Dioivo

Dioivo en Palma. (Foto:Tuco Martín)
CULTURA

Dioivo presentará en Vigo o seu novo álbum 'Cara os ceios incrementes'

O dúo estará acompañado por Karracho e os segovianos Mortal Maze.

Dioivo - 'Cabeiros'
CULTURA

Dioivo - 'Cabeiros'

O dúo de metal vigués Dioivo, formado por Daniel Valladares Otero (batería) e Jacobo Mouriño Almeida (guitarra e voz), vén de estrear o seu novo tema con videoclip, Cabeiros. "Unha canción especial dentro do noso repertorio e amosa unha nova faceta do grupo", afirman. Cabeiros é un dos once temas que conforman o último álbum de Dioivo, 'Cara os Ceios Incrementes', que viu a luz a comezos de xuño e que inclúe tamén, entre outros, Retorno a Tagen Ata, unha adaptación musical da popular obra de Xosé Luís Méndez Ferrín, que colabora co dúo, así como Hai sede na nova Galicia, no que poñen música ao poema homónimo do autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas de 2022, Florencio Delgado Gurriarán.
Dioivo - 'Hai sede na nova Galicia' [Delgado Gurriarán]
CULTURA

Dioivo - 'Hai sede na nova Galicia' [Delgado Gurriarán]

A banda viguesa de heavy metal Dioivo publicou esta sexta feira o seu novo videoclip, 'Hai sede na nova Galicia', un tema no que poñen música ao poema homónimo do homenaxeado polo Día das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán.
Dioivo e Xosé Luís Méndez Ferrín: Retorno a Tagen Ata
CULTURA

Dioivo e Xosé Luís Méndez Ferrín: Retorno a Tagen Ata

Dioivo vén de sacar un novo tema, onde poñen música ao Retorno a Tagen Ata de Méndez Ferrín, obra que vén de cumprir 50 anos, e o propio autor colabora no tema facendo as narracións.