INTERNACIONAL
Autoridades do Paquistán prohiben reunións públicas para frear Khan
09/mar./23
O veto tamén afectou as marchas polo 8-M.
TRABALLO
Os sindicatos inician as marchas do 8-M na Galiza para reclamar a igualdade de xénero
08/mar./23
A CIG demanda "salarios e condicións de traballos dignas que permitan facer fronte á crise da suba de prezos, que afecta as mulleres de maneira particular".
SOCIAL
Un de cada cinco homes cre que a violencia machista "é un invento ideolóxico" e o 10% nega as desigualdades de xénero
08/mar./23
O Colexio de Psicoloxía chama a atención sobre este alarmante "retroceso" nos últimos anos e insta a reverter as estatísticas con educación en igualdade desde as aulas.
POLÍTICA
Rueda recorre á Lei do 'só si é si' como munición contra BNG e PSdeG
08/mar./23
O debate sobre a reforma da Lei do 'só si é si' desta terza feira no Congreso español tivo prolongación onte no Parlamento galego, onde o presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, utilizou a polémica ao redor desta norma como munición contra o BNG e o PSdeG, os que responsabilizou de que "centos de agresores sexuais estean na rúa". Respondía así ás críticas de nacionalistas e socialistas ás políticas do Goberno galego en igualdade.
SOCIAL
Xornalistas Galegas fai un chamamento para "compatibilizar" convocatorias de prensa e conciliación
08/mar./23
A asociación reivindica o uso das tecnoloxías como "vía de promoción de cara á cidadanía nos aspectos que non requiren unha cobertura informativa profesional".
TRABALLO
A Xustiza decreta compensacións a mulleres "polo traballo doméstico non retribuído"
08/mar./23
A localidade andaluza de Vélez-Málaga colleu protagonismo nas últimas horas após obrigar unha xuíza a un home a indemnizar a súa ex muller con máis de 200.000 euros por ocuparse "en exclusiva" das crianzas e dos labores do fogar durante todo o matrimonio, "quedando privada de toda posíbel traxectoria laboral". O pasado mes unha redondelá foi a primeira galega en lograr esta compensación, por valor de 35.000 euros.
star
Análise
De chans pegañentos, teitos de cristal e demografía
08/mar./23
A xornalista Paula Castro analiza para 'Nós Diario' as problemáticas que afecta as mulleres no eido profesional.
Entrevista
Ana Durán Penabad, investigadora: "O da Galiza tradicional foi un patriarcado sen homes"
08/mar./23
Ana Durán Penabad (A Coruña, 1978) é investigadora e secretaria da Sociedade Galega de Antropoloxía, de cuxa man avanzou no estudo do papel das mulleres na sociedade tradicional galega. Esta sexta feira, no marco do 8-M, falará en Mañón sobre a súa experiencia vital.
star
SOCIAL
Os feminismos advirten de que sen servizos públicos non hai igualdade
08/mar./23
Para conmemorar o Día Internacional das Mulleres Traballadoras, esta cuarta feira, 8 de marzo, 'Nós Diario' conversa coa politóloga e doutora en Ciencias Sociais Luca Chao, coa militante da Marcha Mundial das Mulleres Ximena González e coa directora do Centro de Información á Muller (CIM) de Bueu, Montse González, para analizar como o desmantelamento dos servizos sociais afecta de maneira especial ás mulleres.
star
Semana da prensa
A análise dos estereotipos de xénero é unha das actividades máis eficaces nas aulas
07/mar./23
Este 8 de marzo, na segunda entrega do especial de Nós Diario pola Semana da Prensa no Ensino, docentes de diversos centros ofrecen orientacións para o tratamento da igualdade nas aulas.
star
TRABALLO
O soldo de 42% das asalariadas galegas é igual ou menor á contía do salario mínimo
07/mar./23
A porcentaxe de mulleres asalariadas da Galiza que gañaba unha contía similar ou inferior ao salario mínimo en 2021 situábase en 42,4% a pesar de que a taxa de actividade feminina do país é a segunda máis baixa do conxunto do Estado español. Desta forma, máis da metade das mulleres en idade de traballar da Galiza, até 50,8%, non tiña unha ocupación laboral no ano 2022.
8-M
As mulleres avanzan no motor galego
07/mar./23
As mulleres tamén teñen presenza no automobilismo galego. Malia a súa invisibilización durante anos, unha nova xeración puxa por estar en todos os ámbitos no mundo do motor. Coa mudanza de proxecto este ano na federación, ábrese tamén unha oportunidade para que entren novos valores femininos.
Contracultura
Lupe Gómez: "Creo moito no que nos contamos as mulleres e na amizade entre as persoas novas e as maiores"
07/mar./23
Lupe Gómez, poeta e xornalista, vén de ser recoñecida co Premio Manuel Lueiro Rey pola súa obra 'Salón de Té'. Gómez aborda a creación e a recuperación da memoria a través das figuras da súa infancia xa que son, como ela di, “mulleres luminosas, que me transmitían moita luz”.
8-M
O feminismo galego sae á rúa. Coñece todas as mobilizacións convocadas para este 8-M
07/mar./23
As organizacións feministas da Galiza convocan a poboación a encher as rúas do país para reivindicar a igualdade.
star
INTERNACIONAL
A ONU alerta de que farán falta tres séculos para acadar a igualdade de xénero
07/mar./23
A principal institución internacional advirte que o "patriarcado" intenta reverter os avances cara á igualdade de xénero, facendo case imposíbel alcanzar en 2030 os obxectivos fixados neste sentido. Á vez, a violencia marca a vida dun terzo das mulleres do mundo.