Diego Ameixeiras

Düas páxinas de 'Os suicidantes'.
star
CULTURA

Diego Ameixeiras e Tomas Guerrero levan ao cómic unha fábula política

Os suicidantes é a estrea de Diego Ameixeiras como guionista de banda deseñada. Con debuxos de Tomás Guerrero, o libro editado por Xerais presenta unha trama de novela negra que adopta a forma de distopía, mais tamén de fábula política sobre un mundo que cada vez lle vira máis as costas ás relacións humanas en aras de manter un sistema exclusivamente pendente do beneficio económico.