Dorothé Schubarth

Miriam Louzao, concelleira de Capital Cultural, na presentación da 19ª edición da MICE.
Cinema

A 19 edición da MICE propón unha mirada feminina sobre o cinema etnográfico

Dirixido dende a primeira edición por unha muller, a mostra conta cunha representación feminina do 50% na programación, e mantén unha sección específica para filmes asinados por mulleres. A sesión inaugural, o 20 de marzo no Teatro Principal, será unha homenaxe ao legado da etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth.
A compositora e cantante Belém Tajes. (Foto: Benxamín Otero)
Contracultura

Belém Tajes: "Mesturei a voz da miña avoa, gravada por Dorothé Schubarth, con sons electrónicos"

Belém Tajes é cantante, compositora e especialista en musicoterapia. A artista vén de publicar 'Arou'79', o primeiro sinxelo do seu novo disco que chegará en abril. Neste tema, Tajes parte dunha gravación da súa avoa cantando en Arou, no concello de Camariñas (Terra de Soneira) no ano 1979, e que foi rexistrada por Dorothé Schubarth, a musicóloga suíza que contribuíu enormemente á recollida e recuperación do patrimonio musical galego. Con este single, Tajes homenaxea a súa avoa e Schubart, mais tamén a música e as expresións artísticas tradicionais da Galiza.
Fotograma do documental 'Dorothè Na Vila' (2020), de Alejandro Gándara e Olaia Tubío.
star
Análise

Quitar o po á historia

Andrea Barreira é escritora e xornalista, e imparte obradoiros de escrita.

Mensaxeiras do lado da música: Dorothé Schubarth e Hildegard von Bingen

Memoria contra a cinsa

Dorothé na vila.
Agora

O documental 'Dorothé na vila', sobre o legado de Schubarth, xa en aberto

A pasada semana finou en Xenebra a etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth, unha das persoas que máis fixeron pola recuperación e posta en valor do folclore musical da Galiza. E co gallo do seu pasamento os directores Alejandro Gándara e Olaia Tubío veñen de pór en aberto, a través da plataforma Vimeo (nesta ligazón), o documental Dorothé na vila, unha obra que segue o rastro de Schubarth no seu percorrido pola Galiza desde finais dos anos 70, nun periplo que as levou a descubrir as historias que se agochan tras o Cancioneiro Popular Galego.
Libro de condolencias na lembranza de Dorothé Schubarth, dispoñíbel na entrada do Museo do Pobo Galego. (Foto: Museo do Pobo Galego)
CULTURA

O Museo do Pobo Galego instala un libro de condolencias na memoria de Dorothé Schubarth

Estará dispoñíbel no horario de apertura do museo

Dorothé Schubarth. (Foto: Dorothé na Vila).
Obituario

Día de loito nunha Galiza que despide a gran valedora do seu folclore musical, Dorothé Schubarth

Schubarth, autora canda Antón Santamarina do 'Cancioneiro popular galego', finou o pasado 6 de setembro en Basilea aos 80 anos de idade.
Dorothé Schubarth. (Foto: Dorothé na Vila).
star
Reportaxes

Dorothé na vila

A forma de vida mudou e con ela a transmisión da tradición oral. Moitas das tarefas xa non se realizan en comunidade como hai anos e isto repercutiu na forma na que as cancións -que acostumaban acompañar as tarefas realizadas en comunidade- pasan de xeración en xeración. O resultado foi a perda de moitos cantares, pois non quedaban rexistros deles en lado ningún. Neste punto é no que cobran principal relevancia as recollidas.
Richi Casás co seu saxo no Arco do Túnel da Vila da Igrexa (Cerceda, 2019) [Foto: Eutropio Rodríguez].
Música

'Fuliada na Vila': a tradición eléctrica que une Miles Davis e Dorothé Schubarth

"As rapaciñas da vida / eu direi quen elas sone", ouvimos cantar o retrouso, pero ao xeito do jazz, na particular reinterpretación de 'Fuliada na Vila'. Richi Casás ofrece pezas orixinais xunto a adaptacións de melodías do 'Cancioneiro Popular Galego', que recollían as voces da súa avoa Rosa e da súa tía Adolfina, cuxas gravacións completan o repertorio. Conversamos co saxofonista, representante da "xeración pos túnel", sobre o rol da tradición hoxe, a accesibilidade e dixitalización dos arquivos sonoros ou as diferenzas entre torreiro e conservatorio. 
Victorina (informante do Vilar, Carnota) e María de Fetós
A MICE estrea 'Dorothé na Vila'

Tras as pegadas de Dorothé, retrato dun mundo que esvaece

Unha textura sonora granulada enmarca o canto dunha recollida, mentres a paisaxe do Courel ocupa a pantalla. Con esta potencia arrinca 'Dorothé na Vila', un documental que Alejandro Gándara e Olaia Tubío estrean hoxe na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (Compostela). As realizadoras seguen o rastro da musicóloga Dorothé Schubarth no seu percorrido pola Galiza desde finais dos anos 70, nun periplo que as levou a descubrir as historias que se agochan tras o 'Cancioneiro Popular Galego'.

Na imaxe, Dorothé Schubarth, en Compostela. Foto: Irene Pin.
CULTURA

Dorothé Schubarth: "O pulso do canto galego é como un péndulo"

Entrevistamos Dorothé Schubarth (Basilea, 1944), co gallo da recollida do Premio Mestra da Memoria, outorgado pola AELG en Lugo.  Musicóloga, compositora, editora e estudosa do Cacioneiro Popular Galego, publicado ao carón de Antón Santamarina. Unha obra imprescindíbel da lírica de tradición oral, que conta tamén con gravacións únicas agora auspiciadas polo Arquivo Sonoro de Galiza. Eis un estrato da peza publicada no número 370 do semanario en papel Sermos Galiza.

 

foto_pallares
Asemblea Xeral

A AELG premia Pilar Pallarés, Dorothé Schubarth, Pablo Quintana e María Teresa Horta

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega revela o nome das persoas que premiará este ano.

1142dorothe
CULTURA

Premio honorífico dos músicos para Dorothé Schubarth

Veu a Galiza de vacacións hai case 40 anos e rematou facendo a maior recolleita do cancioneiro tradicional galego. Agora a Asociación de Músicos ao Vivo recoñécelle o seu legado outorgándolle o seu Premio Honorífico 2017.

Dorothé recollendo
CULTURA

O arquivo de Dorothé volve ao pobo

Durante cinco anos camiñou polas aldeas para recoller a nosa cultura musical popular. Corría o 1978 e a imaxe dunha musicóloga suíza na busca de cantigas non pasaba desapercibida. Agora Dorothé Schubarth doa o seu arquivo ao Museo do Pobo Galego. 

CULTURA

O “Día das Galegas nas Letras” bota a andar cunha homenaxe a Dorothé Shubarth

Un “Día das Galegas nas Letras” . As da plataforma A Sega collen o seu foucín, arrefuzan as mangas e propoñen celebrar o “Día das Galegas nas Letras”  que nesta primeira edición renderá homenaxe a Dorothé Schubarth, a compiladora do Cancioneiro Popular Galego.