oco no mundo, as mulleres atopamos máis dificultades"

Xornalista do Diario de Pontevedra, Sara Vila, vén de proclamarse vencedora do V Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos coa novela Oito días sen Eva Cortes. Un galardón que outorga  Galaxia coa colaboración do Ámbito Cultural de El Corte Inglés e do que a autora conversa con Nós Diario.
sara vila
CULTURA

Sara Vila Alonso gaña o Premio Illa Nova de Narrativa con ‘Oito días sen Eva Cortes’

O xurado apunta que a obra destaca "pola súa solvencia narrativa, pola historia que atrapa dende o primeiro capítulo e polo tratamento de moitos temas de plena actualidade dende o cuestionamento".

'Os fillos do sol', de Cándido Pazó, será publicada proximamente na nova colección de teatro de Galaxia. (Foto: Cristina Becerra) #teatro #cándidopazó #osfillosdosol #galaxia
Galaxia anuncia unha nova colección dedicada ao teatro

A literatura dramática deixa as táboas para asomar aos andeis das librarías

Nos últimos anos, son varias as editoriais galegas que abren espazos para ocuparse dos textos escritos para o teatro. Tradicionalmente esquecida, a literatura dramática comeza a abrirse un discreto oco nos catálogos das editoras galegas, aínda que a súa aceptación por parte do público lector segue estando 
en cuestión.
Nee Barros
star
Libros: 'Identidade', de Nee Barros

Que põe o teu DNI?

Identidade é uma obra de teatro que, em cinco atos, debulha a luita de Zé para poder ser Zé. Zé tem 15 anos e não quer ser Maria. Em realidade sempre foi Zé, mas é assim como é visto polo mundo em que vive, como uma María algo machola e desorientada.
Isidro Novo
CULTURA

Galaxia publica a poesía completa de Isidro Novo, impulsor de "Palabras con memoria"

A editorial Galaxia publica "Poesía galega reunida (1991-2017)" onde recolle toda a poesía do escritor lucense Isidro Novo, antigo colaborador do Sermos Galiza coa súa sección 'Palabras con memoria'. 
Carlos Labraña
star
Libros: 'Contra o reloxo' de Carlos Labraña

Do tempo e o inesperado

Carlos Labraña, un dos máis sólidos autores da literatura infantoxuvenil galega, presenta Contra o reloxo, unha historia orixinal e con moitas dimensións capaces de espertar interese e sorpresa.
Para_Nos_1
CULTURA

Xoán C. Domínguez : "No libro hai unha proposta de reivindicación, para dar a coñecer a nosa vida, os nosos nomes"

A colección Árbore de Galaxia vén de engrosar o seu catálogo co título Nomes, un poemario para persoas "de 10 anos a infinitos", da autoría de Xoán Carlos Domínguez Alberte. A obra conxuga o verso coa riqueza toponímica galega e mais con constantes referencias ao mundo da natureza que "reivindican" o mundo rural. Nós Diario conversa co seu colaborador, licenciado en filoloxías Hispánica e Galega e profesor de Ensino Secundario.
Antón Cortizas
CULTURA

Adiviña adiviñanzas, por Antón Cortizas

O profesor e escritor Antón Cortizas vén de publicar con Editoral Galaxia 'Adiviña esta adiviña', un monográfico onde recolle composicións de tradición oral galega, creacións infantís tradicionais e propias. Ademais, engade un apartado para que a lectora ou lector poida formar parte do libro engandindo as súas propias adiviñanzas.
CULTURA

O mundo da Xela Arias nena, a ollos de Luz Beloso

A ilustradora Luz Beloso debulla, en conversa con 'Nós Diario', o traballo que desenvolveu para o libro inédito de Xela Arias que acaba de publicar Editorial Galaxia. Ao igual que a poeta, Beloso pasou a súa infancia en Sarria, circunstancia que a axudou a ilustrar 'Non te amola!'. No volume aparecen detalles de lugares como "Chanto, que toda crianza de Sarria coñece", afirma.
 
Agustin Agra. Foto: María Esteirán
star
Entrevistas

Agustín Agra: "Parte do método científico consiste en aceptar que o coñecemento está en continua revisión"

Despois de cinco anos de silencio editorial, Agustín Agra publica Silencio, un volume de contos centrados nalgunhas das figuras esenciais da historia da ciencia, no encontro entre o ser humano e a natureza que o arrodea. A curiosidade por saber e admiración pola variedade do mundo acaban sendo protagonistas dunha narración pola que desfilan, entre outros, Galileo, Lydell, Newton, Darwin ou Humboldt, mais que nos fala fundamentalmente do papel que a ciencia ten no desenvolvemento da humanidade como especie e como sociedade. 
O ex comisario e ex senador Luís Manuel García Mañá centra boa parte das súas obras arredor das fronteiras galegas. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Revisión xurídica e sociolóxica da raia

Editorial Galaxia vén de publicar a segunda edición da obra 'Miño: existiu unha fronteira?', de Luís M. García Mañá cuxa primeira edición se tirou do prelo en 1993. 'Nos Diario' conversa co autor para valorar a vixencia do estudo, a convivencia na raia en tempos da Covid-19 e a socioloxía na fronteira galega.

Faralo moi ben

Jose Luis Baños de Cos. Foto: Eva Camba
star
Libros: 'A cámara escura', de José Luis Baños de Cos

Imaxes dun furado negro

A cámara escura, de Jose Lúís Baños de Cos, gañadora do Premio Roberto Vidal Bolaño, consolida unha proposta orientada á mocidade que non por iso aposta por un teatro fácil ou sinxelo.

retrato_gago_bn_soledad_felloza
star
Xornalista, profesor da USC e autor de 'Nus'

Manuel Gago: "Sinto que o que hoxe é Galiza decidiuse nos 80"

O xornalista Manuel Gago compaxina o seu traballo como profesor de Ciencias da Comunicación da Universidade de Compostela (USC) coa edición de 'Capítulo Cero', blog de divulgación arqueolóxica e histórica onde tamén hai cabida para a gastronomía, a comunicación e as viaxes, e mais coa escrita de ensaios e novelas. Nesta súa faceta narradora encádrase unha das últimas novidades da Editorial Xerais, Nus, unha obra de ficción que parte da historia, das reivindicacións nudistas vividas na Galiza dos primeiros 80.
inmalopezsilva
Organizada pola Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia

A Escola das Letras iníciase co taller 'Tod@s temos unha historia que contar'

Na segunda feira botou a andar o primeiro dos obradoiros que integran este 2021 a Escola das Letras que organizan Editorial Galaxia e a Deputación de Pontevedra. Logo de que a edición de 2020 tivese que ser adiada até o último trimestre do ano, conversamos coa persoa que fechou a primeira edición e abre agora esta, a escritora Inma López Silva.
Imaxe de arquivo da poeta Xela Arias. (Foto: Cedida)
CULTURA

Editorial Galaxia publicará un libro inédito de Xela Arias

'Non te amola!' é o nome da publicación, que está previsto poder mercar a partir do mes de marzo. Será unha edición ilustrada por Luz Beloso.

Biblioteca Nós

A escritora Lara Dopazo
star
Libros

A fantasía no outro lado do cristal

Os relatos desta colección gardan unha conexión coa marabilla que transita entre un cotián reinventado e os grandes acontecementos, moitos deles de ton persoal, que teñen que atravesar os seus protagonistas.
Lingua Guapa, de Néstor Blanco e Fina Casalderrey
star
Música

“Vou cambiar o mundo”

Aínda que o 2020 fose un ano terrible para case todos os sectores, en especial o das artes, a Editorial Galaxia, na súa colección Sonárbore, non parou a maquinaria.  Entre os escasos traballos que saíron neste tráxico ano, está ‘Lingua guapa, cantos que contan…’. 


 
fotonova pequena
star
Galaxia edita unha fotobiografía do autor de ‘Nos eidos da bremanza’

A alma “luminosa” de Vergara Vilariño

Houbo unha vez no “fondo de Galicia, bretemoso e labrusco” -en palabras de Cabanillas- un rapaz “encrequenado de corpo, pero de alma luminosa, fermosa e libre, que foi grandísimo poeta cantándolle ao seu can, a unha gran cova, a un muíño… cantando ao amor e á soidade; cantando á vida, doído, pero contento de vivir, aínda con tantas mágoas”. Así presenta Xulio Xiz o escritor Fiz Vergara Vilariño na fotobiografía sobre el que vén de editar Galaxia, asinada por Yago Rodríguez Yáñez.