Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Unha moza de 26 anos, Florencia Elizabeth Gómez, atópase desaparecida en Santiago de Compostela desde o pasado 4 de xullo. Segundo informan fontes da Policía Nacional, a denuncia pola súa desaparición realizouse no mediodía da pasada cuarta feira, polo que activou un dispositivo de procura. SOS Desaparecidos indica que a rapaza é de complexión delgada; pelo longo, negro e ondulado; ollos castaños e ten diferentes tatuaxes.
SOS Desaparecidos desactivou na noite da cuarta feira a alerta pola desaparición de Vanesa Asorey Méndez, a muller de 35 anos de idade que estivo en paradoiro descoñecido desde a terza feira en Santiago. A Policía Nacional abrira unha investigación por mor da denuncia da súa parella, despois de voltar á casa do traballo constatar que a parella non estaba no domicilio. Non se descartaba "ningunha hipótese", tampouco a marcha voluntaria.
O home de 99 anos que permanecía desaparecido desde o domingo na Pontenova (A Mariña) foi localizado no mediodía desta terza feira en bo estado de saúde. O nonaxenario, que faltaba do seu fogar desde a tarde do pasado 30 de abril, foi atopado minutos máis tarde das 14 horas desta terza feira a dous quilómetros da súa vivenda por integrantes do dispositivo de busca.