540 persoas detidas e máis de 400 policías feridos nas protestas do 1º de maio en Francia
O conflito contra a reforma das pensións de Macron intensificouse esta segunda feira.
O conflito contra a reforma das pensións de Macron intensificouse esta segunda feira.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou unha “saída xusta” ante unha crise dos prezos “con escandalosos beneficios” para sectores como as eléctricas ou a banca, segundo expuxo na manifestación convocada pola CIG en Vigo con motivo do Día Internacional da Clase Traballadora. Pontón incidiu nas “dificultades” polas que pasa a clase obreira para chegar a fin de mes e destacou que “o incremento do beneficio empresarial está sete vez por riba dos salarios”.
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou a xestión do Goberno do Estado en material laboral, con motivo da mobilización do primeiro de maio en Vigo, á que asistiu xunto a outros dirixentes políticos. “Hoxe é un día de celebración, non é para estar totalmente satisfeitos pero si estamos no bo camiño para recuperar dereitos dos traballadores e das traballadoras”, sentenciou en declaracións á prensa.
O presidente da Xunta da Galiza, Afonso Rueda, chamou nas súas redes sociais a aproveitar “con sentidiño” as oportunidades para prosperar na Galiza. O líder do PP na Galiza, que non participou en ningunha das manifestacións convocadas polo Día Internacional da Clase Traballadora pero si na coroación da Virxe da Xunqueira, en Cee (Fisterra), afirmou que a Galiza “ten potencial para seguir crecendo e creando cada vez máis postos de traballo de calidade”.
Máis de mil persoas manifestáronse na Coruña na mobilización convocada por CCOO e UXT. Ambos destacan a importancia da nova reforma laboral e lanzan críticas contra a CEOE.
Milleiros de persoas reclamaron "unha saída galega xusta á crise", así como "políticas alternativas" ás que agora están a provocar "a desertización industrial e social da Galiza".