Editorial Galaxia

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes. (Foto: Nós Diario)
Galaxia reedita 'A Cidade dos Césares'

Víctor Freixanes: "Todas as miñas novelas son froito dunha reflexión sobre o país"

Galaxia vén de reeditar A Cidade dos Césares, a novela de Víctor Freixanes que relatou a epopea das familias galegas que foron poboar a Patagonia no século XVIII. Historia, mito e literatura únense para desvelar un capítulo pouco coñecido do pasado e para crear unha das grandes novelas históricas da literatura galega.
Raquel Castro Martínez presenta hoxe 'Planeta Bugallo'.
star
Libros: 'Planeta Bugallo', de Raquel Castro

A lingua universal

Imaxinar que as cousas poden ser doutra forma é un exercicio que tamén nos leva a enfoques divertidos e ese é outro dos elementos que Raquel Castro volve manexar notabelmente nesta nova peza de teatro infantil.
O escritor e profesor Ignacio Vidal Portabales, autor da obra galardoada 'As horas dunha illa remota'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Ignacio Vidal Portabales: "Escribo porque é algo que me acouga e o meu principal obxectivo ao facelo é divertirme"

Ignacio Vidal Portabales (Compostela, 1958), profesor de Dereito Mercantil na Universidade de Santiago de Compostela, aínda non hai dez anos que lanzaba a súa primeira novela, 'Dióxenes en Dolorida' (Xerais, 2013), tras ser distinguido co prestixioso Premio Blanco Amor. Desde entón vai acumulando narrativa e premios a un ritmo notábel e este ano abordaba tamén un xénero esixente como o infanto-xuvenil coa novela 'Sangue no dron' (Xerais, 2022). A semana pasada, o xurado do Manuel García Barros da Estrada anunciaba que a súa obra 'As horas dunha illa remota' resultara gañadora da edición deste ano. Unha nova novela que verá a luz con Galaxia en decembro.
García Barros
'Sonoridade das auras' compila unha obra dispersa e inédita

Galaxia reúne nun volume, por primeira vez, toda a poesía de García Barros

Por primeira vez, un volume reúne toda a obra poética -inédita ou dispersa en xornais e revistas da época- de Manuel García Barros, nunha edición a cargo de Carlos Loureiro Rodríguez e Xesús Domínguez Dono.
Arancha Nogueira.
star
Libros: 'Antese', de Arancha Nogueira

Os xardíns interiores

Desde o ton próximo da conversa o eu lírico achégase á convivencia coa nai que é, á fin, a convivencia de dúas formas de produción, dúas formas de transformar as vivencias persoais en obxecto artístico.
Charo Pita
star
Libros: 'Retratos en branco e negro', de Charo Pita

Entre a estampa e a maxia

Charo Pita céntrase sobre todo en protagonistas femininas en situacións moi concretas, das que deixarnos finalmente un xiro, ás veces sorprendente, co que mudar a nosa interpretación sobre a súa realidade.
O escritor e director da Editorial Galaxia, Francisco Castro (Foto: Judith Cendón).
Relatan...Nós

Francisco Castro: "Desde a literatura temos que contribuír a amosar á sociedade os perigos da ultradereita"

Nós Diario achega esta quinta feira ás lectoras e lectores o relato Angelito, da autoría de Francisco Castro. O escritor vigués e director da Editorial Galaxia participa con este texto da colección de relatos Relatan... Nós, que acompañará este xornal no mes de xuño para celebrar os dez anos de Sermos Galiza SA, empresa editora deste xornal. Castro afonda en Angelito no tema que máis lle preocupa nestes momentos: o ascenso da ultradereita. Esta cuestión tamén é un dos argumentos da súa primeira obra de ensaio, Isto SI é un home. Unha mirada masculina contra o patriarcado (Galaxia, 2022).

Xosé Ramón Pena, estudoso da literatura galega e narrador. (Foto: Santos-Díez)
CULTURA

Xosé Ramón Pena: "O escritor non debe depender demasiado do público lector"

É un dos grandes historiadores da nosa literatura, mais tamén un narrador minucioso con varios títulos no seu haber. Xosé Ramón Pena presenta agora un volume de relatos, En tempo de desconto (Galaxia), no que se mergulla na sociedade do final do franquismo. Historias que iluminan unha parte fundamental do noso pasado.recente.
Florencio Delgado Gurrriarán (Foto: Consello da Cultura Galega).
CULTURA

Francisco Castro aborda a obra de Gurriarán na UDC

Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, participará esta terza feira nun encontro arredor da figura e a obra de Florencio Delgado Gurriarán na UDC. 
Xesús Rábade Paredes (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Xesús Rábade Paredes recolle as súas memorias en 'A luz co tempo dentro'

A obra describe, segundo as palabras do autor, a vida dun "escritor contracorrente". A obra foi publicada pola Editorial Galaxia. 
Florencio Delgado Gurrriarán (Foto: Consello da Cultura Galega).
CULTURA

A Fundación Penzol contará cunha mostra de Delgado Gurriarán

A exposición consta de documentación gardada na Casa Galega da Cultura sobre aspectos biográficos, políticos, o seu exilio mexicano e a súa presenza en publicacións.
Paula_Carballeira (Foto: Distrito Xermar)
star
Libros: 'As alumnas', de Paula Carballeira

Os ángulos cegos

Somos especialmente conscientes do drama que supuxo a derrota republicana en termos de execucións e exilios, pero hai unha parte da historia da represión que segue a ser menos coñecida. O retroceso do sistema educativo e dos dereitos das mulleres convertían o Estado español nunha inmensa gaiola.
Miguel Anxo Seixas. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Miguel Anxo Seixas: "Castelao era un político, fronte a outros que eran uns intelectuais"

Non hai no mercado unha biografía tan exhaustiva e completa sobre Castelao como a escrita por Miguel Anxo Seixas Seoane, da que Galaxia vén de publicar o terceiro e último tomo. Unha análise sobre o pai do galeguismo que, tal como o seu autor indica, é como unha cámara que amplía a perspectiva, contextualizando até o último detalle os feitos da vida e obra de Castelao. Unha obra magna na que a interpretación corresponde, sobre todo, á lectora e ao lector Mais na que, segundo Seixas, hai cuestións indiscutibles como o compromiso ético do autor de Sempre en Galiza.   
O escritor e avogado, Marcos Calveiro, acostuma a traballar nas súas obras con protagonistas históricos (Foto: Santos-Díez (Ollo de Vidro-ACAB).
CULTURA

Marcos Calveiro: "O meu orgullo sería que alguén, despois de ler esta novela, decidise investigar sobre Curros"

No derradeiro terzo do século XIX coñécense en Londres Curros Enríquez, Sherlock Holmes e Karl Marx. Esa é a base da última obra de Marcos Calveiro, Curros & Holmes no misterio d’O kapital (Editorial Galaxia, 2022), que inicia unha saga de aventuras na capital do Reino Unido. Nós Diario conversa co autor para coñecer algúns detalles de tan orixinal proxecto. 
Florencio Delgado Gurriarán. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Unha mostra recolle obxectos persoais de Florencio Delgado Gurriarán

A exposición producida pola Editorial Galaxia, 'Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños’, explica de maneira didáctica a vida e a obra do poeta valdeorrés.
Xosé Monteagudo (Foto: Emilio Campos Ameijeiras).
CULTURA

Xosé Monteagudo: "Estou convencido de que o que describo na novela existirá nun futuro próximo"

Como podemos deixar para o futuro a memoria do que fomos? Unha posíbel resposta é a que introduce Xosé Monteagudo na súa última novela Eternity, gañadora do Premio de Narrativa Breve Repsol 2021 e publicada pola Editorial Galaxia. O seu autor conversa con Nós Diario sobre os elementos protagonistas dunha trama que fala, tamén, de precariedade laboral.  
Capa da publicación (Foto Editorial Galaxia).
CULTURA

Unha biografía de Suso Vaamonde reivindica a súa figura pioneira

O traballo, realizado por Fernando Fernández Rego, publicouno a Editorial Galaxia. 
Xosé Monteagudo.
star
Libros: 'Eternity', de Xosé Monteagudo

A rede social da morte

Unha novela que combina a reflexión sobre o papel das redes sociais no noso mundo e a cuestión de como construímos o recordo de persoas finadas, un punto de partida orixinal que aínda está acompañado da implicación persoal da protagonista.
Todos vós sodes
star
Reportaxes

Unha década de Novo Cinema Galego

Do lado positivo, pór Galiza no mapa da cinema internacional. Do negativo, unha certa visión, por parte das institucións, do Novo Cinema Galego como unha sorte de creación cinematográfica de segunda. Beli Martínez resume así o balance da que foi xa a primeira década do Novo Cinema Galego. O ensaio Lume na Periferia achega interesantes propostas que axudan a reflexionar sobre este e outros diversos aspectos relacionados co acontecido no período do cinema galego que comezou co recoñecemento logrado por varios cineastas en festivais internacionais a partir de 2010.
O escritor e director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro, nunha autofoto (Foto: F. Castro).
CULTURA

Francisco Castro: "Vivimos nunha sociedade machista e patriarcal, hai que dicilo con total claridade"

Esta semana chegou ás librarías Isto SI é un home, o primeiro ensaio de Francisco Castro, escritor e director xeral da Editorial Galaxia. No libro o autor sinala a sociedade patriarcal e o machismo desde a súa propia condición de varón. En conversa con Nós Diario reflexiona sobre a revolución feminista e as razóns que ten para apoiala.