desmemoria

Imaxes da catástrofe do Prestige. (Foto: Europa Press)
star
Reportaxes

Saír da caverna

Se ben a sociedade actual está véndose cada vez máis afectada pola ameaza da desmemoria, quen non ten recordos do pasado próximo padécea en maior medida. Por iso, as novas xeracións teñen o dereito, e a urxencia, de recibir a memoria dos acontecementos que forxaron as anteriores, de coñecer a súa historia para construíren o seu propio camiño a partir dela. Resulta pertinente preguntármonos como se está a transmitir a memoria á xuventude e que eivas de coñecemento existen ao respecto.