Mar Álvarez
08/mar./23 7:50
Para conmemorar o Día Internacional das Mulleres Traballadoras, esta cuarta feira, 8 de marzo, 'Nós Diario' conversa coa politóloga e doutora en Ciencias Sociais Luca Chao, coa militante da Marcha Mundial das Mulleres Ximena González e coa directora do Centro de Información á Muller (CIM) de Bueu, Montse González, para analizar como o desmantelamento dos servizos sociais afecta de maneira especial ás mulleres.