Desaloxo Escarnio

Chema Naia entrando aos Xulgados de Fontiñas, en Compostela, o pasado 1 de marzo (Foto: @absolucionchema).
SOCIAL

Piden dous anos e dous meses de prisión para o activista Chema Naia

Está acusado dos presuntos delitos de lesións e atentado contra a autoridade nas mobilizacións contra o desaloxo do Escárnio e Maldizer, en 2017.
Concentración diante dos xulgados de Compostela en apoio a Chema Naia (Nós Diario)
SOCIAL

Suspéndese o xuízo a Chema Naia por cuestións técnicas

O xuíz tomou a decisión no momento de iniciar a práctica da proba, ao non ser posíbel reproducir ao mesmo tempo un vídeo na sala de vistas e no ordenador desde o cal os axentes denunciantes declaraban como testemuñas. O xuízo continuará o vindeiro 1 de marzo.

Chema Naia denunciou unha agresión policial na manifestación contra o despexo do Escárnio e Maldizer (Foto: Nós Diario).
Acusado de atentado contra a autoridade no despexo do Escárnio e Maldizer

Chema Naia: "Intentaron montar este relato para ocultar a brutalidade daquel día"

Cando a Policía desaloxou en maio de 2017 o centro social autoxestionado Escárnio e Maldizer (Compostela), Chema Naia apenas tiña 19 anos. Na manifestación posterior contra o despexo, asegura, foi "golpeado por dous axentes até caer tendido no chan". Porén, en decembro será xulgado por un presunto delito de atentado contra a autoridade.
mobilización escarnio e maldizer
SOCIAL

En liberdade as 9 detidas polas mobilizacións do Escárnio e Maldizer

A Policía detívoas na mañá desta terza feira en Compostela, A Coruña e Ourense. Convocáronse en varias cidades concentracións en apoio ás detidas, investigadas por atentado á autoridade e delitos contra a orde pública.

escarnio e maldizer persoa ferida represión
SOCIAL

Policía tramita 400 propostas de sancións contra os manifestantes polo Escárnio e Maldizer

Na mobilización do pasado sábado en Compostela as forzas de seguridade identificaron 116 persoas, que serán propostas para sanción administrativa por tres faltas, algunha de até 30.000 euros de multa . 

escarnio e maldizer
SOCIAL

O Colexio de Xornalistas condena “as trabas policiais” á cobertura do Escárnio e Maldizer

Impedimentos para realizar o labor, agresións con porras por parte de antidisturbios, ameazas con sancións administrativas por fotografaren policías ou a imposición do borrado de imaxes a un reporteiro gráfico.

Luís Villares. 27 Febreiro de 2017
Reaccións após os incidentes deste sábado en Compostela

"Non estiven alí, así que non podo saber se foi axeitada", di Villares sobre a actuación da policía

"Non houbo persoas feridas e rematou todo ao día seguinte con total normalidade", avaliou o portavoz de En Marea no Pazo do Hórreo. Por súa parte, Rubén Cela, concelleiro do BNG en Compostela, cualificou o dispositivo policial de "totalmente desproporcionado". Ao xuízo de Cela, nos incidentes do sábado a violencia veu exclusivamente da man da policía.

Escarnio
SOCIAL

Cargas policiais e dous detidos na manifestación polo desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer

As persoas manifestantes, máis de medio milleiro, non puideron acceder ao casco vello polo forte dispositivo policial. Tras ocupar de forma simbólica o antigo Peleteiro, 114 persoas foron identificadas polas unidades da Policía Nacional, que utilizou gases e pelotas de goma para dispersar as persoas concentradas.

Edificio abandonado na rúa San Paio de Antealtares
Desde Escárnio e Maldizer impulsábanse iniciativas contra a turistificación e a xentrificación

A zona vella de Compostela ten 1.100 vivendas baleiras

Dez, cen, mil centros sociais! Escoitábase estes días polas ruelas de Compostela a xente plantada diante dos antidisturbios mobilizados ante o despexo do CSOA Escárnio e Maldizer na Algalia de Arriba. Pode permitirse que esmorezan sen uso edificios históricos no corazón cultural do país? A zona vella ten 1.100 vivendas desocupadas, que representan 14% das existentes segundo dados do Consorcio de Santiago. 

Unha escarnecedora montaxe

manifestación
SOCIAL

O SUP pide que se condecore os policías das cargas na manifestación solidaria co Escárnio

O sindicato policial destaca o “excelente traballo” dos axentes a pasada terza feira en Compostela.

escarnio e maldizer
SOCIAL

Solidariedade dos centros sociais galegos co Escárnio e denuncia da "represión"

Centros de 10 cidades e vilas de Galiza asinan un comunicado no que defenden a necesidade de defender e crear espazos “para a cultura contra-hegemónica e ao serviço do povo galego”.

manifestación
SOCIAL

Cargas policiais na zona vella de Compostela contra os solidarios co Escárnio e Maldizer

Producíronse no Preguntoiro e Praza de Cervantes contra unha manifestación que se mobilizaba, inciden todas as fontes, de forma pacífica contra o desaloxo esta mañá da terza feira do CSOA. Unha persoa detida.

escarnio e maldizer. Imaxe Nós TV
SOCIAL

Desaloxan e tapian o CSO Escárnio e Maldizer

Policía cargou e retivo dúas persoas. Hai convocada unha concentración ás 20:00 horas desta terza feira na Praza 8 de Marzo. O Concello decretou a paralización do tapiado con bloques por se tratar dun inmoble protexido no casco histórico da capital galega. Compostela Aberta e BNG, críticos coa actuación policial.