deseño

"Pop up pandémica" no hotel San Cibrao, que gañou un premio. (Foto: COAG)
CULTURA

Os premios á arte da arquitectura viran cara ás solucións residenciais na Galiza

O xurado dos Gran de Area do Colexio Oficial de Arquitectos da Galiza (COAG) elixiu 13 achegas, 9 delas casas unifamiliares, pisos e mesmo un edificio de vivendas sociais. Tamén levou un premio un elemento pensado como solución dunha infraestrutura hoteleira fronte á Covid-19.
Deseño de capas de libros: á esquerda de 1925, á dereita de 1924.
O uso da cor con xenerosidade, as tintas planas, o debuxo marcado e
as orlas baseadas na decoración dos estampados nos panos populares
expresan o entusiasmo co que Abelenda afronta esta época dos anos vinte.
star
Deseño

Abelenda na marxe

Nas marxes hai moita vida, hai avances que no centro son imposíbeis, compromisos de máis, moita presión, no centro a cousa é seria, hai solemnidade. Na marxe improvísase, pode un fartarse de rir, hai humor e fantasía, hai liberdade, pódese arriscar e se falla tanto ten, total: é unha arte menor. Daquela, nos anos vinte e trinta, era así.
Rebeca Domínguez é a creadora da marca “Son un toxo”. (Foto: Nós Diario)
Rebeca Domínguez é ilustradora

Rebeca Domínguez: “Usamos roupa con frases en inglés que non entendemos mentres o galego vai relegándose”

Rebeca Domínguez é unha ilustradora coñecida pola súa marca “Son un toxo e máis”. Os seus deseños, que xuntan ilustracións e trazos minimalistas con pequenos lemas en galego, pódense ver polas rúas, estampados en diferentes pezas de roupa como suadoiros ou camisetas. Rebeca leva desde pequena vencellada ao mundo da ilustración, aínda que nunca recibiu formación académica neste eido. Para ela, o seu obxectivo é duplo: desfrutar da súa paixón ao tempo que pon en valor o galego.
Planos de época dun automóbil fabricado por Barro en Chavín. (Foto: Apaga)
star
Deseño

Barroooooooooooooooooo

José Barro foi o precursor da automoción no país.
Víctor Moscoso.
star
Deseño

Viva Moscoso!

Unha exposición da Fundación Seoane recupera a figura do galego Víctor Moscoso, unha lenda do deseño gráfico da época da psicodelia de San Francisco.
Coleccións de libros para Pablo del Río Editor e Seix Barral.
star
Deseño

Con Alberto no corazón

Alberto Corazón propúxonos un modelo de deseñador, unha recta vía, agora si, de preguntas sobre os límites da profesión, de investigación constante,
Cartel de Fernández Mazas para
'Nós'.
star
Deseño

O como é o que conta

Sobre un cartel de Fernández Mazas para promocionar a revista Nós aparecido recentemente.
O interior das oficinas de Valga forma un grande atrio monumental.  / Foto: Héctor Santos
star
Arquitectura

Ansede Quintáns: Diálogo do Posíbel

Definir o traballo destes arquitectos é complexo. Vou valerme de dous extremos para acoutalos. A identidade da arquitectura de Ansede e Quintáns móvese entre a rehabilitación silenciosa e a innovación. Nun diálogo entre o lugar, as necesidades dos clientes e eles mesmos.
20210127_152950
Responsábel da marca Acontravento, cuxas prendas seguen o lema "Roupa ao noso xeito"

Macua: "O proxecto é algo para gañar a vida e tamén unha ferramenta de transformación social"

Acontravento é o nome dunha marca comercial de deseño e galego, da que é artífice un rapaz da Guarda que se coñece polo apelido, Macua. Os seus produtos, reza na propia web, “vinculan o local co global” tratando de reivindicar “a nosa identidade dun modo actual e contemporáneo”. Un proxecto que naceu en xullo de 2019 e que, con menos dun ano, tivo que atravesar a crise da Covid-19 e do confinamento. Conversamos con Macua sobre a súa marca, os seus obxectivos e os seus valores.
Bandeira do Clube Karepas (1917-1931), deseñada por Castelao
star
Deseño

Símbolos solleiros

Non sei se hai na Galiza algún lugar onde o sol xurda polo mar. Desde logo no Xapón o sol nacente ven do Pacífico, pero na outra metade do país o sol no mar é sempre poñente, no Mar do Xapón. Mesmo así na cultura xaponesa o sol é sempe nacente, así se titulaba xa o emperador no século VII, elixindo a faciana positiva deste astro simbólico de dúas caras: o abrente e o solpor, o mencer e o ocaso, o nacemento e a morte.
A casa do Taberneiro (Foto: Luís Díaz Díaz).
star
Reportaxes

Arrokabe: tocar madeira

Resulta paradoxal que moitas arquitectas vexan a madeira como un dos materiais do futuro, cando se leva usando desde sempre. Na construción tradicional era moi empregada, presente en tellados, vigas, portas, fiestras ou pisos. A industrialización fixo que se fose substituíndo por aluminio, aceiro, formigón ou plástico. Na actualidade, coas novas tecnoloxías aplicadas ao material e aos derivados, está a recuperar o protagonismo perdido.
Pescadoira antiga, por Federico Ribas (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Federico Ribas: os trazos do terror

Seis ilustracións de Federico Ribas atopadas no Museo de Pontevedra outorgan unha nova dimensión ao legado artístico deste maxistral deseñador. Sermos Galiza achégase neste artigo ás circunstancias vitais do autor que, desde o exilio en Arxentina, elabora unha serie de estampas estarrecedoras, que beben do terror inspirado e recollido polos relatos que lle chegan do outro lado do océano, historias en imaxe da represión nesa distante Galiza.  
A actriz Lucía Regueiro, con vestido vermello de Caasi Sera (Isaac Castelo) nas Badaladas 2018 da TVG. (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Tirar do fío: as novas mans da moda galega

Manexan con mestría mans e intelixencia para deseñar e entretecer a roupa dunha onda que atrae públicos con novos intereses. Son o presente e o futuro da moda galega, sen grandes marcas detrás. Autoras mozas con talento, algunhas xa graduadas, outras estabelecidas con obradoiro propio ou cun pé fóra na procura do que non atopan aquí. Sermos Galiza conversa con algunhas delas sobre o presente do seu oficio e o que agardan conseguir no seu futuro.
378 Deseño
star
Deseño

Chascarraschás

Permítanme que titule con esta onomatopea festeira para celebrar algo máis de coñecemento sobre a nosa vieira simbólica.
Exposición física na praza de Lugo (A Coruña).
CULTURA

O deseño galego reivindícase no #follow20, coa vista posta na primeira Semana do Deseño Galego

Durante esta semana está a ter lugar o festival #follow20, un ambicioso proxecto que arranca este ano coa idea de dar orixe en 2021 á Galician Design Week, integrada nos circuítos internacionais. 'Nós Diario' debulla os obxectivos desta "edición cero", que procura conectar o sector coa sociedade do país. 
Rehabilitacion vivenda praza Pescadores Vigo (2) COAG
CULTURA

As arquitectas galegas elixen as maiores aportacións á profesión neste 2020

Os Premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2020 foron fallados desde as delegacións de Ourense, Pontevedra e Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos da Galiza (COAG).
#follow20
CULTURA

O Novo Deseño Galego xa ten festival: #follow20

A Coruña acolle de 9 a 13 de novembro o mellor do tecido profesional galego en materia de deseño cun programa online e presencial. Trátase dunha "edición 0" que dará paso en xuño de 2021 á primeira Galicia Design Week.
Marcos Dopico, catedrático de Tipografía.
SOCIAL

O deseño galego dáse cita no seu primeiro festival

#follow20 é o nome do primeiro festival de deseño galego, que arrinca a próxima segunda feira, día 9 de novembro, na Coruña para reunir o máis destacado do tecido profesional nesta materia.

1_salsagaucha_nos
Caderno de Verán

Lora González, deseñadora: "Reivindicamos a nosa cultura do día a día"

As dúas socias detrás da marca SalsaGaucha, Noelia B. Rodríguez e Lora González, traballan para manter o éxito da marca orixinal e lanzar unha nova en paralelo. Para as dúas enseñas, a que se fixo famosa a través de Fernando Simón e Boro.tm, teñen previsto sacar novos produtos ao mercado en setembro
Juanlu Nacha
Juanlu Nacha crea as súas ilustracións coa axuda do lapis e o ordenador

"Chameille 'Garabatos' ás miñas obras porque son desordenadas coma min: saíron ao pai"

O artista sentiuse inspirado por uns debuxos pouco coñecidos do ilustrador Luís Davila. Así pasou de centrarse só no deseño gráfico a cultivar a súa faceta como artista no ano 2013. Agora os seus cadros son de sobra recoñecíbeis.