Editorial Galaxia

Begoña Caamaño.
star
Libros: 'Circe ou o pracer do azul', de Begoña Caamaño

Delicias de Begoña Caamaño

Begoña Caamaño, que foi desde nena unha lectora voraz e unha muller cunha gran paixón pola mitoloxía, quixo devolverlle á literatura algo do que esta lle dera, escribindo o que Homero non escribiu
Octavio Beares. (Foto: Manuel Barreiro)
star
Libros: 'A historia do cómic en Galicia' de Octavio Beares

Historia da novena arte

O repaso de Beares á banda deseñada galega do século XIX (coa posíbel identificación da súa primeira manifestación en lingua galega) obríganos a reescribir esa parte da nosa historia
Xosé Neira Vilas . (Foto: Santos Díez (Ollo de Vidro-ACAB)) #xosé-neira-vilas #escritor #memoriasdunnenolabrego #literaturagalega
CULTURA

Galaxia reedita tres clásicos de Xosé Neira Vilas

Os clásicos elixidos son Camiño bretemoso, Remuíño de Sombras e De cando Suso foi carteiro. As dúas primeiras falan da emigración galega, mentres que a terceira é unha homenaxe ao seu irmán -que exerceu de carteiro- desde o ámbito da literatura infantil.
Lucía Gómez Álvarez
star
Libros: 'Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Un legado infindo', de Lucía Gómez Álvarez

Adaptando as letras galegas

A peza, unha das primeiras que se dedican ao protagonista das Letras de 2022, foi preparada por Lucía Gómez Álvarez, mestra e logopeda cunha longa experiencia con alumnado con autismo. A súa proposta bota man dos pictogramas como forma de dar unha outra dimensión a un contido clásico do 17 de maio: a biografía da persoa homenaxeada e unha peza poética da súa autoría.
Lucía Gómez Álvarez é mestra e especialista en Audición e Linguaxe. (Foto: Cedida).
CULTURA

Lucía Gómez, mestra: "A falta de empatía e comprensión son as maiores dificultades de accesibilidade"

A Editorial Galaxia acolle, na súa colección "Lectura fácil", o libro Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Un legado infindo, de Lucía Gómez Álvarez. Trátase dunha obra que conta con pictogramas para achegar a todas e todos os lectores o labor cultural deste persoeiro, quen será homenaxeado co Día das Letras Galegas 2022. Conversamos coa súa autora, mestra e especialista en Audición e Linguaxe, sobre literatura accesíbel.  

Maria Alonso autora de Migrantas. A nova diáspora galega contada por mulleres. Foto: Aieg).
CULTURA

María Alonso, escritora: "A nova vaga migratoria é un fenómeno masivo"

Desarraigamento, fogar, tránsito, retorno... Son palabras que marcaron, e marcan, unha xeración e unha época. A editorial Galaxia acolle na súa colección Hoxeéhoxe Migrantas. A nova diáspora galega contada por mulleres, de María Alonso Alonso. "Un libro de conversas" que pon o foco na nova diáspora galega desde o punto de vista das súas protagonistas. Aténdenos a autora pouco antes da presentación da obra, que realizou na tarde desta sexta feira de forma telemática. 

Retrato de Marcial Valladares. (Foto: Real Academia Galega)
star
Reportaxes

Maxina. 200 anos de Marcial Valladares

A editorial Galaxia vén de homenaxear o escritor e lexicógrafo galego Marcial Valladares (1821-1923) polo bicentenario do seu nacemento, cunha reedición da súa novela Maxina ou a filla espuria. A obra, que foi publicada por entregas no ano 1880, está considerada como o primeiro exemplo de novela galega moderna. Galaxia busca con esta nova tirada pór o foco nun dos autores chave para entender a etapa do Rexurdimento, ao tempo que recupera un dos títulos clásicos da literatura moderna do noso país.
Francisco Castro, director de Galaxia (Foto: Nós Diario).
star
CULTURA

Francisco Castro: "Os homes debemos tomar conciencia da nosa mala educación patriarcal, temos que avergoñarnos de ter iso metido dentro"

O escritor e editor Francisco Castro vén de tirar do prelo 'O cemiterio de Barcos' para a colección Costa Oeste de Galaxia. Unha novela de amor, aventuras e memoria histórica que sae publicada á vez nas catro linguas do Estado español. Con cinco anos á fronte da editorial, Castro atende 'Nós Diario' en plena promoción do libro. 
 
Domingo Villar na taberna do Elixio, en Vigo. (Foto: Nós Diario)
star
Domingo Villar publica o volume de relatos 'Algúns contos completos'

Algúns contos para agasallar

Domingo Villar afástase do seu rexistro habitual para ofrecer un monllo de relatos de vocación lúdica. 'Algúns contos completos' contén unha escolma das pequenas historias escritas ao longo de quince anos para agasallar ás amizades ou para animar reunións. Protagonizados pola idea de viaxe e co mar no centro do seu horizonte, o volume está ilustrado con linogravados de Carlos Baonza, nunha sincera exaltación da vida e da beleza non exenta de humor. 
Marta Dacosta nunha lectura de poemas de Rosalía de Castro (Foto: Santos-Díez / AELG)
star
Libros: 'Notas sobre a extinción', de Marta Dacosta

Beatus ille ou poesía moral?

Nada máis revolucionario e evocador que o "desexo irrefreable das cereixas /cereixas e cereixas e cereixas e cereixas"
Marilar Alexandre
star
Libros: 'As malas mulleres', de marilar Aleixandre

A paisaxe das cadeas

O recurso principal da historia, que pode detectarse xa no título, é achegarse a un protagonista colectivo e rescatalo do esquecemento.
Xosé Antonio Perozo. Foto:Eduardo Castro Bal / AELG
star
Libros: 'O libro das avoas", de Xosé A. Perozo

O ritmo da poesía

Os versos de Perozo xogan á sinxeleza e ao cotián, sempre ao redor da figura da avoa e, aínda que poden ser gozados por crianzas maiores de oito anos, tamén dá a sensación de que poderían ter un público excelente moito máis novo.
Unha representación de 'Fillos do sol', na posta en escena de Contraproducións
star
Libros: 'Fillos do sol', de Cándido Pazó

A obra inconclusa

Fillos do Sol é unha peza de Cándido Pazó estreada hai catro anos pero da que sempre é unha boa nova saber que tamén queda fixada en forma de libro, ao alcance desa parte do público que sabe que o teatro tamén pode lerse e como referencia perdurábel para o estudo. 
O escritor estradense Marcial Valladares nun retrato coloreado [Nós Diario].
CULTURA

A 'Maxina' de Marcial Valladares gaña nova vida

Co gallo da celebración dos douscentos anos do nacemento de Marcial Valladares (A Estrada 1821-1903), figura chave no Rexurdimento, a editorial Galaxia réndelle homenaxe tirando do prelo unha edición especial de 'Maxina ou a filla espuria', obra considerada o primeiro exemplo de novela galega moderna. 
Comida entre o golpista Francisco Franco e un grupo de soldados durante a guerra civil española [Museo Reimóndez da Estrada. Fondo Blanco Fuentes].
A historia fotográfica dos galegos que loitaron obrigados na guerra civil

'Soldados forzosos', a face oculta do drama

A colección Memoria Histórica da Editorial Galaxia acolle a última publicación de Francisco J. Leira-Castiñeira, 'Soldados forzosos', un volume fotográfico que saca á luz as imaxes da guerra civil española. Desde a fronte até os desfiles militares, o libro pon voz, e rostro, a aquelas persoas que foron obrigadas a loitar no bando insurxente.
A escritora e filóloga galega Beatriz García Turnes. (Foto: Xermar) #literatura #galaxia #editorialgalaxia #beatrizgarcíaturnes #historia #muller
Beatriz García Turnes vén de publicar 'Esta noite hei de ir a verte'

Beatriz García: "Na investigación bélica a violencia que se exerce contra a muller non deixa rastro"

Beatriz García Turnes (Santiago de Compostela, 1973) ven de publicar con Editorial Galaxia Esta noite hei de ir a verte, unha novela xuvenil de misterio sobre unha mestra que chega a unha vila galega no ano 1964 e alí acontecen eventos estraños. A escritora e filóloga conta ademais con outras publicacións no mercado como A lingua galega entre 1875 e 1916. Situación social e consciencia idiomática (2004), a Vida e obra de Ramón Piñeiro (2009) e o ensaio Antera de Quental e Teófilo Braga e a súa relación coas letras galegas (2016).
Sara-Vila
Sara Vila, premio Illa Nova de Narrativa

Sara Vila: "Na busca do noso oco no mundo, as mulleres atopamos máis dificultades"

Xornalista do Diario de Pontevedra, Sara Vila, vén de proclamarse vencedora do V Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos coa novela Oito días sen Eva Cortes. Un galardón que outorga  Galaxia coa colaboración do Ámbito Cultural de El Corte Inglés e do que a autora conversa con Nós Diario.
sara vila
CULTURA

Sara Vila Alonso gaña o Premio Illa Nova de Narrativa con ‘Oito días sen Eva Cortes’

O xurado apunta que a obra destaca "pola súa solvencia narrativa, pola historia que atrapa dende o primeiro capítulo e polo tratamento de moitos temas de plena actualidade dende o cuestionamento".

'Os fillos do sol', de Cándido Pazó, será publicada proximamente na nova colección de teatro de Galaxia. (Foto: Cristina Becerra) #teatro #cándidopazó #osfillosdosol #galaxia
Galaxia anuncia unha nova colección dedicada ao teatro

A literatura dramática deixa as táboas para asomar aos andeis das librarías

Nos últimos anos, son varias as editoriais galegas que abren espazos para ocuparse dos textos escritos para o teatro. Tradicionalmente esquecida, a literatura dramática comeza a abrirse un discreto oco nos catálogos das editoras galegas, aínda que a súa aceptación por parte do público lector segue estando 
en cuestión.
Nee Barros
star
Libros: 'Identidade', de Nee Barros

Que põe o teu DNI?

Identidade é uma obra de teatro que, em cinco atos, debulha a luita de Zé para poder ser Zé. Zé tem 15 anos e não quer ser Maria. Em realidade sempre foi Zé, mas é assim como é visto polo mundo em que vive, como uma María algo machola e desorientada.