As que tecen a historia
de escrita
Marica Campo (Val do Mao, O Incio, 1948) practica unha literatura de forte pegada lírica. Procurou rescatar figuras femininas das mans do patriarcado. Nunca cedeu ás modas hexemónicas. Escribiu en todos os xéneros e en todas as formas, mesmo en sextinas. A plataforma de crítica feminista A Sega escolleuna para lle dedicar o quinto Día das Galegas nas Letras.
A escritora vén de ser elixida como Señora das Letras 2018, a celebración argallada pola Sega para salientar a figura dunha muller que contribuíse de forma destacada á cultura en xeral e á literatura en particular. Podes ler o manifesto no interior.
A protagonista será Patricia Janeiro, Señora das Letras 2017, e a xornada discorrerá entre roteiros, lectura de manifesto, xantar popular, obradoiros e espectáculos variados.