Déborah Fernández-Cervera

Concentración en Vigo en decembro de 2021 contra a "impunidade" no 'caso Déborah'. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
Xustiza

O informe pericial da Policía ratifica que non se poden obter datos do móbil de Déborah Fernández Cervera

O teléfono de Déborah estivo desaparecido durante case 20 anos e, de forma casual, foi localizado en setembro de 2022 durante a realización dunhas obras en instalacións policiais de Madrid. O móbil apareceu daquela, porén, sen a tarxeta SIM.
Familiares de Déborah Fernández ao lado da casa onde a moza residía (Foto: Pedro Davila / Europa Press).
SOCIAL

A familia de Déborah Fernández "dáse por vencida" e pide o sobresemento da causa

O avogado da familia subliñou que desde que se denegou o pase a procedemento de xurado por parte da xuíza en novembro do ano pasado, "carecía de sentido continuar coa presente instrución".
Os avogados do caso de Déborah Fernández ante os xulgados de Tui (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Un forense ratifica que a morte de Déborah Fernández foi "un homicidio"

A familia e o seu representante legal lamentaron que, máis de 20 anos despois do ocorrido, "aínda" se cuestione a natureza da morte da moza, cando os indicios que se coñecen apuntan a que o seu corpo foi lavado, conservado durante varios días nun lugar frío e a resgardo da fauna cadavérica, e que o seme atopado no seu interior foi introducido postmortem.
Concentración en Vigo decorrida o pasado 28 de decembro de 2021 para pedir "xustiza para Déborah" (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
SOCIAL

Atopan en Madrid un atado con material "descoñecido até a data" sobre o 'caso Déborah'

A familia da moza asasinada exixiu que se "depuren responsabilidades".
Concentración en Vigo en decembro de 2021 contra a "impunidade" no 'caso Déborah'. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
Xustiza

A xuíza do 'caso Déborah' alonga a instrución seis meses máis a falta do resultado de varias probas

O ex mozo da viguesa Déborah Fernández-Cervera, cuxo corpo foi achado sen vida nunha gabia do Rosal en 2002, foi imputado en febreiro e, segundo un informe de lingüística forense, "faltou á verdade" durante o xuízo.
Xulgados de Tui. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A xustiza rexeita transformar as dilixencias do caso 'Déborah' nun procedemento de Tribunal de Xurado

A representación procesual da familia pedira ao xulgado este trámite, amparándose nas previsións recollidas na propia Lei do Xurado.
O único imputado pola desaparición e morte de Déborah Fernández, a súa entrada ao xulgado de Tui. (Foto: Javier Vázquez/Europa Press)
SOCIAL

A peritaxe confirma a manipulación do disco duro de Déborah Fernández

Integrantes da familia de Déborah Fernández cualificaron  este feito como "gravísimo", e insistiron en que deben ser investigados.
Entrada ao xulgado de Tui do único investigado pola morte de Déborah Fernández. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Un informe de lingüística forense sinala que o ex mozo de Déborah Fernández "faltou á verdade" no xuízo

"Nós non podemos dicir rotundamente se unha persoa está a mentir, pero si detectar eses trazos indicativos que apuntan que podería estar a faltar á verdade", matizou a experta.
Concentración en Vigo decorrida o pasado 28 de decembro de 2021 para pedir "xustiza para Déborah" (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
Xustiza

O disco duro de Déborah foi manipulado após ser entregado á Policía

O caso prescribiu o pasado 30 de abril malia que se manteñen as actuacións abertas contra o seu ex mozo, o único investigado pola morte e desaparición da rapaza viguesa en 2002.
O único imputado pola desaparición e morte de Déborah Fernández, a súa entrada ao xulgado de Tui. (Foto: Javier Vázquez/Europa Press)
SOCIAL

Declaran dúas novas testemuñas no xuízo de Déborah Fernández

Faltan só catro días para que prescriba a opción de desenvolver novas actuacións no caso, salvo as que teñan que ver co único investigado.
Entrada ao xulgado de Tui do único investigado pola morte de Déborah Fernández. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O ex mozo de Déborah Fernández defende a súa inocencia, mais incorre en "novas contradicións"

O avogado da familia da vítima, Ramón Amoedo, confirmou á saída dos Xulgados que nesta declaración do único investigado no caso quedaron patentes "novas contradicións", e lembrou que xa anteriormente en sede policial "cada relato era diferente do anterior".
Concentración en Vigo decorrida o pasado 28 de decembro de 2021 para pedir "xustiza para Déborah" (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
SOCIAL

As análises confirman a presenza de ADN masculino nunha das unllas de Déborah Fernández

Esta sexta feira comparecerá nos Xulgados de Tui, por vez primeira, a ex parella da moza viguesa, que é o único investigado por un crime que prescribirá este mes de maio.
Concentración polo asasinato de Déborah Fernández. (Foto: Marta Vázquez/Europa Press)
SOCIAL

Citado a declarar como investigado o ex mozo de Déborah Fernández

O anuncio da investigación desta persoa produciuse pouco despois de que a xuíza instrutora escoitase a declaración doutras sete testemuñas.

Familiares de Déborah Fernández, nesta terza feira, á súa chegada ao cemiterio de Pereiró (Vigo) para a exhumación do cadáver (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
SOCIAL

Exhuman os restos de Déborah Fernández 20 anos despois para esclarecer o caso

Trátase dun presunto crime de violencia machista acontecido en Vigo en 2002.